sábado, abril 25, 2009

Un falanxista na Xunta


El País informa hoxe de que o conselleiro de Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, escolleu como director xeral de Administracuón Local a un ex candidato de Falanxe Española Independente que concorreu ás eleccións europeas do ano 1994. Xosé Norberto Uzal Tresandi, ex asesor xurídico do Concello de Cambados e ex directivo da Federación Galega de Municipios e provincias (Fegamp), parece ser, por outra parte, un bo seguidor das series de televisión. O 8 de marzo e 2009, na edición electrónica de Todotele, el ou alguén que utilizou o seu nome e apelidos completos, deixou a seguinte mensaxe para protestar porque Telecinco retiraba A ver si llego e devolvía Aída aos domingos. Todo un intelectual o que escribiu o texto da mensaxe, que dicía o seguinte: “Me parece una absoluta falta de respeto la actuación de Telecinco. Con esta actuacón muestra el poco respeto que le merecen los telespectadores, máxime si tenemos en cuenta que la nueva serie era mucho más entretenida que una “Aída” en declive tras el abandono de la serie por parte de su protagonista”.
É de supoñer que ao ex candidato falanxista poñeranlle un televisor de plasma no seu despacho de San Caetano e outro no coche oficial para que poda proseguir coa súa afección ás series. Seguramente tamén ve Matalobos, que se cadra lle soa de algo.

26 comentarios:

Touceda dijo...

E tamén lle poñerán unha boa banda ancha no seu despacho para que poda seguir participando nos foros de Internet dende a Xunta.

Anónimo dijo...

Mi querido y viejo amigo Perfecto: aunque no ponga mi nombre bien sabrás quien soy, pues me honro con tu amistad -forjada en Chan- y en tener el mismo origen ideológico que denuncias. No conozco a Uzal, más que por las breves palabras que con él he cruzado esta misma mañana; por cierto, me ha parecido persona competente y amable, es decir: "un buen tío". En todo caso, al hilo de tu información, que es nueva para mí, debo recordarte que somos muchos los que compartimos ese origen, en modo alguno vergonzante, y desde luego -cuanto menos- igualmente digno de respeto que el de otros muchos, como puede ser tu caso... Añado, a la nómina de respetables a la verdadera legión de inasequibles izquierdistas que permenacen en anclajes ideológicos difícilmente defendibles en el siglo XXI. Te recomiendo, con mi viejo y sincero afecto, que desde tus columnas prediques un mayor respeto por las personas y su libertad ideológica.
Un abrazo

mourullo dijo...

Cando en novembro de 2007 a Comisión Executiva Extraordinaria da Federación Galega de Municipios e Provincias, presidida por Carlos Antonio Fernández Castro, alcalde polo PSdeG-PSOE en Ames, nomeou a Uzal Tresandí director xeral da FEGAMP, non vin unha información semellante en El País sobre o "antiguo candidato de Falange".

Perfecto Conde dijo...

Meu querido e vello amigo Anónimo (se é vostede quen estou pensando, aplícolle con sinceridade e respecto estes apelativos):
Lémbrolle que, da lectura do meu texto, non se desprende ningunha forma de irrespetuosidade cara ás persoas e a súa liberdade iedolóxica. Xa lles gustaría aos meus antepasados que viviron e padeceron a ignominiosa etapa de España na que a Falanxe inspirou e alimentou unha das máis noxentas ditaduras que houbo en Europa, ser tratados co mesmo respecto con que trato eu aos descendentes (auténticos ou apócrifos) de José Antonio Primo de Rivera. Neste sentido, non debería ter vostede nada de que queixarse.
Acerca de se o señor Uzal é ou non "un bo tío", sinceramente non teño nada que dicirlle polo momento. Aelgraríame moito de que teña vostede razón. Dende logo, para nada poño en dúbida que resulte vergonzante ter as orixes ideolóxicas que parece ter el, e isto non é preciso que o diga eu. Abonda con sentírmonos, uns e outros, plenamente participantes e partidarios dunha sociedade democrática.
Sobre o que di vostede acerca da "lexión de inasequíbeis esquerdistas que permanecen en anclaxes ideolóxicos dificilmente defendíbeis no século XXI", que quere que lle diga? É a súa opinión. Eu, se acaso, se me deran a escoler, escolleríaos a eles antes ca un falanxista, pero iso, xa o sabe vostede, é cuestión de gustos. E, sobre todo, de liberdade democrática.
Polo demais, pódeme crer se lle digo que me alegrou moito saber de vostede e contalo entre os meus lectores. Agradézolle o consello de predicar máis co maior respecto ás persoas e á súa liberdade ideolóxica. Nunca veñen de máis estas recomendacións, pero tamén lle lembro a importancia de aplicarlles aos cargos públicos a maior transparencia posíbel. Como vostede indica ben, proceder da Falanxe non ten por que ser vergozante. Polo tanto, tampouco se nos pode reprochar máis aló do debido que algúns fagamos públicas estas orixes cando nos referimos a persoas que pasan do ámbito privado ao público por seren designadas para o desempeño de funcións públicas.
Eu tamén lle mando un abrazo.

Hildegart Canido dijo...

O que resulta "engraçado", como din os portugueses, é que fose un socialista, Carlos Fernández, alcalde de Ames e presidente da Fegamp, o que nomeou a este ex discípulo do "duce" español alto cargo da administración pública. Ten razón Mourullo, por que non se falou desta orixe ideolóxica súa naquel momento? Se cadra foi para que ninguén lembrase que Felipe González tamén tivo algún carnet relacionada coa Falanxe.

Aloumiño dijo...

Pois a min o que máis graza me fai é que o directorxeral de Administración Local sexa un sieareiro de series televisivas como "A ver si llego" (a mandar en algo) ou "Aída". Está claro que con Feijóo chegu por fin o cambio. A pior, claro está.

Anónimo dijo...

Supoño que os escribidores queren decir "vergonzoso" no canto de "vergonzante".

Salò dijo...

O que máis coña ten é que se predique a liberdade ideolóxica dende a Falanxe. Vivir para ver.

Estoutro dijo...

O escribidor Anónimo fixo unh granaportación o debate. O que non se sabe é se o que di é vergonzoso o vergonzante. Debe ser só chocante.

Este dijo...

Chocante non. Chocalleiro.

Anónimo dijo...

Não devemos consentir que os seguidores convictos de José Antonio pousem os seus reais no governo da "Xunta de Galicia". A antítese dos seu ideário nacional-espanhol. E completamente nojento equiparar fascismo espanhol, responsável na Galiza de milhares de mortos, DE MORTOS, com as teorias emancipatórias que fizeram que esse falangista poda agora ser membro da "Xunta" de Galiza. Se existe "Xunta", na que agora está este fascista, não é polo empenho da Falange.

E, já agora, a noticia não é nova...
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/10/08/1266363.shtml

Anónimo dijo...

Mi querido y viejo amigo Perfecto: como intuyo que aciertas en mi identificación, sé que me juzgarás más por mis hechos que por las ideas que en su dia me inspiraron. No me arrepiento, naturalmente, de haber mantenido aquellos viejos compromisos, pero la vida nos modera y madura a todos. Recuerdo, no obstante, que de ellos y de otros, incluso también de los contrarios y de más allá, he aprendido a respetar al que no piensa como yo. Aunque no puedo decir que esas diferencias me resulten irrelevantes en la convivencia cotidiana, cosa que muchas veces pienso y permanentemente deseo, te confieso que siempre he sentido que el debate, la diferencia, sirve para enriquecer nuestras limitaciones, pues al fin y al cabo no somos más que fruto imperfecto de nuestras particulares circunstancias; lo decía Ortega. Como ya conoces las mías, me apresuro a confirmarte que creo firmemente en las bondades de la sociedad democrática, que a todos nos iguala y modera. Lamento, sin embargo, algunos de tus comentarios y rechazos, que no comparto por su parcialidad; son, así me lo parecen, fruto de esos "anclajes ideológicos" -insisto en la expresión- que te impiden levantar algo más la mirada, limpiarte de rancios rencores y aceptar como amigo al disidente. Con todo, estas mucho más alto de lo que demuestran algunos de tus comentaristas de hoy. Dicho todo esto, te reitero el afecto y respeto que sabes te profeso de antiguo. Un nuevo y fuerte abrazo.

Almiral Mouchez dijo...

Pero o da Falanxe aínda existe...?

(Pregunto)

Boas tardes a todos.

Perfecto Conde dijo...

Mi también querido y viejo amigo:
Te agradezco otra vez tus comentarios y te aseguro que estoy completamente limpio de rancios rencores y acepto perfectamente como amigo al disidente. Sin ir más lejos y si eres quien pienso que eres, créeme que te cuento entre mis viejos y apreciados amigos, aunque –con Almiral Mouchez– yo me pregunte también si la Falange todavía existe.
Salut!

un inasequible coa ancla ao lombo dijo...

Tamén para o anónimo vello amigo de Perfecto ( se entende o galego).
Sempre están vostedes co iso de ideas ancladas pouco defendibles neste século, xa estou farto de oir esa cantinela aos que defenden esas outras ideas de agora, pois lle digo sinceramente, quédome co elas, xa que aínda vostedes non queren ver nin cair dunha burra, que todo isto que está pasando no mundo na actualidade é un fracaso de moito carallo do que vostede defende. Está fracasando pero a marchas forzadas e depois de case 30 anos volvo a ler a Marx e lle recomendo que poña algún libro de este Sr. na súa mesadenoite. algo aprenderá.

(Por si no entiende al galego).


También para el anónimo viejo amigo de Perfecto Siempre están ustedes con eso de ideas ancladas poco defendibles en este siglo, ya estoy harto de oir esa cantinela a los que defienden esas otras ideas de ahora, pues le digo sinceramente, me quedo con ellas, ya que ustedes no quieren ver ni caer de la burra, que todo esto que está pasando en el mundo en la actualidad es un fracaso de mucho "carallo" de lo que usted defiende. Está fracasando pero a marchas forzadas y depues de casi 30 años vuelvo a leer a Marx y le recomiendo que ponga algún libro de este Sr. en su mesadenoche. algo aprenderá.

Anónimo dijo...

Eu cada vez que escoito a estes convertidos á democracia, párteseme o beizo de rir e os ollos de chorar.
Con que lexitimidade pode falar de anclaxes ideolóxicos, cando o ideario falanxista é algo do pasado que queremos olvidar. Nas súas palabras tan sofisticadas atópase falsedade e resentimento xa que no se avergoña da súa orixe.
Todo o que está a dicir son contradiccións xa que ese barco que anclou en 1975 xa está vello e para o desguace cunha filosofía caduca con signos neofascistas.

Anónimo dijo...

Mi querido Perfecto y demás contertulios: Veo que me expreso mal o simplemente que algunos no quieren entender mis palabras. Aclaro e insisto en la raíz: no me arrepiento de mis antiguas convicciones, pues siempre las considere limpias y bienintencionadas. Añado de inmediato que la vida y la misma sociedad democrática ha moderado y madurado lo mucho que en ellas había de ingenuidad. Creo que no lo puedo decir más claro; ahora bien, de pedir perdón, nada de nada y mucho menos a quienes sin más razones que sus prejuicios insisten en negar -todavía hoy- el derecho a la crítica y a la disidencia. Por lo demás, sigo sin comprender la razón de la losa inhabilitadora que algunos pretenden echar sobre quien hace muchos años fue candidato de la Falange Independiente (que ciertamente no sé si todavía existe). En cualquier caso, querido Perfecto, quedo literalmente apabullado por la generosidad y comprensión de nuestros contertulios ¡Que pena!

Anónimo dijo...

NOta para fascistas y comunistas en activo o arrepentidos. En esta categoría entran el "falanxista na Xunta", el autor comunista de este blog, el anónimo amigo fascitas que le puntualiza. También Emilio Pérez Toruiño, Jorge Verstrynge, Dolores Villarino, José Barrionuevo,
2.- ¿Qué dos partidos coinciden en odiar y cuando pueden encarcelar a los liberales, a los judíos, a los maricas, a los gitanos, etc, etc?
3.- ¿Qué dos partidos coinciden en usar el término "kamarada" para que sus miembros se saluden entre sí?
4.- ¿Qué dos partidos aspiran a que la sociedad sea conducida por un partido único?
Bienvenidos sean a la democracia los que pudieron formar parte de esos partidos siameses. Si me permite un consejo, no inicie una Witch Hunt de ex fascistas por su cuenta, señor Conde. Está usted mucho más guapo cuando habla del presente. El pasado déjeselo a los historiadores. Tampoco ellos tienen ni puta idea, pero así está montado el cotarro.

Anónimo dijo...

Foder, outra vaca no millo. Lle contesto a este último anónimo.
Teña un pouco máis de respeto a todos aqueles que quedaron no camiño durante toda esa dictadura franquista, que loitaron ata as últimas consecuencias para que Vd. hoxe disfrute de poder escribir como escribe con toda a liberdade.
¿Ou é Vd. dos que pensan que a democracia a trouxo Os Borbóns?. Se así é, que trabucado está. ¿Cómo foi posible que aguantara 40 anos a dictadura con tanto demócrata que apareceu en 1975?. Esta é a pregunta do millón. Haber si acerta Vd. Eu non teño resposta xa que me considero un pouco "burro".

Luisfoz dijo...

A respeito de ex-falangistas não arrependidos e diria-se que até orgulhosos da sua velha militáncia. Tivem o prazer de conhecer dous antigos e ilustres ex-falangistas: Dionísio Ridruejo e Santiago Montero Díaz, eram bem diferentes o social-democrata espanhol e o nacionalista galego quando chegaram à maturidade do seu pensamento; porém, havia algo em que coincidiam: o nojo que sentiam pola velha retórica de luzeiros e pistolas de José Primo e o profundo pesar por terem dado cobertura "ideológica" aos que encheram de sangue inocente as gáveas das estradas galegas e espanholas. Esta atitude não me parece estar presente nos parlamentos do velho amigo de Perfecto Conde ainda que isto tenha pouco a ver com a amizade: eu próprio tive algum amigo falangista. Nao, o fascismo com as suas variantes falangismo, nazismo, integralismo, salazarismo, rexismo, etc. não são umas ideologias quaisquer dignas de respeito como as outras.

Anónimo dijo...

Somentes neste país pode haber un falanxista na Xunta.
Esto é o que nos espera.

lobo neghro dijo...

Peor poden ser os do Opus-Dei.

Peor pode ser que o conselleiro de educación amonestara a un alumno seu por ter exposto un traballo en galego.

Nunca vin xente máis sectaria, elitista (como no fascismo,)e con unha idea do partido próxima "a relixión" como no caso de algúns comunistas da vella garda.

En non vexades cantos especuladores hai no psoe, de esos que van ó negocio puro e duro. Fore example: O novo segredario xeral.

Claro que agora lles toca gobernar ós do pp e son os que hai que bourar.

Pode que esto forme parte do pulido, da limpeza que necesitamos para madurar entre todos.

Anónimo dijo...

Se é certo o do conselleiro de educación e está documentado, haberá que sacalo e denuncialo publicamente.
Pode dicir cando , onde e, se é posible, a quen?

lobo neghro dijo...

Anónimo das 22:10, vou facer ese traballo de documentar á vítima. Con tento, non vaia ser, comuníquese vostede conmigo: altervida@hotmail.com

A xente fala moito, e se a apretan cambia o discurso, pero moito me temo que o dito é certo, localizada a vítima poreino en contacto con ela. Por mín está todo feito. Ande vostede o camiño que quixer.

Anónimo dijo...

Quizais ese sexa un traballo para os moitos periodistas que visitan esta casa.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,