martes, marzo 02, 2010

Arcivescovo Julián Barrio e Seguito


Vaia por diante que o presidente da Xunta debeu ser moi libre de facerse acompañar con quen el queira na súa visita ao Papa. Tratándose como se trata, ademais, dunha visita de carácter máis privado que oficial, a presenza con el no Vaticano de Carmen Gámir, a súa compañeira sentimental, non constitúe máis ca un acto de vizosa normalidade que honra o comportamento persoal e social de Alberto Núñez Feijóo.
O que non é tan normal é que logo se trate de esconder oficialmente esa realidade. Tiveron que ser os medios periodísticos e os xornalistas propiamente os que descubrisen nas fotografías que difundiu L’Osservatore Romano a presenza da súa colega Chinni. Dende o gabinete de comunicación da Xunta despachouse unha soa foto na que aparecía a parella de Feijóo, pero non se indicaba nada que puidese identificala. Quizais a contorna política do presidente pensou que era mellor evitar ese dato para impedir que algunha mente reaccionaria tentase polemizar acerca do feito de que o presidente da Xunta acudise diante do máximo representante da Igrexa Católica cunha compañeira coa que non está casado canónicamente.
O caso é que no propio Vaticano houbo un comportamento aínda máis opaco. L’Osservatore Romano, órgano que se encarga de difundir as audiencias do Papa, só fixo pública onte unha nota informativa dicindo que “Il Santo Padre Benedetto XVI ha recivuto questa mattina in Audienza… (entre outros) S.E. Mons. Julián Barrio Barrio, Arcevescovo di Santiago de Compostela (Spagna), e Seguito”. Ou sexa, que para a Santa Sede a presenza de Alberto Núñez Feijóo e dos que ían con el diante do Papa foi como seguidores ou acompañantes do arcebispo de Santiago.
Que logo Feijóo montase o estaribel de que acodiu a Roma para “poñer a Galicia a disposición do Vaticano”, que non deixa de ser un Estado, é outra cousa. Algo fallou na comunicación do presidente. Se se vai do que se vai, hai que facelo con todas as consecuencias. Non vale tirar a pedra e esconder a man.

9 comentarios:

Ramiro Cartelle dijo...

A min gustaríame ler algún razoado comentario dos eruditos relixiosos que frrecuentan esta páxina verbo do que puido ter acontecido para que unha parella que vive amancebada fose no "seguito" dun arzobispo catoliquísimo a ver ao Papa. Agardo.

Ilustrísimo Señor Académico non precisamente da RAG dijo...

Buenas.

Son eu, que como me vou meter nunha camisa de once varas fenomenal, xa non quero asinar nin co meu seudónimo de costume.

Miren: a visitar España, o Papa xa foi convidado por Zapatero en persoa, a través do actal Secretario de Estado da Santa Sede, o cardeal Bertone, un salesiano que lle cae moi simpático a todo o mundo pero a min, que o vin un par de veces, non.

A señora que efectivamente acompaña o presidente de Galicia é, segundo a súa indumentaria, unha señora casada.

A visita, oficialmente, era de Julián (Barrio).

Bos días a todos.

Anónimo dijo...

Buenas.

Son eu, que como me vou meter nunha camisa de once varas fenomenal, xa non quero asinar nin co meu seudónimo de costume.

Miren: a visitar España, o Papa xa foi convidado por Zapatero en persoa, a través do actal Secretario de Estado da Santa Sede, o cardeal Bertone, un salesiano que lle cae moi simpático a todo o mundo pero a min, que o vin un par de veces, non.

A señora que efectivamente acompaña o presidente de Galicia é, segundo a súa indumentaria, unha señora casada.

A visita, oficialmente, era de Julián (Barrio).

Bos días a todos.

Ilustrísimo Señor Académico non precisamente da RAG dijo...

Buenas.

Son eu, que como me vou meter nunha camisa de once varas fenomenal, xa non quero asinar nin co meu seudónimo de costume.

Miren: a visitar España, o Papa xa foi convidado por Zapatero en persoa, a través do actal Secretario de Estado da Santa Sede, o cardeal Bertone, un salesiano que lle cae moi simpático a todo o mundo pero a min, que o vin un par de veces, non.

A señora que efectivamente acompaña o presidente de Galicia é, segundo a súa indumentaria, unha señora casada.

A visita, oficialmente, era de Julián (Barrio).

Bos días a todos.

E sigo sen poñer o meu seudónimo dijo...

(Continúo sendo eu, Ilustrísimo Señor Académico non precisamente da RAG, que sigo sen poñer o meu seudónimo.)

E a idea desta viaxe non partiu da Xunta, senón de todos cantos lle dixeron -poñamos dixeron- a Barrio que era impresentable que a Xunta nin sequera dera un paso para SUMARSE á invitación de que viñera o Papa.

Desculpen este xogo de seudónimos, para min desagradable. Don Croques, sen dúbida, me comprenderá.

Ilmo., etcétera... dijo...

¿Saben onde foi esa recepción? Ao pé dos aposentos privados do Papa, onde se recibe, digamos, aos particulares.

Onte non me decatei diso, pero agora si. Polos estantes do fondo.

Eses libros forrados de branco, sen ningunha inscrición no lomo, son os que a xente lle vai dando ao Santo Padre. Como ninguén os vai abrir, non pasan ás Bibliotecas Vaticanas, senón que quedan facendo de parede. Cando se enche un andel, quítanse os que hai... para ir poñendo outros.

O Papa dorme nun apartamento moi pequeno. Que a Ratzinger aínda se lle fai máis pequeno aínda, porque el, igual que Paulo VI, empeñouse en ter consigo os seus propios libros.

O que non ten alí é o piano, que segue no apartamento no que vivía antes, e ao que eu sospieto que algunha vez o levan discretamente o levan algunha vez de noite, porque a el gústalle tocar e toca, polo visto, bastante ben.

O seu irmán, por certo, é un gran músico.

Anónimo dijo...

SOBRE AS AUDIENCIAS

Falando de audiencias destas, case particulares, unha das máis coñeras foi a de Jesús Gil, que levou, tras insistir varios anos, e por intercesión de P.G.B., a ver a Xoán Paulo II.

Tamén era unha cousa coma esta, sen carácter oficial, e o secretario particular advertiunos de que só podían estar medio minuto falando, porque era moita a xente que había na cola. Trinta segundos de conversa, o posado para a foto, e listo.

Entón dixo Gil:

-Jesús Gil. Presidenta Atlético de Madrid. España. Mi madre. Muy cristiana, Majestad.

(E o Papa,collendo con cariño as mans da señora, que estaba emocionadísima, botouse a rir...!!!)

O de onte puido ser así:

SECRETARIO: Señor Arzobispo, el Santo Padre está cansado. Ruego a Su Ilustrísima la mayor brevedad.

(Entran todos. O Papa está de pe, efectivamente canso. Leva máis dunha hora con ese show, despois de ter despachado asuntos oficiales desde as sete da mañá. Quere rezar un momento en privado, na súa capela, e ir comer o pouco que come.)

SECRETARIO: El arzobispo metropolitano de Santiago, Santo Padre.

O PAPA, PENSANDO NOUTRA COUSA: Agradezco su presencia preciosa y su visita desde España, siempre encomendada al Corazón de María.

(Continuará, teño que atender unhas chamadas.)

Anónimo dijo...

SOBRE AS AUDIENCIAS (II)

Seguimos:

Di o arcebispo, antes de dar un paso atrás para favorecer o traballo do fotógrafo de cámara:

-El Señor Presidente de Galicia, Santo Padre.

O Papa, xa en Babia:

-¿Il Signore presidente de Santiago...?

O interfecto, tirando para adiante, co texto memorizado:

-No se nos escapa, Susantidad, que en el escudo del Papa luce la concha de peregrino, símbolo tan querido en Galicia.

O Secretario Privado do Papa, poñéndose colorado:

-Norrrrrrr, esa concha es por San Agustín...

O Papa, que nin caso fixo.

-Deseamos sinceramente que tenga un moi felice ritorno a Lespaña, y encomendamos el súo viaje a la protección de la Santa Madre de Dio.

(o secretario coloca a troupe para a foto, os fontaneiros tamén se colocan por aquilo de perdidos al río, e arreando.)

ms dijo...

"Séquito" quere dicir que os que mantiveron a audiencia son "seguidores de", non?

Outra cousa é que Feijóo nos queira meter aos demais no seu saco sen pedírnolo cando dixo (cito): “No hay mejor forma de celebrar el primer año de un gobierno que poner a Galicia a disposición de Su Santidad”