sábado, marzo 27, 2010

O Rei de media España

En realidade eu nunca acreditei na imparcialidade do Rei, pero o seu propio comportamento recente non fai máis ca incrementar a miña desconfianza. Nun acto ao que acudiu para entregar os premios taurinos da Maestranza de Sevilla, manifestouse radicalmente a favor das corridas de touros no momento en que os poderes políticos de Cataluña debaten a súa prohibición e os de Madrid, Valencia e Murcia defenden, pola contra, a súa protección como Bens de Interese Cultural.
Xoán Carlos I felicitou aos responsabéis da praza de touros sevillana pola “súa aposta exemplar a favor das grandes tradicións” e salientou que da lidia “nace un mundo cultural e artístico fecundo”. Tal e como informou o xornal Público na súa edición do 26 de marzo, o Rei non escolleu o mellor momento para romper a súa suposta imparcialidade pública. Tomou partido radical a favor das touradas no momento en que está habendo a maior polémica sobre a necesidade de suspendelas para parar a histórica violencia que se ven practicando nas prazas de touros contra estes animais. Quince colectivos antitaurinos e animalistas teñen convocada para o domingo que vén unha manifestaciónen Madrid para protestar contra a decisión de tres comunidades autónomas gobernadas polo PP (Madrid, Valenia e Murcia) de protexer como ben cultural a tortura dos touros. A asociación protectora dos animais El Refugio empezou a recoller as firmas necesarias (50.000) para tramitar unha iniciativa lexislativa popular reclamando a abolición das corridas de touros en Madrid.
Con esta adscripción da Casa Real española á defensa dun espectáculo caracterizado polo maltrato ata a tortura dos animais, o Rei de España parece colocarse contra a corrente mundial de ir eliminando costumes e prácticas públicas que poden ser moi tradicionais, pero que resultan escandalosamente próximas á babarie practicada contra os animais. Sen lugar a dúbidas, Xoán Carlos I esta vez ponse só do lado dunha das dúas Españas de Machado. Convértese no Rei de media España. Concretamente, no Rei do sur de España.

3 comentarios:

Sarmiento dijo...

Os touros tanto me teñen, non me merecen mais respeto que as vacas, pero si quería decir que hai que ter coidado con pensar touros=sur, porque no norte, e por norte digo Navarra, Euskadi, Aragon, Cataluña, e Francia, hai bastante afición.

Sonia Barboni dijo...

Tanta que a lidia a pé, tal como a coñecemos hoxe, ven do Norte, de Navarra. E a súa implantación en Euskadi non é nada cativa (o propio Jon Idigoras, de novo quixo ser matador). Galicia, en cambio, si que está á marxe da chamada festa. As trapalladas veraniegas en Coruña e Pontevedra son iso, trapalladas, para que Paco Vázquez ou Mariano Rajoy fagan un pouquiño máis o parvo. E a tourada de Noia a paverada que poetizara en clave festiva Labarta Pose. Polo demais este Borbón é tan "populachero" como o foran os seus antepasados. Con especial mención para Fernando VII, a quen Don Xoán Carlos cada vez é máis cuspidiño. En fin.

Luisfoz dijo...

Com efeito, as touradas são muito do gosto dos Bascos. Mas isto não condiz que SM fizesse outra borbonada. Ai!