Debe ser a idade, pero o caso é que cada vez me interesan máis os libros de memorias. Estou lendo Egos revueltos, una memoria personal de la vida literaria (Tiempo de Memoria Tusquets Editores) do excelente xornalista canario Juan Cruz Ruíz, que oficia dende hai moitos anos en El País. Lectura máis ca recomendábel para quen lle guste coñecer como almorzan egos revoltos os escritores famosos.
Na páxina 156, conta o autor a experiencia que viviu cando foi entrevistar a Jean Daniel no seu piso inmaculado de París. Nun momento dado, o máis influínte xornalista francés agarrou unha delgadísima edición de Le Monde e dixo, mirándolle aos ollos ao entrevistador:
–Un día isto será un suplemento de Internet.
Que curioso que un grandísimo profesional do xornalismo, formado e desenvolvido sempre na edición de papel, xa no inverno da súa vida, sexa capaz de manter tanta clarividencia acerca dunha actividade sobre a que Albert Camus dixo que pagaba a pena vivir por este oficio.
2 comentarios:
Este martes (19:30 horas) veuno presentar a Barcelona, pero eu non fun á presentación porque viñen tarde do traballo e estaba canso. Eu tamén é un dos libros que quero ler. Falando de "Egos Revueltos" e de "La breve vida de la posteridad", o artigo do domingo de Javier Marías no El País Semanal, que lle parece a vostede, Don Perfeuto, o ego revolto e mais cuidado e traballado da literatura española, ou mellor dito, o ego río-revolto que foi Cela? Dicía Marías: "Entre nosotros fue Cela el escritor que más se preocupó por quedar, y a ello dedicó buena parte de sus energías. Inseguro de su valía, conservó, ordenó y archivó sus originales y cartas... Cuanto atesoró con megalomanía u obsesión en la Fundación Cela, recaudando dinero público para su construcción, empieza a deteriorarse y a ser víctima de la incuria y la bancarrota. Y al parecer nadie se molesta en visitar su sede. Murío hace sólo ocho años y además recibió el Premio Nobel, pero no estoy seguro de que se lo lea ya mucho." Eu estiven o verao do 2008 cuns amigos de fóra de Galicia e dou fe da "incuria" e dos poucos visitantes (estábamos nós e unha parella mais). Que foi de Cela? Séguese a ler a Cela? Que queda da sua obra que pague a pena? Era tan grande como dicían e como o Premio Nobel así o parecía ratificar? En que quedou o seu ego tan grande e avasalador, a sua literatura tan vasta e "Nobélica"?
Fala da última entrevista que lle fixo a Steiner?
Publicar un comentario