Non vaia pensar alguén que é só en Galicia onde hai gobernantes que non se enteran do terreo que pisan. Dende logo, o caso máis grave segue sendo o do mentiroso que aínda dirixe a cultura oficial galega, pero aí está tamén o da ministra do mesmo ramo de Zapatero, Ángeles González-Sinde, que vaia prea igualmente. Preguntáronlle algo sobre o aborto e respondeu cunha colección case infinita de puntos suspensivos que se pode escoitar premendo aquí.
Se esta luminaria é quen vai conducir ao futuro a cultura española e resolver as descargas de Internet en combinación coa Sociedade Xeral de Autores de España (SGAE), o derradeiro en saír que apague a luz. E pensar que en Europa, algunhas veces, a Cultura estivo rexida por persoas como André Malraux, Jack Lang, Melina Mercouri e Jorge Semprún…
1 comentario:
E isto que carallo é. Apaga o farol é ímonos. Non soamente é en España. Os cidadáns de Europa coido que temos a tolemia por votar a xente como Berlusconi e outros tolos que anda gobernando.
Temos unha mediocridade de suxetos metidos na política que da moito, pero moito medo. Escoitar a esta Ministra da Cultura da moito noxo. Remato de escoitala e tiven vergoña allea.
Se isto pasa na cultura, non digo nada sobre a economía. Todos nos levan ao desastre, con políticas interesadas , facendo o mesmo cos mesmos que nos levaron ao desastre económico.
Cando se darán conta dunha puta vez que este sistema rematou. a solución non está en "más de lo mismo". O problema é o sistema que hai que trocalo. Pero con ministros como esta señora ímos de puto culo.
Publicar un comentario