Hai que escoitalo varias veces para poder crelo. Lémbranse da escaramuza que montou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, no Parlamento, para negar moi alporizado que el nunca se referira a Sobrado dos Monxes chamándolle Desván de los Monjes nin a Touro dicindo Toro? Pois resulta que é verdade, como se comproba vendo e escoitando a testemuña electrónica á que se pode acceder premendo aquí.
“Hai que ser estúpido para pensar que eu vou dicir Desván de los Monjes”, dixo daquela o titular da Cultura de Feijóo. Pois aínda hai que selo máis e, dende logo, moi mentirán, para negar unhas palabras e uns feitos que estaban documentados electrónicamente. Seguirá dicindo agora que non hai que “andar no lixo dos portais de internet que non din máis que mentiras”?.
Definitivamente, Varela Flour debe regresar a Estados Unidos, un lugar no que un cargo público pillado en tamaña negación da realidade, é dicir, nunha mentira tan gorda, sempre tería que presentar a dimisión inmediatamente.
5 comentarios:
Eu tamén lle sigo: Puentevedra, Sangengo, Puentedeume, Villalarga, Puerto del Sonido, La Carretera( A Estrada), Santa Eugenia de la Ribera, Villa de las Cruces e non sigo senón encho todo o blog.
¿É estes son os que nos gobernan?. ¡Carallo!. Vai ser que teño que pedir asilo político na República Independiente de Cuspedriños de Abaixo. Menudo elemento.
Que o responsable administrativo da Cultura galega diga Desván de los Monjes é gravísimo, pero negalo y da forma en que o fixo e no Parlamento, e ainda que o fixera con toda urbanidade, é motivo de dimisión ou cese.
Se non ocorre o primeiro, Feijóo é responsable da actuación do conselleiro na mesma medida.
Que vergoña... Vaia pena de home...
Logo está o conacho que traduciu para un programa musical en circulación o nome Yo-Yo Mo por Eu-Eu Mo. Parvos hainos en todos os sitios, que se lle vai facer.
Parvos e conachos hainos en tódolos sitios, pero non todos teñen a oprtunidade de MENTIR no Parlamento. Ollo ao dato!, que diría aquel.
Publicar un comentario