Nos meus anos mozos a penas sabiamos nada do PSOE. Chegabába-
nos algunha noticia de Pablo Iglesias, pouco de Negrín e algo de Indalecio Prieto, vía Rodolfo Llopis, e os chistosos acostumaban dicir que o PSOE andaba de vacacións por México e Toulouse principalmente. Foron os famosos cen anos de vacacións do PSOE, pero logo chegou un misterioso sevillano, alcumado Isidoro, que mandou parar o cachondeo e, en menos do que canta un galo, montou a tenda de poder político máis importante de despois de Franco. Coma un paxaro que pon os ovos en niño alleo, Felipe González cosechou o éxito político máis importante da España contemporánea e, dende aquela, a vivir de rendas.
No caso de Galicia, os avatares do socialismo español son aínda máis rechamantes. Non vaian pensar que aquí as cousas son como en Cataluña ou como na Bretaña francesa, onde un Jean-Yves Le Drian acaba de subirse ao poleiro marcando distancias con Martine Aubry, a dirección central do partido, cos bos resultados que cosechou nas recentes eleccións rexionais. Entre nós, non rematamos nunca de saír da dependente sucesión de Paco Vázquez, Abel Caballero, Pérez Touriño e Pachi Vázquez. Case sempre os mesmos cordeiros con idéntica choca.
Comprobouse, unha vez máis, na votación que houbo esta mañá no Parlamento. Os deputados do PSdeG-PSOE, coa súa abtención, puxéronlle o ramo á reforma da Lei do Solo promovida polo PP de Núñez Feijóo. Se non querían que se constrúan plantas de acuicultura en superficies da Rede Ratura e que non se leven a cabo outros atropelos contra o medio ambiente a a natureza galegos, os do PSOE terían que votar en contra, como fixo o BNG, e non absterse. Que hai destrás de todo isto?
Esperemos que non sexa o comenzo doutros cen anos de vacacións.
1 comentario:
A semana pasada, o PP, PSOE, PNV e CIU votaron en contra da reforma da Lei Electoral, unha Lei inxusta e antidemocrática. ¿Porquè?. Pois que nestes grandes partidos están agochados as grandes burguesías-franquistas e servénse das clases medias e proletarias para perpetuar o seu dominio e facernos ver que practican políticas progresistas. Logo os grandes xefes deses partidos maioritarios, crense lexitimados para dar leccións de democracia e de dereitos humanos alén das nosas fronteiras e non son capaces de ver a viga nos seus propios ollos.
Nestas votacións no Parlamento Galego, soamente vou dicir o que me contaba a miña avoa: "cando as cousas non son como teñen que ser, hai gato pechado.
A transición política aínda está por vir, chegará cando atopemos o sistema máis xusto como é a circunscrición única e o reparto proporcional do voto, e nas eleccións municipais lista abertas. Disto no queren nin oír nin falar, “tabú”.Desta maneira Sr. Perfecto o mesmo pobo (se son como a rabia) depurará a todos eses que Vd. nomea:
Paco Vázquez, Abel Caballero, Pérez Touriño e Pachi Vázquez e moitos máis. Esquecíame de outro incombustible como Javier Gago.
Publicar un comentario