Ás veces os xornalistas non valoramos debidamen-
te a importancia das fontes oficiosas ou alternativas, ou que son as dúas cousas á vez. Unha simple broma, coma quen di, como foi a de colgar unha adiviñanza sobre a autoría do artigo que apareceu publicado en Xornal.com, o 6 de setembro deste ano, sobre a figura de Antón Losada, firmado por Xosé Antón Pérez-Lema (Non se acaba o mundo, aproveito para dicirche que ganache por goleada o monicreque de López e os “güisquecitos”), fíxome a min tomar en serio un rumor. O de que o xornalista brionés Xosé Luís Gómez, que ata agora foi José Luís Gómez, está a piques de ser nomeado polo vicepresidente Anxo Quintana director do seu gabinete de Comunicación.
Segundo cantan os poucos paxariños que aínda se atreven a buscar algunha raiola de sol nas retrasadas xeadas deste outono, efectivamente, o ex director de La Voz de Galicia, ex director de Comunicación do Grupo Zeta, ex director dun non nato xornal promovido polo patrón do Grupo San José e ex director da revista Capital –este home, como siga acumulando preposicións latinas, vai rematar sendo ex bispo de Mondoñedo– está comprando todas as rifas para ser nomeado director de Comunicación de Quintana. Algo que, polo que me cantou un merlo esta mañá, non vai ser de todo ben recibido nalgún sector do nacionalismo galego que pisa moqueta.
Nomeado xa secretario xeral de Relacións Institucionais o haxiógrafo de Antón Losada, o seu sucesor, polo tanto, a incorporación de Gómez, que pode ir acompañada por algún máis da súa corda, indica claramente que o político que quixo censurar a información da TVG está moi lonxe de estar lonxe da beira –que non Beiras– de Quintana. Polo menos aparentemente, Losada segue sendo a sombra do vicepresidente que, como tal, se move canda el e moi preto da súa figura. Ou sexa, que a sombra de Antón Losada non é que sexa alongada, é que parece infinita.
Os que coñecen a Gómez saben da súa ambición por chegar a dirixir a TVG e algún deles non acerta a comprender o paso de iniciar a súa carreira política apostando pola dirección de Comunicación dun vicepresidente nacionalista, cargo que sen dúbida ha marcalo para cando chegue o momento de aplicar a lei de regulamento da CRTVG que prometeron os dous pés do bipartito nas súas respectivas campañas electorais, e que Pérez Touriño aínda dixo hai pouco que será tramitada e aprobada antes de que remate a actual lexislatura.
Claro que todo isto aínda é só oficioso. Pero tamén era oficioso o de Pérez-Lema é fíxose oficial no último consello da Xunta. Antón Losada cabalga de novo. Que se vaian apartando da pista os que non montan con el.
12 comentarios:
Ándache bo o patio, don Perfeuto. A sombra de Losada xa non é só alongada, senón que é moi grande e pesada. Teña coidado que, co cacho grande que é, se lle cae enriba aplástao. Aínda que todos sabemos que vostede é áxil coma un lóstrego e pode ser que, no canto de aplastalo, el se pegue unha pancada e se dane nos cadrís.
Pero déixese de lerias e dígame en que garito teño pagos os güisquitos e onde podo recoller o debuxo de López. Ou a ver se imos ser nós os únicos que non quitemos nada en limpo de todas estas historias para non dormir!
López dixo:
Perfecto dispón dun orixinal de López para entregarllo ao gañador, senón, non faría o concurso.
(!Supoño!)
Estimado Non se acaba o mundo:
Agradézolle sinceramente a súa participación neste blog e, moi particularmente, a aportación que fixo ao post titulado "Adiviñanza".
Confírmolle que é vostede o merescente gañador do debuxo de Pérez, e tamén terei moito gusto en convidalo a dous "güisquecitos" (máis podería ser pecado contra ex mnistra de Sanidade Elena Salgado).
Se lle parece e non tén inconvinte, prégolle que me mande un enderezo ou instruccións de como facerlle chegar o debuxo dirixíndose ao meu correo electerónico particular que le indico a continuación:
perfectoconde@ya.com
Ou que me indique calquera outro xeito de cumprir o que lle prometín.
Saúdos,
Perfecto Conde
QUEN É PÉREZ???????????
Pérez? Perez... oso. Perezoso.
En un bosque de Aquitania
hay un oso de Alamania
al que no le gusta nada trabajar.
Canta oso perez... oso
canta oso perez canta...
Esa canción a cantaban Claudina e Alberto Gambino.
Marchando outro güisquito!
Non se preocupe, xa cobrarei o premio cando sexa oportuno. O mellor premio é lelo todos os días (que... pasa algo? Non é pelotilleo interesado, estamos?).
Certo: AntonL deixouno todo atado e ben atado.
Anónimo dixo: "¿AntonL deixouno todo atado e ben atado?"
Sinxelamente, eu diría que Losada non o deixou, segue...
Vai resultar que o alaricano non perdeu o olfato de gol (de otrora) e meteulle un gol a Touriño e outro á UPG, éste pola escuadra.
Non se acaba o mundo:
A tal canción cantaríana algunha vez Claudina e Alberto Gambino, pero foi feita e cantada orixinalmente polo meu amigo Poni Micharvegas, un catautor arxentito, psiquiatra para máis señas, que vive dende hai moito tempo en Madrid. Un personaxe ben interesante, por certo.
Ou sexa, que esta vez nin debuxo de López nin "güisquecitos".
Mecachis!
:-(
Non sei se o ex-José Luis, agora Xosé Luís, chegará ao cargo ao que aspira, pero méritos fai dabondo. Agora, desde "El País", non fai máis que dictaminar sen interrupción quen é galeguista e quen non. Por suposto, Quintana é galeguista e Touriño non.
É unha lástima que este xornalista tan, tan, tan, tan galeguista fose tan, tan, tan, tan discreto na manifestación da súa inequívoca ideoloxía de sempre cando dirixiu "La Voz de Galicia". Alí seica non se dedicaba a repartir carnés, senón a levantarlle as perdices a outros cazadores tirando a escopeteiros.
eh! perfeto! meu caro amigo! vos recordás al oso pérez y él no puede dejar de recordarte! ( la última ves que nos vimos ( quito la zeta espaniola! ) fue en casa de teuco! y la dulce chacón aún estaba viva! fuerte abraso y grasis
por traer a tus diálogos aqueya antigua balada-parábola!sauede et poesía! poni
www.micharvegas.com.ar
Publicar un comentario