Lamentabelmente e por culpa dun ineficiente e desatento proveedor de servizos de Internet que se chama YACOM INTENET FACTORY, a actualización e control deste blog non me é posíbel dende as 23 horas do día 20 deste mes de novembro.
Coa reserva expresa de reclamarlle ao citado proveedor as responsabilidades nas que pode estar incorrendo coa suspensión unilateral do servizo contratado, prego aos lectores e seguidores de Croques que traten de desculparme a desatención que me vexo obrigado a cometer con eles mentres YACOM INTERNET FACTORY non resolve esta incidencia.
Atentamente,
Perfecto Conde
6 comentarios:
Tranquilo, Don Perfeuto, non se preocupe, que nos facemos cargo.
E que se mellore... o blog, claro.
Boas tardes a todos.
Don Perfeuto... o que vostede mande!
Aquí estamos para o que se precise.
Almiral Mouchez
Para cando a cousa se lle amañe propóñolle un tema de debate, por se fose do seu agrado: a anunciada viaxe da conselleira de cultura, escolatada por 40 escritores, á Habana.
O que ti digas.
Saudos.
Irá outra vez D. Alfredo Conde, supoño
No seu blog, Santiago Jaureguizar fai unha proposta moi sensata: que o diñeiro público non se destine a levar os autores fóra de Galicia, senón os libros. Mentras, Manuel Bragado, tamén no seu blog, fala agora de crear unha Oficina do Libro Galego e de fomentar boas prácticas.
Publicar un comentario