miércoles, noviembre 07, 2007
Fraga amansou os lions do circo
Definitivamente, o que está a contecer na comisión da Cidade da Cultura tén moito máis que ver cunha boa academia de retórica que co funcionamento dun gabinete de investigación que se propuxera levantar a alfombra e averiguar o que puido pasar no megalomaníaco proyecto final da xeira de Manuel Fraga en Galicia. A comparecen-
cia do rei Midas, ocorrida hoxe, de pouco ou de nada servíu máis que para revalidar esta idea. Nin sequera a participa-
ción do voceiro do BNG, Carlos Aymerich, que se mostrou acedo e inquisidor na comparecencia de Xesús Pérez Varela, estivo nesta ocasión á altura das circunstan-
cias. Parece como se Fraga lles metera medo a todos.
E iso que o vello lion de Vilalba chegou esta vez mansiño e condescen-
dente. A penas ergueu a voz máis do que a levanta unha monxiña da caridade e fixo gala en todo momento dunha case exquisita corrección política e dialéctica á que non nos tivo acostumados mentres que mandou en San Caetano. Non respondeu nin a unha soa das preguntas que lle fixeron tanto Aymerich como o voceiro do PSdeG-PSOE, que nesta ocasión foi o deputado Ismael Rego.
Fraga falou do “gran rei de España” Fernando VI, de Bárbara de Braganza, do Padre Feixóo, de onde quere el que sexa enterrado cando morra, de todo o que lle deu a gana, sen que a fiscalización que lles correspondía facer aos portavoces do BNG e do PSOE lle causase o máis mínimo problema en ningún momento. Perdeuse unha magnífica ocasión, que nunca se vai repetir, de tirarlle da lingua ao faraón de Gaiás .
Onde estaba hoxe o implacábel noqueador Aymerich que puxo a Pérez Varela contra as cordas o 29 de outubro? E iso que Fraga buscou a gorxa do contrincante dicíndolle que non había entre os que “soñaron” a cidade da Cultura ningún condenado en firme por asaltar casas de concello, en clara alusión a quen todos sabemos. Coa moderación e co look de senador romano que trouxo nesta comparecencia ao Parlamento de Galicia, Fraga adormeceu os lions do circo. Se, finalmente, todo transcorre como pasou hoxe é evidente que a cousa vai rematar cun sarao de confraternidade no que algúns beberán Moet Chandon, outros Ribera del Duero e os demais, aínda que só sexa polo que se diga, viño da terra.
E por que así? Xa empeza a haber varias respostas. Radio Macuto está empezando a transmitir que Carlos Aymerich foi chamado a capítulo pola actitude que mantivo durante o interrogatorio que lle aplicou a Pérez Varela. E algo debe haber porque o propio Alberto Núñez Feixóo, que tamén compareceu hoxe na comisión da Cidade da Cultura, non reparou en botarlle en cara que un alto dirixente da organización política nacionalista telefoneoulle para dicirlle que non estaba conforme co que fixera Aymerich. O dedo apunta, claro está, a Anxo Quintana.
De ser así, estariamos a piques de entrar nunha fase da comisión na que poden pasar moitas cousas, pero ningunha boa para que o resultado final sexa realmente un esclarecemento da verdade. Máis que nunca, agora si que resoan no teito da actualidade política galega as palabras do fiscal xefe de Galicia cando fala do que puido e pode estar pasando na Cidade da Cultura. Que nos colla confesados a Xustiza porque a política pode condenarnos a todos ao limbo do que aconteceu coa megalomanía de Gaiás.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
É abondo raro que nin a xente do BNG nin a do PSOE se apliquen a fondo no labor de investigar o que pasou e o que está a pasar na Cidade da Cultura. Polo que vai saíndo nos medios de comunicación o que se ve é que os representantes destas dúas forzas, e non digamos xa o que fai o PP, están deixando pasar unha ocasión definitiva de contarnos á vulgar plebe que se coceu e se coce no Gaiás.
Será por impericia? Por pregiza quizais? Non, eu inclínome a pensar en que todo está sendo unha pantomima, e que o que antes fixeron os de Fraga estano facendo agora os de Touriño e os de Quintana. O malo é que o resultado vai ser un mausoleo corrixido e aumentado que imos ter que pagar todos. Faltou a coraxe de dicir que chegara o comandante e que mandaba parar.
O que di Antón é certo, pero habería que engadir que non son só os plíticos os que pasan polo tema da Cidade da Cultura a fume de carozo. A propia sociedade en xeral parece como se estivera entalada. Quizais falamos algo disto nos cafés e nas tabernas, pero nada maís. Dame a impresión de que un burato negro como o que nos abriron Fraga e Pérez Varela, en cicunstncias e culturas políticas e sociais diferentes, xa tería orixinado un auténtico estalido. Aquí andamos na rapañota da moqueta.
Por desgraza é verdade o que di Perfecto Conde. Fraga amansou os lións do circo. Aínda que pareza mentira.
Teñen toda a razón os tres: Don Perfeuto, Don Antón Touceda e Dna. Hildegard Canido.
Que noxo de políticos, que noxo de País!
No será que, una vez más, nos estamos acercando al vidrioso asunto de la obtención irregular de recursos económicos para los partidos políticos (a los que siempre se arriman muchos que ni son políticos ni están partidos...). Con razón a ninguno de ellos le interesa arrojar la mínima claridad en terreno tan... pringoso...
O grupo parlamentar do BNG da anterior lexislatura non tería deixado pasar esta ocasión.
Non se pode eliminar dun plumazo a 15 dos 17 (agora son 13) deputados, facer as listas en función dos cativos intereses de clan do quintanismo, á pequena medida súa, e pretender agora torear miuras. As marelas son un perigo para estes diputadiños.
O PP vai sair mesmo afortalado desta comisión de investigación.
Publicar un comentario