A inefábel empresa de provisión de servizos de comunicación YA.COM INTERNET FACTORY definitivamente decidíu tomar por parvos os seus clientes. No meu caso interrompeu o servizo de ADSL, que tén contratado comigo e polo que cobra puntualmente, ás 23 horas do pasado día 20. Logo de explicacións que teñen máis que ver co puro surrealismo informático que coa realidade do que nos está a acontecer a esta empresa e a min, o seu desatento e ineficaz Seervicio de Atención al Cliente rematou repetíndome unha versión que aínda resulta máis surrealista.
Dinme os de YA.COM INTERNET FACTORY que non teño ADSL porque están pondo en marcha medidas de mellora que multiplicarán a velocidade da comunicación e redundarán en absoluto beneficio do cliente. Agora si que apapampo de remate. Segundo eles, para mellorar teño que empeorar radicamente primeiro. Ata o día 20 tiña un acceso a Internet e ao meu correo electrónico lento, pero máis ou menos seguro. Dende a noite dese día, que curiosamente coincide co rexistro dunha forte tronada na zona onde vivo (o Val de Amahía), nin lento nin seguro nin rabo de gaitas. Cero acceso mediante ADSL. En Medicina sería algo así como que o especialista lle dixera ao paciente que o ía mellorar moitisimo, pero que primeiro tiña que matalo. ¿Entenderíase? O médico se cadra si, pero o pobre paciente vaia cara que ía poñer. Pois isto é que me pasa a min com YA.COM que, a partir de agora, debería chamarse YA.SIN NADA.
O caso é que isto tamén afecta aos meus respectados e aprezados lectores. Os atrancos que me está impondo YA.SIN NADA, digo YA.COM, dificultan e mesmo impiden que manteña actualizado este blog subindo as novas, comentarios, fotografías e debuxos habituais. Ata López se ve afectado tamén.
Pído desculpas a todos novamente. Vou facer todo o posíbel para restaurar canto antes a comunicación diaria con vostedes. Croques non morrerá por moito que se empeñe en matalo un mal proveedor de servizos dos que, por desgraza, abondan máis do que é soportábel.
6 comentarios:
Aghuante un pouquiño, home: as nosas pregarias han ter éxito e os seus incompetentes ficarán por amañar o trebello.....
No seu blog, Santiago Jaureguizar fai unha proposta moi sensata: que o diñeiro público non se destine a levar os autores fóra de Galicia, senón os libros. Mentras, Manuel Bragado, tamén no seu blog, fala agora de crear unha Oficina do Libro Galego e de fomentar boas prácticas.
Todo sexa polo progreso. Que carallo, amin tamén estáme a pasar o mesmo, xa estou canso de falar por teléfono cunha máquina impersoal. E para máis farrapos de gaitas, seica internet en este país borbónico é o máis caro de Europa. hai que foderse.
Eso pásalle a vostede, meu querido amigo, por ir vivir ao extrarradio rural da cidade. Si se quedara quietiño nun sitio coma Dios e os proveedores de Internet mandan, non habería ter estes problemas. Ou si, para qué nos imos enganar.
Quer como for, estea tranquilo que os seus lectores esperarémolo.
Alucinante, terrorífico, indignante, surrealista, ..., engadan vostedes todas as palabras que desexen e sempre se quedarán curtos para designar as malas artes da grandísima maioría dos proveedores de servizos informáticos, telemáticos, internéticos e tutti quanti.
Se eu lle contara o calvario que tiven con Teléfónica, don Perfeuto, tranquilizaríase e tomaríao a cachondeo (ou se suicidaría directamente, porque non hai maneira de cargarse a ningún deles).
Cando, por fin, deixei de ter relacións con eles, dixen en plan "Gone with the Wind": xuro que nunca máis terei que ver con Telefónica (m.c.e.s.p.m.).
Non se preocupe, que nós haberemos de agardar todo o que sexa necesario. Ánimo, pois, e que non decaiga.
O anterior era eu: Non se acaba o mundo.
Publicar un comentario