sábado, octubre 27, 2007
A cova de Alí Babá
De facermos caso ao que din as luminarias da clase política, temos que concluír que a cova de Ali Babá, cos seus catrocentos –non corenta– ladróns, está cómoda e demoradamente instalada nos despachos da Xunta de Galicia. Se quen fala pertenece ao bipartito actualmente gobernante ou ás forzas políticas que o sustentan, PSdG-PSOE e BNG, o que ouvimos dicir é que a Cidade da Cultura, por exemplo, é un sumidoiro de diñeiro no que andiveron metidos cuñados, irmáns, maridos e todo tipo de familiares diversos dos que durante dazaseis anos comupuxeron a tropa de Fraga.
Se a voz nos chega dende a outra banda do río –véxase o que acaba de dicir Alfonso Rueda, poño por caso–, onde está tendo descendencia Alí Babá é entre os gobernantes socialistas e nacionalistas. Que si Educación, que si Cultura, que tamén Industria, e non sei cantas consellarías máis. Ducias de familiares enchufados por todos os lados.
Definitivamente, ou todo é unha traca desas que se prenden cando van acercándose unhas eleccións ou estamos a piques de dar coa fórmula infalíbel de rematar co paro en Galicia. Como cada un dos que tén algo que ver co autogoberno vaia colocando algún familiar de seu, a progresión de enchufados rematará por ser xeométrica e non só traballarán en San Caetano e na Cidade da Cultura todos os galegos senón que nos veremos na necesidade de botar man de asturianos, leoneses, quizais ata portugueses. Sen contar os que casan con suecas que veñen ás praias que aínda non teñen adxudicada unha piscifactoría cercana. Haberá que patentar a fórmula e ampliar extarodinariamente a cova de Ali Babá.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
10 comentarios:
E mentras, os compañeiros do Eixo entran na cadea. ¿Onde está o apoio político ante tal erro? Iso si, cando cheguen as eleccións virán polo Eixo a pedir os votos. Noxento.
Besta rufa tiñas que te alcumar!
Ai tempo que tiñan que ter recibido o séu castigo... ou non ten delito deixar por sempre eivado a un home? Eles sairán antes dos tres anos: o eivado ten condea de por vida... Non tedes vergoña!
Cajada, dame preguiza explicarche o caso do Eixo.
Infórmate, pensa, e se tes algunha dúbida, coméntanolo.
Pero non a cajes á primeira.
Haber , para a cajada. Pescuda ao poli eivado, infórmate e despois fala.
Sr. Bestarruza: puedo imaginar la calaña de quienes aceptarían el voto de aquellos que son capaces de justificar semejante atrocidad. Los mismos que a lo largo de la historia van llenando las urnas de sangre. Por el bien de todos, incluso de aquellos que desprecian "ao poli eivado", espero que nunca vuelvan los totalitarismos que utilizan a estos tontos útiles hasta la justificación del maltrato o las lesiones...
Si alguien, en un "calentón", tuviese la desgracia de lesionar gravemente a uno de vuestros familiares ¿lo justificaríais igualmente? ¿Lo considerarías también "un daño colateral" provocado por una situación injusta?
Xa cansou do blog, Don Perfeuto, que non o renova? Anímese, que ten moitos incondicionais. Eu mesmo, sen ir máis lonxe.
Apertas.
López: ¿dónde está Perfecto?
Sei que está preparando novos e sustanciosos posts, ainda que comparto a chamada de atención.
López.
Que saia o Sr. Director de detrás do telón. Agardamos impacientes.
Boas tardes.
¿Que tal vai todo, Perfecto?
¿Esta vostede ben?
Almiral Mouchez
Publicar un comentario