viernes, abril 24, 2009
Cosmopolita Feijóo
Quizais non significa máis ca unha coinci-
dencia temporal, pero a primeira inaugu-
ración que presidiu ata agora Alberto Núñez Feijóo trátase dunha exposición internacional de pintura. Concretamente a dos 56 óleos e 16 acuarelas que trouxo Caixanova a Vigo e agora á Coruña para expoñelos na mostra A Escola da Haia, obras mestras do Rijksmuseum, da que é comisaria a experta holandesa Renska Snijver, inaugurada o xoves no Palexco da cidade herculina.
Alí acudiu o presidente acompañado nada menos que polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña; a conselleira de Traballo e Benestar, Betariz Mato; a de Sanidade, Pilar Farjas; o alcalde da Coruña, Xavier Losada, e outras uatoridades. Pintura universal para un presidente que escolleu un conselleiro do ramo moi cosmopolita.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
De pintura universal, pouco. Máis local é imposible: paisaxes tediosos dos Países Baixos, sen gracia algunha, por moito que veñan do Riijsmuseum.
Será internacional porque vén de fóra, pero a exposición non pode ser menos cosmopolita.
e que o cosmopolitismo é un termo moi equívoco.
En case todas as grandes obras de arte hai referencias a un contexto cultural concreto (Guernika).
O wagner que tanto ama o novo conselleiro era un nacionalista alemán que empregaba as mitoloxías xermánicas.
Tamén o eran Verdi , Smetana, Sibelius ou Mahler con influencias claras da música popular
Ser universal non é contraditorio con ser local.
O que o fai grande a un artista é o seu xenio non a súa concepción do mundo.
O novo conselleiro de cultura tería que explicar millor algunhas cousas.
Entre tanta banalidade e aínda venalidade quérolle adicar unha lembranza ó profesor Dr. D. Francisco Guitián Ojea, de quen soupen por aquel "Atlas Geoquímico de Galicia" (1992) e con quen aprendín a mirar -e amar- a miña terra doutra maneira máis: grazas, profesor. Que a terra lle sexa leve...
Manuel Lara
Agrego o meu sentimento ao do sempre sabio e solidario profesor Lara.
O outro día cruceime co conslleiro de Cultura na Coruña. Viña pola acera de enfrente. Parece un bo mozo.
Un "bo mozo" (ou un "bo pólo") no habitual sentido irónico que ten esta expresión entre nós?
Publicar un comentario