Avisei de que o novo conselleiro de Cultura ía dar que falar. E acertei. Hoxe, M. Cheda entrevístao en La Voz de Galicia, e a que non saben quen é o seu escritor de cabeceira? Véxase a resposta:
–Non sei se o debería dicir, porque é totalmente radical de esquerdas. É Méndez Ferrín. Tódalas noites leo poemas del.
Agárrate a esa, Organicísimo Presidente Feijóo.
Roberto Varela non pensa fomentar a cultura galega en Cuba como facía Ánxela Bugallo: “Non, definitivamente, non. Absolutamente non. Non, por varias razóns. Aquilo foi un erro. Non entendo cal é a rendabilidade de gastar unha cantidade tan grande nun país coma Cuba. Comercial non, porque os cubanos non poden saír de Cuba a mercar e deixar os cartos aquí. E política tampouco, porque estás apoiando a un réxime que mete aos gais na cadea”. E logo dicían que os do non eran os do BNG. De 61 palabras, sete son para dicir que non.
Do que non di nada novo é da Cidade da Cultura. Polas palabras que pronuncia podería parecerse a Ánxela Bugallo cando tomou posesión hai catro anos: “O primeiro que hai que facer é darlle a coñecer a Galicia o que vai custar de verdade a Cidade da Cultura. Antes que nada imos avaliar iso e, de seguido, determinaremos un calendario, sempre en función dese custo, para continuar o proxecto e ilo terminando por fases. A clave de todo é que vai xerar uns gastos de mantemento moi importantes. Non teño a cifra agora”.
Segundo Varela Fariña, adiós Galiza e welcome Galicia: “Non, non, non, non. De Galiza, nada de nada. Galicia” (maís exhibición de nons). Tamén veñen malos tempos para lírica enxebre: “No meu mandato proxectarei a cultura que se fai aquí, sexa quen sexa, na lingua que sexa”. Imos ver como aínda van emigrar os biosbardos onda nós. Agora que imos ser trilingües…
Foto tomada de La Voz de Galicia.
5 comentarios:
Xa só nos falta que o conselleiro de Educación saia dicindo que a quen admira é a Françesc Ferrer i Guàrdia. Con Feijóo acadaremos a Arcadia Feliz. Non é cuestión de feitos. Só de tempo.
O que custaron os "mojitos" a carón do que nos vai custar este home rematará sendo unha parvicie. Vereis como, dentro de nada, aterran en Galiza ducias de xornalistas norteamericanos pagados pola Xunta para escribiren croniquiñas comas que lle gustaban a Fraga cando era ministro de Franco.
Deixáde a literatura e ollo o piollo. Aí van algunhas preguntas a os efectos das cuotas:
- Deberá contar o Presidente como membro do Goberno?
- É decir, conta o membro de Presidente do Goberno?
- E cómo computan homosexuais e lesbianas?
- Deben aceptarse a testemuña pública, a declaración do "singular" o deberá facerse a proba de Xs e Ys?
Non parece moi recomendable a proposta dun amigo meu que di que o que hay que facer e "apalpar", xa que ninguén lles obriga a facer a operación sen renunciar á militancia sexual.
Certamente eu entendo que a loita de lesbianas e gays ainda non está no punto que lles permita abordar o asunto das cuotas. Ainda que os partidos, que fían fino, xa os teñen en conta para acadar os seus votos, como mostra o goberno do que se está a falar. Pero unha cousa e que ainda non teñan conquerida unha cuota propia e outra ben distinta é que a súa presenza nun goberno sexa utilizada por os uns ou por os outros.
Execelente foto a deste paisano. Mellor retrato, imposible. Coa súa cocacola e o seu sandwich. Como debe ser. Parece que aínda está en Central Park. E logo o seu güiskisito. Só lle falta porse a cantar "Whe shall over come".
Publicar un comentario