lunes, abril 13, 2009

Ímola virando

Teño un bo amigo que nunca se esquence de nada do que pode facerlles ben ás persoas que apreza. Chámase Manuel Lara e é unha das persoas máis intelixentes e responsábeis que circulan por Galicia. Acaba de alegrarme o día lembrándome que hoxe cumpro anos (66, dígoo eu, non el) e dicíndome que non me deprima, que un 13 de abril de 1499 fundouse a Complutense de Alcalá de Henares, no mesmo día de 1570 naceu Guy Fawkes, o pertardista inglés que tentou dinamitar o Parlamento Británico para protestar contra as persecucións que padecían os católicos, que Thomas Jefferson naceu o 13 de abril de 1743 e que Samuel Beckett chegou a este mundo nese día de 1906.
Por se todo isto fose pouco, onte, persoas ás que quero moito convidáronme a xantar a mellor lamprea que comín na miña vida e hoxe chamoume un amigo del alma que xa tiña algo esquencido, Luis Mariñas. Non son guapo nin listo nin teño diñeiro, pero de que que carallo me ía queixar se me chamase Baldomero? De nada, digo eu. Se acaso, do de sempre. Que o mundo non me gusta nin eu lle gusto moito ao mundo, pero estar para contalo xa é un mérito. Grazas a Deus. En fin, que ímola virando, como din os de terra a fóra.

12 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Que vello vai vostede, meu querido Don Perfeuto...!!!

Eu aínda lle fago para xuño trinta e catorce.

(Mil parabéns, en calquera caso.)

Non se lle botan -os anos-, esa é a verdade.

Vicente Araguas dijo...

Carallo, Perfecto, e semella que foi onte cando te coñecín. Yesterday, when I was young, se me permites a pedantería de citar a Aznavour vía Sinatra. Que sigo o teu blog (o outro, El voto con botas, de Fermín Bouza) porque é do moi pouco lexible nesta latrina infecta de Dona Internet da Rede. E que contigo felicito aos teus correspondentes, porque en xeral fan honor ao espírito do caseiro, liberal, ou sexa, xeneroso. Parabéns, amigo, e ata que nos vexamos de novo, no Hispano-Argentino, do Portazgo de Xuvia, ou onde cadre.

Carlos Callón dijo...

Parabéns por eses 66! Unha apertiña!

Teo C. dijo...

Arredemo,Perfecto, 66 tacos!. E de vello ren, pois non parece que os teñas. Non sei como che vai a maquinaria, pois eu xa vou para 63 e cando ven un pouquiño de vento mareiro do noroeste, os osos pésanme de carallo.
Meus parabéns e como ti dis, "ímola virando" contra vento e marea.

Antón Dobao dijo...

Pois felicidades, que é o que se di nestes casos. Aínda que eu, pasa ás veces, chego un pouco tarde. Pero chego ao desexo de felicidades por un ano máis metido xa no 14 de abril. Para lembralo con outra lamprea.

O dito, e que sexan moitos anos máis coas mesmas intencións e a mesma potencia crítica.

Xosé María Palmeiro dijo...

Caro amigo e compañeiro:
Súmome ás celebracións e confío en que esa conta prosiga e dutre.
Parabéns tamén polos CROQUES, blog-decantación dos saberes e experiencias dun gran xornalista.
Un abrazo.
Xosé María Palmeiro

Xosé María Palmeiro dijo...

Caro amigo e compañeiro:
Súmome ás celebracións e confío en que esa conta prosiga e dure.
Parabéns tamén polos CROQUES, blog-decantación dos saberes e experiencias dun gran xornalista.
Un abrazo.
Xosé María Palmeiro

Almiral Mouchez dijo...

Carai, canta boa xente anda por aquí...!!!!

Apertas a todos, meus queridos e admirados amigos, e por suposto de novo a Don Perfeuto, o noso parente común.

(Pódese dicir que aquí somos parentes todos polo lados dos Croques, non sei se coincidirán comigo vostedes...!

P.D. Don Vicente: Eu tamén me apunto ao de irmos a Xuvia, se me convida.

O mundo no se acaba... ou si, dijo...

Parabéns e que cumpra moitos máis, don Perfeuto.

Anónimo dijo...

Señor Mouchez, iso está feito. Este verán no Hispano-Argentino. O único, que teremos de espertar a Pacucho da súa sesta xubilar. Para que nos goberne un "txangurro" e unha caldeirada de raia. De sobremesa, suflé. Iso si, pola tarde subiremos ao Coto de Ancos, andando, para ver desde o seu periquito un dos panoramas máis fermosos do mundo. No interín seguiremos a ler estes croques, que nos dan tanta vidiña.

vicente araguas dijo...

Este Anónimo son eu, Vicente Araguas. Foíseme a man ao asinar.

Almiral Mouchez dijo...

Pois así quedamos, meu querido amigo, pero a véspera teñen que deixar que eu os convide a xantar onde lles pareza ben.

Do de chegar a pé ata o cumio do Monte Ancos non dou palabra, pero intentareino.

Por certo, falando de proezas deportivas: ¿Verdade que Monsier Aznavour interpretou o papel dun corredor de maratón olímpico nalgunha película desas que daban na tele cando aínda existía a tele, e o das 625 liñas non se convertera aínda nesta trapallada que hoxe é...?

E sen afán ningún de estropearlle o cupreanos a Don Perfeuto cunha cousa fea, voulles contar o que vin hai uns días:

Nun programa dun señor horrendo que entrevistou varias veces á suposta noiva DE CATORCE ANOS do presunto asasino da rapaciña esa de Sevilla, sacaron o outro día unhas imaxes nas que unha tribo brasileira intentaba enterrar viva unha neniña retrasada.

Claro, o pajarraco que presenta o programa sacaba as imaxes dicindo que era para denunciar lo brutos que son, tú sabes, los indios esos del carajo, pero eu pregunto:

A) ¿Quen filmou as imaxes sen tratar de impedir esa barbaridade?

B) ¿Como se pode consentir nun país europeo que SE DIFUNDAN CON FINS COMERCIAIS IMAXES DUN INTENTO DE ASASINATO DUNHA MENIÑA INDEFENSA?

Creo que a Lei tería que actuar de oficio contra estas cousas.

(Non sei que pensarán vostedes...)

Unha aperta fortísima para todos.

Ata mañá.