Xa con 250 mortos, 1.500 feridos e máis de 17.000 persoas sen fogar, e sen saber aínda nin por que non aguantou de pé o hospital principal de L’Aquila, onstruído hai pouco tempo, ao primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi non se lle ocorreu mellor cousa que dicirlles aos sobreviventes que collan a súa traxedia “como unha fin de semana de acampada”.
Horas antes xa tivera a ocorrencia de dirixirse ao presidente de Estados Unidos, Barack Obama, pedíndolle que se fixese cargo da reconstrucción da igrexa de L’Aquila e de todos os bens culturais que resultaron danados polo terremoto que padeceu a rexión italiana dos Abruzos. “Se os Estados Unidos queren dar un sinal tanxíbel da súa proximidade con Italia –díxolle Berlusconi a Obama por teléfono– poderían tomar a responsabilidade de reconstruír os bens culturais e da Igrexa”.
Hai por aí adiante cada gobernante de sona internacional que nunca deberon pasar de presidir a corporación municipal de Morteiro dos Cocerellos.
5 comentarios:
Menudo jodido está este tío co da "acampada". ¿Pero que carallo de líderes europeos temos neste milenio?. Que pasa nesta Europa, que metalidade temos agora como para votar a elementos como este e algún máis que andan soltos como cans da rabia.
Non me estraña que imos camiño da desfeita humana.
Con todos os seus defectos (que tiveron dabondo) añoro aqueles líderes europeos democráticos despois da Segunda Guerra Mundial.
A comparanza con estes está en que daquela serían simples bedeles de concellos, nin siquera a concelleiros chegarían.
Berlusconi é tan pallaso como aquel Gil y Gil de infausta memoria. Acontece que as súas pallasadas (sei o que me digo, vou arreo a Italia por razóns familiares) teñen aplauso popular. Se cadra porque Berlusca dá a sensación de facer cousas, por máis que faga que fai. Tamén porque a esquerda italiana, a que lle podería poñer couto, é exemplo vivísimo de desunión, inutilidades e -mesmo- corrupción.
O Berlus estaba a pensar no próximo implante de cabelo.
Haille que perdar coma a quen vén dos mellillóns.
Sr. Rioderreado, non é ber lus que é ber negro; nen son mellillóns que son millóns o deste homiño. Non tatexe rioderradeiro.
Un 13 de abril fundábase a Complutense en Alcalá de Henares (1499); outro 13 de abril nacía Guy Fawkes (1570), o petardista inglés que tentóu voar o Parlamento Británico polas persecucións as que se sometía ós católicos; tamén nacían en tal data o estadista estadounidense Thomas Jefferson (1743) e o escribidor irlandés Samuel Beckett (1906)... En fin, a data non pinta tan mal: feliz cumpleanos amigo Perfecto!!!
Manuel Lara
Publicar un comentario