martes, abril 07, 2009
Mexar sangue
Empezamos a estarmos tan obsesionados pola crise económica que quizais corremos o risco de perder de vista o privilexio que nos supoñía pertencer a unha sociedade na que estabamos tratando de normalizar o respecto aos dereitos humanos. Casos coma o que conta hoxe El País, ocorrido en Tavernes Blanques (Valencia) e protagnizado por dous gardas civís e un vixiante de seguridade privada que maltrataron a un cubano, alertan preocupantemente acerca da posibilidade de que andemos dando dous pasos para diante e un e medio para atrás. Véxase a información aquí.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Don Perfeuto permítame que pois non podemos mudar de país mudemos de tema (Joyce "dixit"). Para subliñar que xa nos fixeron ministro a José Blanco (que cabróns os que lle chaman Pepiño, sen saber -ou sabendo- que para os galegos ese hipocorístico non é pexoractivo). E aviados imos con Blanco, un Guerra en pequeniño, como visto cuns prismáticos ao revés, en Fomento. E foi Zapatero e espaventou de Cultura a un dos mellores ministros que tivo o ramo. César Antonio Molina, culto e enérxico non merecía saír pola porta falsa que ven de abrir o leonés. Peor para el que non para CAM, un señor.
O que me asusta non só e iso que lle pasou ao cubano. O que me acojona de carallo é todo o que non se sabe do que fan algúns gardas civiles nos cuarteis xa que os que levan leña ata no carnet de identidade, xamais o denuncian polas grandes amenazas dos suxetos.
e coido que non falo só de cubanos, senón daqueles españois que nin sequera roubaron senón a aqueles que se manifestan en contra deste puto sistema neoliberal. Nos ano 1972 había un torturador da BPS na comisaría de Vigo, un día de "mani" fodeume ben de carallo, as hostias que levei non as sentín ante unhas palabras que me dixo que me deixaron con maxín a todo meter: "....qué pensais todos vosotros rojos de mierda hijos de puta, que si viene la democracia no vais llevar igual que ahora......yo estaré igual en este puesto y los que estén gobernando de los tuyos me mandaran a joderte vivo......
Non se trabucaba en nada o jodido, este xa finou fai 11 anos.
Pódelle asegurar que na Policía ao igual que na Garda Civil, hoxe en día casos coma este son a excepción.
Ben é certo que nun colectivo que supera os 130.000 funcionarios hai de todo, aínda que as institucións de “pasmarotes e picoletos” son un reflexo do que é a sociedade actual e, afortunadamente, estamos nunha sociedade democrática e as forzas de seguridade tamén participan desta democracia.
Eu entrei no C.N.P. hai 29 anos, na etapa da transición democrática. Nesa época aínda quedaban moitos que viñan da época franquista e botaban moito de menos o “pequeno do bigote”; contaban verdadeiras barbaridades, todo fachendosos, e algúns, os menos, seguiron pensando que estaban naquela época, mais a adaptación os tempos democráticos foi clara co paso do tempo.
Sabe o que supuxo o punto de inflexión? Foi cando empezaron a caer as primeiras condenas por malos tratos e torturas. Estas sentencias significaron a perda da condición de funcionarios policiais, e, xa que logo, o soldo a final de mes. Comezaron a verlles as orellas o lobo, e as cousas remataron, xa saben “a pela, é a pela”.
Sempre queda algún animaliño, pero son iso: animaliños e ignorantes.
Eu nestes 29 anos estou moi orgulloso de dicir que na miña vida lle puxen a man a ninguén encima, e non consentín que diante miña ninguén o fixese, aínda que recoñezo que máis dunha vez déronme gañas de facelo con algún e razóns non me faltaban para elo, mais os meus país ensináronme uns principios que sempre respectei e respectarei e iso foi o que me impediu darlle uns paus a máis de un.
Valoro enormemente a aportación que fai a esta polémica o Anónimo que me antecede polo que ten a súa testemuña de expresión directa manifestada por alguén que forma parte dos corpos de seguranza públicos.
Coñezo e teño por amigos varios policías –tamén algún garda civil– que, máis ou menos, pensan e se expresan coma el, e sei que tén razón cando di que só son "animaliños e inorantes" os que levan a cabo prácticas ilegais e deleznábeis comas do caso que conta "El Pais".
A min tamén me enche de orgullo saber que hai policías, como o Anónimo, que se sinten orgullosos de non terlle posto nunca a man enriba a ninguén e de non consentir que, diante deles, o fixese alguén. Comportamentos así son os que animan a seguir pagando impostos e a pensar que a democracia existe.
Aínda así, o caso de Tavernes que nos ocupa é moi grave, como algún outro que de vez en cando ocorre, e hai que denuncialos sempre como a lacra social que representan. Estou seguro, por outra parte, de que isto mesmo é o que pensa o dignísimo comunicante que nos brindou a súa testemuña.
Moitas grazas.
Alégrome moito sobre ese comentario do anónimo da C.N.P..
No anterior comentario que eu fixera sobre o da BPS, quero dicir que aínda temos nos corpos algún que outro fascista, como en todos os grandes colectivos, sempre hai ovellas negras e iso é irremediable.
Tamén teño amigos na Garda Civil e na Policía, estes son de outra madeira, pero teñénme contado certas barbaridades do que pasaba nos Cuarteis e por iso conto aquela anécdota do paisaniño da comisaría de Vigo.
Volvo a repetir que alégrome moito dese comentario do CNP e tamén estou dacordo que algúns cabróns de delincuentes que insultan e se poñen bravos merecían unhas boas hostias, nembargantes ao que pide traballo,ao que está manifestándose para mellorar este país, inclusive as melloras dos corpos policiais, lles arreventen a cachola fora e dentro, a iso ía cando falaba no meu comentario.
E digo como Perfecto, que me eche de orgullo o contar cun home do CNP con unha mentalidade democrática e ao mesmo tempo cunha sesibilidade dos dereiros humanos.
Gracias polo comentario.
Están moi ben todos estes cumpridos que se intercambian o amo do blog e o comunicante que di ser policía, pero a realidade empéñase en marcar o que pasa. Hoxe mesmo o xornal "El País" volve a informar doutra cafrada policial. Ocorreu en Londres. Ian Tomlinson, de 47 anos, foi agredido por un axente antidisturbios, sen mediar provocación, e minutos despois padeceu un infarto e morreu. Desgraciadamente desmadres policiais pasan todos os días en calquera país do mundo. Os políticos deberían encargarse de cortalos con man moi dura.
Sra. Canido, en todos os sitios hai “animaliños e ignorantes”, e as forzas e corpos de seguridade son reflexo do que é a sociedade. Hoxe en día vivimos nunha sociedade democrática e a policía non lle queda máis remedio que ser democrática.
Os feitos que vostede relata corresponden a feitos puntuais dunha sociedade que é imperfecta; xa sabe, todos temos natureza humana que é a máis imperfecta das naturezas e por iso ás veces pasa o que pasa.
Verá, o que se lle ten que esixir a unha sociedade democrática é que o policía que lle da o empurrón a Mr. Tomlinson é depúralo e sanciónalo como lle corresponde, se así non fose é cando unha sociedade que se nomea de democrática non funciona.
Que na policía ocorren esas cousas é certo, mais é a excepción, e desgraciadamente verá vostede que algunha outra vez volverá a ocorrer. Se as forzas democráticas non actuaran e depuraran estas actuacións sería cando veríamos como vivíamos nunha sociedade enferma.
Hoxe en día, aínda que con eivas, afortunadamente neste país vivimos nunha sociedade democrática.
Saúdos do policía anónimo, e perdoe que non me identifique.
Publicar un comentario