miércoles, abril 22, 2009

O presidente da Xunta é un órgano

“O Goberno galego aclara que o presidente e o Consello da Xunta son órganos diferenciados pola Constitución polo que a composición do Executivo cumpre coa Lei de igualdade

Santiago, 22 de abril de 2009.- O Goberno galego aclara que o presidente da Xunta e os conselleiros do Goberno galego son órganos diferenciados. Así, o presidente da Xunta foi elixido polo Parlamento galego e, a continuación, e, de acordo coa Lei do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, o presidente nomeou os conselleiros. O Executivo autonómico lembra que o artigo 152 da Constitución española establece claramente que o Consello de goberno e o presidente son figuras diferenciadas, xa que asumen competencias distintas e, entre outras cousas, o presidente da Xunta é o representante do Estado en Galicia.”

Está é a nota infomativa que acaba de transmitir a Xunta de Galicia. Debe ser que eu son moi burro e eles moi listos, ou se cadra só é consecuencia da tecnocracia que se apoderou do goberno, pero eu non entendo nada. O presidente é un órgano? Por un momento pensei que era unha persoa. Os conselleiros son órganos? Han ter que explicarme se son órganos dunha igrexa, órganos sexuais, administrativos, periféricos ou simplemente orgánicos, valia a redundancia. É curioso, tanto organicismo a min hame acabar lembrado a democracia orgánica de Franco.
Co doado e ata interesante que sería que o presidente fose unha persoa, mesmo ata unha boa persoa, agora resulta que é un órgano. Haberá que dirixirse a el tratándoo de Organicísimo Presidente? E como imos dirixirnos aos conselleiros? De Orgánica Tecnocracia? Pode haber notas de prensa que parezan redactadas por calquera orgánico xuntaletras.

8 comentarios:

Bertón dijo...

O presidente da Xunta é un órgano... desafinado.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Ignoro o fondo da cuestión e a oportunidade da nota, pero a linguaxe administrativa emprega o termo "Órgano unipersoal" para estes cargos. O Presidente é un órgano.
DRAE
7. m. Der. Persona o conjunto de personas que actúan en representación de una organización o persona jurídica en un ámbito de competencia determinado..

Hildegart Canido dijo...

Señor Arume:É verdade que tal acepción "orgánica" forma parte da linguaxe do Dereito no idioma español. No sucede igual en galego, ou polo menos aínda non a recolleron os diccionarios do noso idioma (O Xerais, por exemplo), e o texto ao que se refire Conde está escrito en galego.
De Laíño ou de Lestrove, a min tamén me choca que se refiran a unha persoa concreta chamándolle "órgano" nunha nota informativa. Órgano serao a Xunta, pero o seu presidente aínda vai sendo unha persoa. Grazas a Deus.

Touceda dijo...

Alén de se o presidente é "organo" ou persoa, ou as dúas cousas á vez, o que non clarexa a nota informativa é a acusación que lle fan PSdeG-PSOE e BNG de cometer supostamente "unha ilegalidade moi clara e manifesta" contra a Lei 2/2007, de traballo das mulleres en Galicia, formando un gabinete de 11 membros no que só hai catro mulleres, é dicir, menos do 40 por cento do que marca esa lei.
Xaquín Fernández Leiceaga, voceiro parlamentario socialista, sinala en "A Nosa Terra" que esta condición do gabinete conleva "inseguridade xurídica" e pode dar lugar a que se cuestione a legalidade do Executivo.
O importante é isto e non tanto se se o "orgánico xuntaletras" redactau mal ou ben a nota.

arume dos piñeiros dijo...

Na lexislación galega tamén ocorre igual: as presidencias, secretarías, decanatos, rectores, xerentes son órganos unipersoais. Hai materia dabondo, sen necesidade de diccionarios, para avalalo.

Hildegart Canido dijo...

Señor Arume: haberá toda a materia que queira, pero o conto non lle é máis ca un subterfuxio para bordear a lei de traballo das mulleres. Veremos que dá de si a historia se alguén chega a levala aos tribunais de xustiza. A suposta inseguranza xurídica dos actos do goberno presidido por Feijóo non é precisamente un bo aval de futuro.

Anónimo dijo...

A lei e o sentido común. Eu metería nun siquiátrico os que fixeron a lei.
Pero como e lei hai que cumplila. O problema é o que vostedes plantexa, é dicir, si o presidente, nomeado por o Parlamento debe ter en conta o seu propio sexo para computalo no conxunto de Gobierno, que el preside, pero do que nomea so os conselleiros. Eu penso que non.
Pero, por si vostede tivera razón, unha volta de tuerca mais: se falamos de sexualidade habería que pedirlle, respetuosamante, a o conselleiro de Educación que defina a súa, que, ó parecer, e homosexual (algo ó que ten dereito, por certo, outras leis o respetan). En calquer caso, fagan contas, si adoptase tan solo unha fórmula ecléctica (metade e metade), xa teríamos unha presencia femenina de 4,5 membros contra 6,5, é dicir, teríamos un procentaxe de femias do 40,090909 (periódica pura).
Problema resolto.
Qué algúen lle pregunte ó conselleiro de Educación, o que lle conten as equis ou as ys.

Cocerello dijo...

Andades todos apampados. O que cometeu ilegalidade non é o presidente da Xunta, que formou un goberno respectuoso coa Lei de traballo da muller (4 mulleres e 6 homes, no caso de que nonhaxa algún homiño). Quen supostamente irrespectou esa lei é o Parlamento, nomeándoo a el soçiño presidente e, sen comprobar antes, que tivese una perna ou unha teta de muller. Contra quen hai, logo, que pleitear é contra o Parlamento. Aínda que, claro, se o presidente non é froito dunha orixe legal, calquera medida que tome tamén pode ser ilegal. Ergo, o goberno que nomeou é inválido.
Empezo a collerlle gusto a isto da lóxica borrosa.