jueves, abril 02, 2009

Quedar para setembro tén premio

Se cadra somos dos poucos sitios nos que, logo de que unha forza política perda por goleada as eleccións, o seu máximo líder sexa recompensado con alto cargo e prebendas que conlevan chófer e coche oficial. Refírome, claro está, a Anxo Quintana, que foi nomeado vicesecretario do Parlamento grazas a unha interesada maneira de exercer a xenrosidade política por parte do PSOE.
Non tería o BNG outra figura máis ilusionante para sentala na Mesa parlamentar? Dándolle nota a quen o levou a perder a cogobernación, 45.000 votos e un deputado parece como se o de quedar para setembro tivese premio.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

o bng non ten a ninguen interesante(suarez canal quizais) no grupo parlamentario por canto estan ahi só os que aceptou a upg,incluso si estes se desen de baixa e corresn os seguintes e seguintes e outra vez os seguintes das listas, seguirian a ser os da uou moi próximos.
si,o que se fai por ter chofer e un soldo que non seria o de Ats.
en fin recordar que só Encarna Otero denuncoiu publicamente as "primas" que van cobtar os ex-altas cargos.E logo van de esquerdas e dando leccions de honestidade

Catalina dijo...

Non son nacionalista nin voto ó BNG, pero sóname un pouco raro a teima que ten vostede co Sr. Quintana. Paréceme moi ben sinalar ás contradicións dos políticos que se din progresistas pero aquí semella que existe algo personal. A min personalmente gustaríame atopar reflectida máis a miudo neste foro a merdiña da dereita, que me parece bastante máis apestosa.

Perfecto Conde dijo...

Estimada Catalina:
Eu tampouco son nacionalista, pero votei varias veces BNG. Confésolle que desta vez son dos que me quedei na casa. Aínda que lle pareza raro, non teño nada persoal –nin en contra nin a favor– a respecto de Anxo Quintana. Só que nunca me gustou case nada como líder e gobernante e agora xa non me gusta nada. Polo demais, e a pesar da fama que ten de Don Juan, a min Quintana nunca me quitou ningunha noiva nin me roubou a carteira. Insístolle en que a cuestión non é persoal. É de outra índole. Teño dereito a ter os meus gustos en política.
No tocante á dereita, no se apresure tanto. Xa verá reflectida por min a súa "merdiña" cando a haxa. De momento aínda non tomaron o poder. Non sei se percatou de que aínda seguen gobernando os "nosos". Eu sonlle dos que, gañen os nosos ou os contrarios, estámoslle sempre dispostos a falar mal do goberno. Para iso lle pagamos todos.

Almiral Mouchez dijo...

Boas tardes a todos.

Don Perfeuto, con grande intelixencia, fai unha precisión que, malia ser aparentemente un reflexo da obviedade, non deixa de ser -polo que parece- necesaria:

Emilio Pérez Touriño segue a ser, a día de hoxe, o presidente da Xunta.