lunes, marzo 15, 2010

Censura en TVE


Informa hoxe El País de que o Ministerio de Medio Ambiente bloqueou a emisión dun documental de TVE que encargou Cristina Narbona no ano 2006 sobre a destrucción do litoral e que foi financiado con 1.292.874 euros de diñeiro público. O Goberno de Zapatero esixe agora que se retiren dous minutos do video no que se superpoñen imaxes do Telexornal sobre a corrupción urbanística como un dos grandes males do litoral español. O responsábel da serie que se quere censurar, Miguel Ánxel Losada, catedrático de Costas da Universidade de Granada, non está conforme co que lle esixe o Goberno e di que “desgrazadamente, a corrupción é parte da nosa historia. Isto é unha censura coma das fotos da Deputación de Valencia”.
A serie Las riberas del mar océano presenta no seu capítulo 12, dedicado á lexislación sobre a materia, imaxes aéreas moi espectaculares mentres que un off vai narrando o seguinte: “A costa concentra unha parte substancial dos delitos contra o medio ambiente e o urbanismo, de vivendas ilegais e sentencias de demolición. Tras dela agóchase a complicidade social coa corrupción urbanística, que se manifesta pola connivencia dalgúns funcionarios, cargos públicos, profesionais e empresas de suministro. Todos eles consentiron as actividades ilícitas e as prácticas corruptas. Por que hai tantos desmandos, abusos e corrupcións?”.
Máis adiante, o narrador aínda engade: “Gran parte do litoral español está en mans privadas, urbanizado, alterado profundamente ou destruído. En moitos casos non existen as servidumes de paso, protección e acceso ao mar”. Neste momento a serie televisiva pon como exemplo o caso de El Algarrobico (Almería), pero nós en Galicia podiamos poñer o de Náutica Vidán en Vilaxoán e algún máis, desgrazadamente, por non falar agora do desatinado proxecto de montar unha planta de acuicultura no cabo Vilán.
Hai xa varios meses, os responsébeis do Ministerio que agora goberna a galega Elena Espinosa viron a serie e plantexaron seis obxeccións técnicas. O profesor Losada aceptounas todas menos a de retirar dous minutos nos que, co imaxes procedentes do Telexornal, sucédense varios casos de corrupción en Telde, Andratx, Marbella, etc. Losada considera que son “unha parte da nosa historia, e, se a ocultamos, estamos condenados a repetila”.
Outro galego, Xoán Carlos Martín Fragueiro, secretario xeral do Mar, foi quen deu a orde de que non se emita o capítulo 12 se non se cortan as imaxes do desencontro e, segundo apunta El País, “no caso subxacen as diferencias entre a xestión do actual equipo (dirixido por Espinosa) e o de Narbona, moito máis belixerante en público contra os abusos urbanísticos no litoral”. Como tamén lembra o xornal madrileño, “hai varios exemplos do cambio, que fontes do sector xustifican pola crise económica, a presión dos países europeos contra as expropiacións e polo medo a perder votos. En decembro de 2008, o ministerio mandou ao Congreso unha reforma legal que suaviza a Lei de Costas para permitir que se vendan as casas construídas legalmente na praia antes de 1988. A reforma segue encallada na Cámara. A Estratexia de Sostenibilidade do Litoral da pasada lexislatura, que contemplaba derribos masivos para recuperar o dominio público, segue nun caixón. O subdelegado do Goberno en Almería revocou a decisión do Consello de Ministros de expropiar El Algarrobico, algo que Greenpeace levou aos tribunais, xa que considera que un subdelegado non ten competencias para correxir unha decisión do Consello de Ministros”.
A nosa paisana Elena Espinosa aínda ha pasar a historia como seguidora de Núñez Feijóo no empeño de construír a toda costa. Xa non é que dea pena, empeza a dar noxo.

11 comentarios:

Teo dijo...

Coñezo moi ben o das naves e cerres que se fixeron arredor da praia Castelete e Canelas por Náutica Vidán en Vilaxoán (con ista barabaridade hipotecouse o paseo marítimo de Vilagarcía a Vilaxoán). Fun presidente da AA.VV.Vilaxoán ata 1996 e nin caso me facían o Sr. "socialista" Alcalde Javier Gago nin Costas nin farrapos de gaitas.
Un día os collín por banda ao pé da praia Preguntoiro a Cristina Paz Curbera xefa de Costas en Pontevedra a ao Sr. Gago, lles dixen que foran ata Náutica Vidán para ver a desfeita que fixeron pola cara. O fillo do xefe dixo que non estaba o pai, que logo chegaría. Chegou o xefe e presentou unha documentación cos permisos asinados en Ponteveda e a Xunta. Tiveron que calar. Non sei se esas sinaturas foron pola mesma Cristina ou algún alto responsable de Costas mordeu carnaza. O que si sei que houbo responsabilidades por parte do Concello en base aos permisos e por suposto de Costas. E aquí paz e despois gloria. Só eu sei as presións que tiven, faceron a vida imposible ata que dimitín. Non ía a ser que a cabeza se me fora para o carallo.
Logo outra loita polo Edificio que fixo a Xunta cunhas alturas mamotréticas que da noxo. En Vilaxoán case no vemos o mar. Ler isto daquel tempo.Son como buitres, non deixan pes nin cabeza.


http://teocf.nireblog.com/post/2007/08/16/edificio-oficial-en-vilaxoan-en-presunta-ilegalidade


E Sobre Cristina de Paz, ver o do seu chalet en Sanxenxo en pura e puta ilegalidade.


http://www.elpais.com/articulo/Galicia/jefa/Costas/Pontevedra/tiene/chale/frente/mar/zona/proteccion/elpepuespgal/20070214elpgal_2/Tes


¡Ha!. Esquecíame, Cristina foi un cargo político do PP con Fraga e o bipartito deixouna no seu sitio. Así nos foi.

Anónimo dijo...

O oportuno comentario de Teo omite un dato moi importante: a ocupación de terreos de dominio público, como os que fixeron as familias Piñeiro e Plaza, máis aló das súas propiedades, so pode estar xustificada por unha concesiós administrativa e suxeita á o exircizo desa actividade. Ai anos que aquelo xa non é a depuradora de mariscos que xustificou a ocupación de terreos de dominio público. E casi outros tantos que a concesión deuse por caducada pola Administración autonómica. Como ven sabe Teo, a actividade "legal" que agora ten lugar naquela finca xa non ten nada que ver coa depuración de mariscos, e a licencia para ocupar terreos de dominio público xa non existe, polo tanto, os novos propietarios teñen a obriga de retraer os seus muros ós vellos lindes, de maneira que os de Vialxoan poidamos dar a volta a punta sin ter que que saltar ós seus muros nin escapar dos seus cans.
Cando Don Perfeuto publico unha primeira páxina en "A Nosa Terra", fai uns poucos anos, ocurreu un feito insólito: os propietarios encheron a piscina (construida sobre dominio público), pero non a encheron de auga, senón de terra. Ou confundinronse de grifo ou realmente teñen algo que ocultar.

Teo dijo...

Para o anónimo das 10,44:
Moi ben sei de todo isto, omitino por non encher o blog, xa que disto hai moito que falar. Tes moita razón, a piscina é onde antes estab unha praiña, ao caró duns cons (dominio público). Disto teño abondosa documentación. Sei que a xustificación foi unha depuradora a Piñeiro e Plaza, hoxe ese cometido non existe como concesión. Logo están as naves ¿para qué?. Pero o máis calludo é que fai un ano acometeron un peirao pola cara, con noturnidade e elevosía, e Capitanía chamando a atención cando fan carreiras de motos de auga, preto de 30 ou 40 metros de terra.Este elemento ten que ter unhas agarradeiras de moito carallo, ¿Quen son eses resònsables políticos que consentiron toda esta desfeita?. Habelos hailos, pero están moi agochados.
Dicen que van facer o paseo marítimo de Vilagarcía a Vilaxoán. ¿Por onde?. Ou máis ben será un paseo terrestre. Coido que Gago tivo moita responsabilidade neste tema. Como vedes aínda seguiu rachando, con iso do peirao, aquí xa se impotecou moito máis ese paseo.
Quixera ver o proxecto des paseo, seguro que en nada se menten con estes que fixeron ese esnaquecamento do litoral. Sería xa o puto colmo.

Teo dijo...

No anterior comntario faltan palabras e faltas de ortografía, disculpen, xa que este puñetero teclado vaime como o carallo.

Anónimo dijo...

Cristinita, Cristinita de Paz y Curbera que bien te lo montaste. Mandastes los "GEO" a desalojar un anciano de su casa para derribarla porque te hacía sombra a tu chalet y no veias el mar.Cristinita, Cristinita, eres la mejor


http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/02/07/5527732.shtml

Anónimo dijo...

Son veciño de Vilaxoan,inda que levo 4 anos vivíndo nas Palmas,dende aqui quero saudar a Teo penso que é das poucas persoas que fan algo polo pobo de VILAXOÁN.
Tamén aprobeito para saudar a ó SR P CONDE e comentar que todos os dias doulle uá visual a sua paxina.
-TUCO TARRIO -

Teo dijo...

Estimado Tuco, penso que intentouse facer algo por Vilaxoán, pero o que se fixo non só fun eu senón tódolos compañeiros da AA.VV. Vilaxoán. Quedou moito por facer, pero cando vas contra o poder as cousas son abondo complicadas, xa que comezan a dividir(como dicía o César) e asi lles vai agora. Pensa que este país de Galicia e de España é neste momento unha farsa. Unha que farsa que está agudizada desde que comezou a transición onde goberna a dereita cunha opisición da extrema dereita. Un poder xudicial corrompido, repartido os xuices entre os dous partidos. Unha corrupción que xa a tomamos como cousa natural. Todo isto é o que temos a nivel alto. Pois a nivel máis baixo, Alcalde,Concelleiros e oposición en Vilagarcía foi o que un tiña que loitar, pero cando eses pequenos políticos ameazaban cos tribunais , xa estabas fodido.
Non é moi doado loitar nunha "democracia" actual e borbónica cando a corrupción está instalada como natural nas institucións máis importantes dun estado a cousa vai de capa caida.
Saúdos

Anónimo dijo...

Making money on the internet is easy in the hush-hush world of [URL=http://www.www.blackhatmoneymaker.com]adsense blackhat[/URL], Don’t feel silly if you haven’t heard of it before. Blackhat marketing uses not-so-popular or misunderstood ways to build an income online.

Anónimo dijo...

Genial fill someone in on and this post helped me alot in my college assignement. Say thank you you for your information.

Anónimo dijo...

i surely enjoy your own posting taste, very exciting.
don't quit and keep posting for the simple reason that it just that is worth to read it,
impatient to look at additional of your own article content, regards :)

Almiral Mouchez dijo...

Un saúdo á verdeira xente de Vilaxoán, leal, brava e valente!