Xa sei que non se debe facer leña da árbore caída, pero entón para que valen ás arbores caídas? A Emilio Pérez Touriño honrouno a decisión que tomou de dimitir asumindo a derrota electoral que padeceu hai un ano e quizais non tanto a paciencia que demostrou aguantando a soidade coa que tivo que apandar durante os últimos meses transcurridos desta lexislatura no Parlamento. Para facer o que acaba de facer, se cadra era mellor que non esperase tanto tempo a facelo.
Dito isto, hai que engadir que a súa volta á Universidade podería constituír un exemplo de coherencia política e persoal nun representante democrático que regresa ao seu punto de partida, que non é máis ca o seu lugar de traballo, a súa digna profesión. Pero o caso é que Touriño non volve á USC, que algunha vez lle negou o emprego de catedrático, por libre decisión senón porque a política galega arredouno dos seus cercos de poder. Neste sentido, quizais non poda haber algo máis significativo que a desoladora imaxe do seu derradeiro día parlamentario véndose aplaudido polos representantes do PP, algún do BNG e ningún do seu propio partido. Debeu ser duro para un home que sempre tendeu a pensar que a súa figura xa formaba parte da iconografía sagrada de Galicia.
Porque hai que dicilo sen medo a que se poda tomar por unha falta de respecto, que en ningún caso é: a Emilio Pérez Touriño, na política, perdeuno a soberbia persoal. Recibiu a andanada de merda que lle lanzou a dereita por mor da súa nunca ben explicada afección aos coches blindados e aos depachos de polígono financeiro, e limitouse a sentirse ofendido sen tomar a mínima molestia en responder como cumpría. Desengánense el e os poucos seguidores que lle deben quedar: ese foi o principal causante da súa derrota. O bipartito non foi o bo goberno que Galicia merecía, pero rematou fracasando simple e claramente polas actitudes sobradamente oufánicas das súas dúas cabezas máis visíbeis: el e Anxo Quintana. Os dous, iconicamente asociados a coches blindados e a iates de luxo que lles supuxeron unha sarna que nunca souberon –ou non lles deu a gana– rascar porque lles pareceu demasiado humillante aplicar algunha loción ZZ e acabaron coméndoos as pulgas que expandiron xornais como o ABC.
Antes de que descagara sobre as nosas costas a crise económica, xa nos chegara a crise política. Estamos gobernados por políticos de medio pelo que case nunca saben canalizar as ideas e a gobernanza cara a un desenvolvemento social, cultural e político que nos abra as esperanzas propias dun mundo de grandeza moral e de expectativas engaiolantes. Non hai máis que ver e escoitar o que din e o que fan altos cargos coma os dous conselleiros Varela de Feijóo, a ministra de Cultura de Zapatero ou Beatriz Mato e Xavier Guerra, por poñer exemplos, para decatarse que pasaron os tempos de Tierno Galván, de Santiago Carrillo, de Felipe González, de Alfonso Guerra, de Adolfo Suárez, de François Mitterand, de Mario Soares, de Jordi Pujol, de Xosé Manuel Beiras e ata de Manuel Fraga Iribarne, con todos os seus defectos.
Tamén debe ser verdade que nós mesmos –a nosa sociedade– xa non somos o que eramos. E se cadra Touriño non foi máis ca un reflexo do que nos pasa a todos. Algo non anda moi ben cando o que acaba sendo presidente de Galicia, como lle pasou a Feijóo, ten que preguntar por que as vacas levan nomes femininos.
17 comentarios:
Ten vostede bastante razón, don Perfeuto. Non é bonito espectáculo ver como o ex presidente pon fin a súa carreira política. Pero o problema é que os que ocupan o seu posto son da misma madeira. E son da misma madeira porque son os partidos politico, os seus sistemas de promoción interna e o seu marketing politico, os que provocan que cheguen ala arriba non os que teñen mais valor para a sociedade e mais valores individuais, son mais ben quenes son capazes de mergullar nesas escuras augas.
Eu son mais pesimista que vostede. Malo é que non saiban falar, malo é que non saiban rectificar os erros; peor que a soberbia ou prepotencia os cegue e os distancie de quenes os elexiron e apoiaron. Pero aina pero é que,tal como están as cousas, temos unha condena: a xente que tiña que estar alí no chega, e non chega porque para chegar ali teñen que ser doutra madeira. Rexeneración dos partidos políticos e mesmo da política.
Para min, o máis chocante é que Touriño saia da política aplaudido polos que o botaron a gorrazos de porquería: os do PP. Feijóo, por exemplo, agora ponse á súa disposición e dedícalle panexíricos, pero antes foi o que nunca se cansou de utilizar malas artes para botalo da Xunta. Este canallismo da política actual é vomitivo.
se non lesen tanto LVG, igual sabían algo do que en realidade pasou onte no Hórreo
E que pasou? Por que non nolo contas?
Pois ese presidente que non sabía por que as vacas teñen nomes femininos permítese fantasear con lúas e sabios para chamar tonta á oposición. Estamos chegando a niveis delirantes.
Así adnamos: na última enquisa, a mediocridade dos políticos xa preocupa máis á xente co terrorismo.
Boas tardes a todos.
Que lle parece, meu querido Don Perfeuto, o nomeamento do novo responsable de comunicación do goberno central, antigo compañeiro seu do que xa ten falado algunha vez no blog?
home, don Almiral, canto tempo...
e a vostede, que lle parece?
Bonsoir monsieur Mouchez:
Vostede sempre é benvido nesta praza. A respecto do que me pregunta, quero dicirlle que me parece ben o novo destino de Félix Monteira aínda que, se vostede me desculpase ter caído eu tamén algunha vez nesa trampa, o destino natural e auténtico dun xornalista está nas noticias, na opinión e na análise, polo tanto, a rúa, e non enchéndose de graxa nas cociñas dos políticos.
Don Anónimo e Don Croques: Mándolles tamén eu a maior das apertas, pero permítanme que lles comente que non estou de volta de nada... porque sempre estiven aquí.
Outra cousa é que en moitos fíos non interveña, porque nada teño que dicir que vostedes non saiban.
Gracias a todos polo seu afecto. Xa saben o moito que lles teño eu.
E como en decembro xa volverá ser Navida, se Deus quere, pois voulles facer hoxe un regalo para que o pasen ben.
O blog de.... GEA ESCOLANO!!!!!
http://www.religionenlibertad.com/blog.asp?idautor=43
(Confío en que saia o enlace; se non é así, que o poña, sil vous plait, quen saiba facelo.)
E como en decembro xa volverá ser Navida, se Deus quere, pois voulles facer hoxe un regalo para que o pasen ben.
O blog de.... GEA ESCOLANO!!!!!
http://www.religionenlibertad.com/blog.asp?idautor=43
(Confío en que saia o enlace; se non é así, que o poña, sil vous plait, quen saiba facelo.)
E como en decembro xa volverá ser Navida, se Deus quere, pois voulles facer hoxe un regalo para que o pasen ben.
O blog de.... GEA ESCOLANO!!!!!
http://www.religionenlibertad.com/blog.asp?idautor=43
(Confío en que saia o enlace; se non é así, que o poña, sil vous plait, quen saiba facelo.)
Almiral Mouchez, vostede que sabe de teoloxía: hai algún lugar na gloria celeste reservada para os escritores de blogs como Gea Escolano? Ten asegurado o reino dos ceos con eses posts?
A explicación sería a seguinte:
Entendemos que cadaquén, se quere servir a Noso Señor, o fai segundo o seu carisma... aínda que ás veces non haxa un proceso racional que o explique.
Pode ser, por tanto -é un exemplo-, que Monseñor Gea Escolano, co seu blog, probablemente non destinado a pasar á historia da literatura, estea chamando a atención sobre un feito incontestable sobre o punto de vista da fe: que a misericordia de Deus é infinita.
Ten que ser infinita e ainda así este non entra por moito carisma que lle bote.
Entra antes o rico ese que non entra por culpa do dromedario ca este. Fijo.
Vai quedar coas ganas, eso si. E dou fe. Como non!!
Xornal.com
Touriño cambió la ley que le garantiza ahora un sueldo anual de 68.000 euros
El Consello Consultivo fue modificado en 2007 para acoger a los ex presidentes de la Xunta, y el socialista podrá ejercer como conselleiro nato hasta 2016
En 2007, Emilio Pérez Touriño decidió modificar una ley que ahora le garantizará el futuro al menos durante los próximos seis años. El Parlamento gallego aprobó por unanimidad que los ex presidentes de la Xunta pudiesen acceder al Consello Consultivo como conselleiros natos al agotar su mandato. Touriño decide ahora acogerse a esta opción solo un año después de perder las elecciones. Tendrá voz pero no voto, trabajará una media de dos horas diarias, cobrará más que como diputado y lo mismo que un conselleiro: 67.689,36 euros al año.
Hasta la reforma de 2007, que fue aprobada por unanimidad por los tres partidos políticos, los beneficios de los ex presidentes se regían por un decreto de Manuel Fraga de 1990. Hasta entonces, solo en los dos años posteriores a su cese tenían derecho al 60% del salario asignado al presidente –ahora mismo le corresponderían 49.271 euros, teniendo en cuenta que Feijóo cobra 82.119–, además de un funcionario a su servicio, chófer y coche oficial. Touriño mantuvo el salario y amplió estos privilegios durante cuatro años –si mandaron una legislatura o menos– o diez años adicionales, y honras protocolarias con carácter vitalicio. Desde 2007 tienen además la posibilidad de integrarse en el Consultivo, durante seis años –con una legislatura, como Touriño– o doce, si fueron presidentes más de una legislatura. La entrada en el Consultivo, eso sí, es incompatible con el salario antes citado.
En 2007, la idea que flotaba en el aire para cambiar la legislación era el reconocimiento a Manuel Fraga, que por entonces agotaba sus dos años con derecho a salario –aunque ya ejercía como senador–. Sin embargo, tres años después la nueva normativa beneficia al propio Touriño. Según la normativa, tendrá también la posibilidad de interrumpir su mandato como conselleiro nato si desea ejercer en el futuro en otro puesto político o de la Administración, incompatible con el Consello Consultivo, y después podría recuperar el puesto y consumir el tiempo que le restase.
En 2007 fue el entonces conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, el encargado de presentar el anteproyecto de ley. Ayer lo recordó para Xornal. “Foi un acordo debatido previamente polos tres partidos políticos, e a súa necesidade fíxose evidencia desde que Fraga deixou de ser presidente. O obxectivo era darlles unha saída institucional aos ex presidentes para que o seu caudal de experiencia e contactos non se perdera ao día seguinte da súa marcha”, explica Méndez Romeu. Sin embargo, Fraga nunca llegó a integrarse en el Consultivo. “Desde o PP estiveron interesados en modificar a lei, aínda que despois Fraga tomase outra decisión”, apunta.
El Consello fue creado en la etapa de Fraga y está formado exclusivamente por juristas que son elegidos por decreto por el propio Gobierno con un mandato de seis años, en el que son inamovibles, con opción a otro. Méndez Romeu explica que los ex presidentes “aportan a súa experiencia política pero os ditames son aleborados polos xuristas”. Sobre Touriño, respeta “a súa decisión e o tempo no que a tomou. Hai demasiado morbo sobre o que fan os ex presidentes, cando despois do seu mandato case non interveu na vida cotiá, salvo tres ou catro artigos e unha ou dúas conferencias”, di.
Publicar un comentario