lunes, marzo 01, 2010
Quen é a muller que compañou a Feijóo na súa visita ao Papa?
Quen é a muller que acompañou ao presidente Núñez Feijóo na súa visita ao Papa Bieito XVI? O gabinete de prensa da Xunta limitouse por agora a distribuír tres fotografías procedentes dos servizos gráficos da Santa Sede, sen acompañar ningunha nota de prensa nin identificación das persoas que aparecen a carón dos dous protagonistas. E nunha delas aparece a muller innominada. Por outra parte, os xornais andan xa publicando outra foto, atribuída a L’Osservatore Romano/Efe, na que tamén aparece a mesma señora.
Non vaia suceder que o acontecemento remate como aquela famosa historia que contaba o célebre profesor Martul a respecto dunha visita súa á praza de San Pedro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
20 comentarios:
E quen vai ser? A ti que che importa!
O agasallo é o Códice calixtino ilustrado por Leiro. Non era aquel que non querían pagar porque lles parecía moi caro?
Pois a min paréceme algo coñecida esta señora.
Non sei quen é, pero parecía que estaba a rezar moito, non? Non leva rosarios nas mans? Se é católica, apostólica e romana, a vostede non lle ten que importar quen é, señor Perfecto. Outra cousa sería se fose unha pro abortista desas ou das que pasan dietas que non son e non se poñen a dieta!
Voltouse cronista rosa por un día?
E esa señora non será a que todos estamos pensando.
Non sei quen é esa señora, pero a súa indumentaria responde estrictamente ao que o protocolo romano manda para as audiencias privadas do Santo Padre.
O do rosario terá, sen dúbida, unha explicación nada literaria.
Se esa señora acompaña a Feijoo e a Julián (Barrio), que non aparece na foto pero estaba alí, o máis probable é que ese rosario fose entregado minutos antes por algún dos chamados prelados particulares para que despois o Papa, cortesmente, o poida bendicir.
Se, polo contrario, esa señora pertence a unha visita anterior -o Papa dedica a cada unha desas audiencias non máis de dous minutos, aínda que a través dos periódicos despois poida parecer o contrario, porque cadaquén vende a súa propia moto cando volve á casa-, o rosario foi un regalo do propio Bieito XVI.
Voulles contar unha anécdota: cando a Principita e o Principio foron recibidos por Juan Pablo II, cousa que aquí se contou como se fose pouco menos que unha visita de estado, Wojtila, que non oía ben, non chegou a saber en ningún momento quen tiña diante (só eran uns máis da cola), e chegou a preguntarlle a ela en qué traballaba.
Roma, meus amigos, é moi grande.
A capital do mundo.
Non sei quen é esa señora, pero a súa indumentaria responde estrictamente ao que o protocolo romano manda para as audiencias privadas do Santo Padre.
O do rosario terá, sen dúbida, unha explicación nada literaria.
Se esa señora acompaña a Feijoo e a Julián (Barrio), que non aparece na foto pero estaba alí, o máis probable é que ese rosario fose entregado minutos antes por algún dos chamados prelados particulares para que despois o Papa, cortesmente, o poida bendicir.
Se, polo contrario, esa señora pertence a unha visita anterior -o Papa dedica a cada unha desas audiencias non máis de dous minutos, aínda que a través dos periódicos despois poida parecer o contrario, porque cadaquén vende a súa propia moto cando volve á casa-, o rosario foi un regalo do propio Bieito XVI.
Voulles contar unha anécdota: cando a Principita e o Principio foron recibidos por Juan Pablo II, cousa que aquí se contou como se fose pouco menos que unha visita de estado, Wojtila, que non oía ben, non chegou a saber en ningún momento quen tiña diante (só eran uns máis da cola), e chegou a preguntarlle a ela en qué traballaba.
Roma, meus amigos, é moi grande.
A capital do mundo.
Interesantísima explicación a que nos dá Almiral Mouchez. Coma case todas as que proveñen da súa pluma. Fíxome especial graza a anécdota da Princesa. Seguramente lle respondeu que travalla por mellorar España, como lle dixo á súa filla cando lle fixo a mesma pregunta co Papa.
Son eu de novo, o pesado de Almiral.
Para que non digan, vou ter un pouco de mala leche:
As fotos demostran que a recepción a Feijoo en Roma foi unha mera cortesía.
O Papa está de pé, o mesmo que o presidente da Xunta.
Non hai membros da curia.
Por non haber, non hai nin cardeais da cuarta fila, dos que están retirados en Roma e ás veces chaman para estas cousas.
É que nin sequera había -miro agora as fotos con atención- un prelado particular!!!
Está alí o secretario particular do Papa.
Sobran os comentarios.
De todas maneiras, xa lles adianto que o Papa non virá este ano a Santiago, a pesar de que vai a Fátima.
Virá o ano que vén, durante unhas horas, coincidindo coa celebración en Madrid da Xornada Mundial da Xuventude que organiza o cardeal Rouco.
P.D. Tampouco vexo no foto ao embaixador...
Non vira a súa intervención, Hildegart, desculpe.
Aproveito para mandarlle un abrazo moi forte.
O que pasou, en realidade, foi que a Principita lle dixo ao Papa que estaba desexando volver a Madrid para ponerseatrabajar.
(Andaban de lúa de mel.)
Eu non coñezo a este Papa. Xamais o vin. Sei, con todo, onde ía comer todos os días: un bar do máis humilde.
E coñezo a algún dos seus colaboradores máis cercanos, desculpen a confidencia.
Mándolles a todos o maior dos abrazos.
Eu non teño o mais mínimo interese en meterme en camisas de once varas vaticanas, nen de desentrañar a identidade da acompañante de Feijóo, nen tan sequer de levarlle a contraria a mesié Almiral, pero non me digades que, fóra rosarios, cricifixos e escapularios, eses olliños non se derreten de amor "relixioso" contemplando a escea e fixándose non precisamente no pontífice. E non será a muller unha membra de Galicia Bilíngüe?
E logo non será a famosa noiva –ou compañeira– do presidente? A que acertei?
La risposta alle nostre preghiere e sopratutto al amico Civetta :
CITTA' DEL VATICANO, 1 MAR. 2010 (VIS). Il Santo Padre ha ricevuto questa mattina in udienze separate:
- Cinque Presuli della Conferenza Episcopale di Uganda, in Visita "ad Limina Apostolorum": - L'Arcivescovo John Baptist Odama, di Gulu, con l'Ausiliare Vescovo Sabino Ocan Odoki, Amministratore Apostolico di Arua.
- Il Vescovo Giuseppe Franzelli, M.C.C.J., di Lira, con l'emerito Vescovo Joseph Oyanga.
- Il Vescovo Martin Luluga, di Nebbi.
L'Arcivescovo Julián Barrio Barrio, di Santiago de Compostela (Spagna) e Seguito.
Ubi sunt?
REFERENCIA.
En Roma, meus amigos, mola máis ser sacristán de San Pedro de Cadenas que bispo de Lugo.
Por tanto, non é estraño que ao cruzar a Piazza de S. Pietro, o presidente da Xunta o faga como membro do séquito do arcebispo de Santiago.
(É malísimo o chiste, non lle fagan caso. Con indepedencia de que o que di sexa verdade.)
Pois era a tal.
E sabía o Papa que era ela?
O que temos que saber é quen paga a viaxe.
O demais, se están ou non casados, se viven en pecado ou en estado de gracia, só lle corresponden aos tribunais de Rota e a San Pietro, cando lles toque a súa hora.
Por certo, a Gamir ésta a qué se dedica?
Aló cando era neo, cría sinceramente, bendita ilusión!, que o Papa era o único ser humano en todo o planeta que tiña audiencia e falaba todos os días con Deus.
Despois de moitos invernos enriba do lombo, comprobo que non, que con quen fala é con particulares, mesmo con dous que disque cohabitan en pecado mortal. Que humilde, bondadoso e xeneroso é o Papa!
Pero esa señora está ou é maior? Moi maior...
Publicar un comentario