martes, julio 03, 2007

El País, a labazadas co goberno galego


Hoxe tardei demasiado en ler El País. Quente, máis que quente, a súa edición galega. Na sección de Cartas al director, hai tres xoias que non pasarán desapercibidas. A primeira está asinada pola coruñesa de Oleiros Ánxeles García Portela. Titúlase Voto a la izquierda e di o seguinte: "Yo voté a la izquierda en las elecciones del gobierno de Galicia porque deseaba con ahínco que Piñeiro siguiera en TVG, que los gaseros entrasen en la angosta ría de Ferrol para que sus tripulantes contemplen el bello paisaje y nos hagan promoción de la ría, para que la Ciudad de la Cultura, la obra faraónica de Fraga, se finalice por el bien de los contratistas y, cómo no, para que los ex presidentes gallegos vivan como el sultán de Brunei. Ahora que lo he logrado y cumplí mis ilusiones, espero con confianza y tranquilidad las próximas elecciones".
Non sei se esta señora ou señorita coxea ou non dalgún pé, pero paréceme que acaba de darnos aos escribidores unha lección de como se analiza a actualidade política. Polo menos a min deixoume pensativo e coido que tamén eu me vou sumir na tranquilidade de esperar as próximas eleccións.
A segunda carta chegou a El País dende Toledo. Por que dende tan lonxe? Fírmaa Julio Ortega e leva o título de El beneficio de una matanza. Tampouco tén desperdicio. Analiza a matanza de pombiños (eses animaliños que os señoritos chaman pichóns), organizada pola cadea de hoteis Hesperia e que vai ter lugar na illa da Toxa os días 6 e 15 de xullo. Segundo di o autor, acudirán centos de cazadores para matar a tiros 30.000 crías de pomba. A Consellaría de Medio Ambiente da Xunta autorizou este espectáculo digno dun Bagdad de animais a pesar de que se sospeitaba que non foron tomadas abondas medidas de seguridade e de que o chumbo dos perdigóns disparados pode danar a ría e o humedal Ramsar, declarado Lugar de Importancia Comunitaria por un Real Decreto.
Cada ún dos perdigóns a meter no corpo dos inocentes pombiños custa seis euros. Alá van 180.000 euros para que os aprendices de John Wayne podan pasalo ben. Julio Ortega lémbranos a todos na súa carta que o que acontece decote é que "las aves caen vivas con el pico destrozado, el ala inutilizada o una pata partida y en esas condiciones aletean durante horas en el suelo desangrándose hasta que mueren". A el, coma min, resúltalle repugnante "comprobar cómo basan el éxito de negocio en la masacre de miles de criaturas para el divertimento de unos cuantos escopeteros". Como indica Ortega, "existen hoy en día unas hélices que imitan muy bien el vuelo del pichón y que podrían servir para sustituirlos, pero eso sería válido si la cuestión fuese tan solo puntería o maña a la hora de disparar. Sin embargo, parece que lo apasionante del asunto es destruir vida, y que es ese hecho y no otro el que causa diversión".
Julio Ortega fai esta consecuente proclama que eu aproveito para facer miña tamén: "No seré yo quien ponga los pies en un hotel de la cadena Hesperia". Como, de momento, a penas viaxo máis que por Galicia, aquí vai a lista dos hoteis que se van ver perxudicados pola miña ausencia: Gran Hotel Hesperia de La Toja (como din eles), Hesperia Isla de La Toja (Ibidem), Hesperia Balneario de Guitiriz, Hesperia A Coruña, Hesperia Finisterre, Hesperia Ferrol, Hesperia Compostela, Hesperia Gelmírez, Hesperia Peregrino e Hesperia Vigo. Cando me decida a moverme polo estranxeiro aumentarei a lista.
A outra carta das que fago referencia é da autoría de Eduardo Cid, de Pontevedra. É a que está mellor escrita. Porén e para min, trátase da máis polémica. Arremete dun xeito destemido contra a normalización do idioma galego que acaba de aprobar a Xunta coas seguintes palabras: "En la época de Fraga la normativa sobre normalización lingüística era una estupidez paliada por el incumplimiento; ahora, esa normativa es una estupidez antidemocrática, pues aspira a ser cumplida".
O rechamante do caso é que o autor declárase militante do PSOE e "compañeiro" político de Touriño, algo que non lle impide referirse á conselleira Laura Sánchez Piñón preguntándose "cómo pudo llegar una persona políticamente tan incompetente a la Consellería de Educación". E respondendo el mesmo á súa pregunta con esta inquietante argumentación: "Dos son las causas: una, la paridad, esa caricatura de la igualdad que hace necesario que hasta en los tribunales de oposición aparezcan el mismo número de hombres que de mujeres; otra, más importante, la voluntad del compañero Touriño de no tener en su gabinete a ningún socialista que pueda hacerle sombra".
Por se esta andanada fora pouca, o tal socialista Cid engade esta outra: "Este carácter pusilánime del presidente ha traído consecuencias detestables para la ciudadanía gallega, pues ha nombrado para una Consellería fundamental a una persona sin formación ideológica, que se ha convertido en una marioneta del nacionalismo". En realidade esta carta ben podía titulalarse La venganza de Don Mendo contra Doña Menda. E agora son eu o que pregunto: a suposta pusilanimidade do presidente, en canto que tamén é presidente do PSdG-PSOE, vai impedir que o partido de Pablo Iglesias abra unha información e tome as conseguintes medidas sobre este autodeclarado militante de Pontevedra?
En suma, que a sección de Cartas al director de El País dáme a min o corpo que lle pegou hoxe a maior labazada que recibíu o goberno galego dende que está no poder. Como sigan así os lectores do xornal de Polanco hannos deixar baldados.