miércoles, julio 25, 2007
Sempre Beiras
A Xosé Manuel Beiras dalle igual que non lle fagan moito caso. El sempre vai de nunca máis a máis alá, título do libro que lle acaba de publicar o Grupo Correo Gallego e que foi distribuído o 25 de xullo polo xornal Galicia Hoxe. Por certo, para facerme con el, ás once da mañá, tiven que ir a catro quioscos porque nos tres primeiros xa se esgotaran os exemprares.
Beiras participou dende a primeira fila da manifestación e do mitin da parza da Quintana, que o 25 de xullo tamén foi de Quintana. Parecía un caribeño da costa atántica auténtico coa súa brancura inmaculada e o seu porte de señorito da Reboraina. Poucos políticos e demais persoas públicas galegas lograron nunca lucir coma el.
Os da Nikon estivemos sempre ao quite a ver se se producía a instantánea do día: un posíbel abrazo do oso ou algo así co vicepresideente da Xunta, pero polo menos eu quedeime coas ganas. Ao comenzar a marcha, fronte á Porta Faxeira, houbo un momento no que pareceu que se ía dar o caso. Anxo Quintana desprazouse tres ou catro metros para falar con Beiras, pero non houbo abrazo de oso nin sequera de donicela. Mesmo os dous déronnos as costas cando empezamos a chuzar no botón. A min deume a impresión de que ningún deles, sobre todo Beiras, querían que houbera retrato de familia que volve á casa por Nadal. Coma sempre, Xosé Manuel Beiras gardou xenio e gardou figura.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Pero Beiras non estaba xubilado?
Non é dos que só serven para xubilarse. Beiras é a nosa mente máis lúcida e Galiza precisa del para non volver nunca máis á longa noite de pedra.
Jó, tío! Saíuche redonda a frase.
Publicar un comentario