jueves, julio 05, 2007

Suicidio no Banco de Galicia

Confeso que nunca me inspiran simptía os bancos nin os banqueiros. Nin sequera son capaz de sentir polos bancarios o mesmo respecto que me inspiran o resto dos traballadores. Moitos deles, sobre todo os que se consideran “executivos”, parécenme persoas estiradas de máis, case sempre ridiculamente disfrazadas con traxes de falsa alpaca escura que os asemellan máis a unha force de frappe composta por gardacostas de Busch que a un equipo de científicos da Nasa. Por iso cada vez me inclino máis por esa moda recente da banca on line cando teño que resolver algún asunto da miña miserábel existencia contábel. Como é lóxico, sei distinguir e non se me escapa que, como pasa nas boticas, hai de todo. Bancario é, por exemplo, o meu amigo del alma Xosé Luís Alvite, que parece calquera cousa menos un empregado de banca e escribe como se di que saben cantar os anxos.
Coido, ademais, que non debo ser eu o único que experimenta esta xenreira polo mundo dos prestamistas reconvertidos en amos do mundo. Gañan cartos a esgalla. Cobran por todo. Compran o que se lles pon diante. A súa gran aportación á enxeñería comercial é o comisionismo. Apúntanlles cobros de comisión por respirar a case todos os seus clientes. Se a maioría deles tén a desgraza de verse obrigado a pasar polo infortunio dos números vermellos, son castigados coa aplicación de intereses que, de seren cobrados por un particular, non habería xuíz que non os considerase usureiros. E o píor de todo, aínda, é que se vostede tén a sorte de dispor dun suculento saldo rapidamente é considerado e tratado como Don Diñeiro, pero coidado coa súa autoestima se non é máis ca nun ninjién que se ve obrigado a manter aberta unha conta por aquilo de que agora xa non se pode nin pagar a luz ou a auga sen pasar pola puñetera ventaíña.
Quizais por todo isto sinto moita pena pola morte de Manuel González Díaz, que se pegou un tiro de escopeta na cabeza nas oficinas centrais do Banco de Galicia en Vigo. Este pequeno constructor de Lourenzá (Lugo) sabía que, unha hora antes, funcionarios dun xulgado de Mondoñedo, acompañados por gardas civís e empregados do Banco de Galicia, acudiron á súa vivenda de Santo Tomé para botalos da casa a el e a súa familia porque non lles puido pagar os cartos que debía ao banco por un préstamo. Iso que lle chaman “lanzamento” e “execución de deshaucio” no tecnicismo legal. Non lles importou que Manuel González, contra o que poda parecer nos tempos que corren polo de ser constructor, formaba parte dunha “familia humilde” nin que tivera sona de “persoa honrada e traballadora”, como lle contaron os veciños a La Voz de Galicia. “Alí –dixeron referíndose á casa embargada– non hai cochazos, teñen furgonetas de ir ao traballo e pouco máis”.
Con Alfonsina Storni, sempre son dos que pensamos que, entre as cousas seguras, a máis segura é a dúbida, pero ultimamente empezo a non dubidar de que non pisarei máis a moqueta dos hoteis Hesperia, por promover o asasinato de pombiños a escopetazos, nin terei nunca unha conta no Banco de Galicia. Aínda que me toque a lotería.

3 comentarios:

Chinto dijo...

Os banqueiros son uns samesugas que viven de chupar aos seus clientes. Cobran, efectivamente, comisións até por respirar, os moi fillos de. Ademais machacan aos bancarios que traballan para eles dun xeito intolerable. E estes polo xeral están de tan mala milk que tratan fatal a moitos clientes, como se fosen parvos aos que se lles perdoa a vida.

Anónimo dijo...

Perfecto,
Totalmente dacordo contigo no teu comentario sobre os bancos e ese mundo. Habería que engadir as grandes empresas que incrementan cada ano os seus beneficios en porcentaxes insultantes mentres os soldos dos traballadores perden valor adquisitivo. Non falemos da xente que malmorre fora do noso paradiso.
O que me parece un tanto aventurado e facer a lista que tes encetado, pronto non poderás sair da casa ou consumir máis que auga do teu pozo.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,