martes, julio 17, 2007

As Encrobas non se rinden




Teñen mérito os veciños de As Encrobas. Cando se construíu a central térmica de Meirama, hai case trinta anos, souberon significarse como os campesiños máis rebeldes de Galicia. O falecido cura Moncho Valcarce, unha especie de Che Guevara católico daquela época, escribíu con eles parte das páxinas máis heroicas da protesta cidadá galega que, xunto coa oposición mostrada tamén daquela contra contra unha proxectada instalación de central nuclear en Xove (Lugo), xa forma parte da nosa historia recente.
Como fixeran os labregos de Castrelo de Miño (Ourense) ao mediar a década dos sesenta, opoñéndose sen éxito a que Fenosa lles asulagara as ricas terras que viñan labrando de xeneración en xeneración, os das Encrobas ergueron a fouce da insumisión contra unha das dúas centrais térmicas –a outra é a de As Pontes– que máis contaminaron e aínda seguen contaminando a atmósfera e a paisaxe galegas. Os que vivimos aqueles días, nos que comenzaba a despuntar como sensíbel e gran escritor e xornalista Manoliño Rivas –daquela chamabamoslle así–, sabemos ben da fortaleza humana e solidaria daqueles homes e mulleres do concello de Cerceda que mesmo poñían a súa vida en perigo diante da represión da que os facían obxecto unhas forzas públicas que aínda eran franquistas en todos os seus comportamentos. Quen non garda na súa retina a imaxe daquela muller que erguía o paraugas contra a culata do mosquetón que esgrimía contra ela un garda civil tocado de tricornio e capa verde? A foto que lle fixo non me acordo quen –coido que foi un fotógrafo de La Voz de Galicia– rematou por dar a volta o mundo e aínda hoxe constitúe unha das iconas máis representativas da historia social galega.
A min o das Encrobas lembrábame moito o que pasara en Castrelo de Miño, algo que tamén me tocou vivir de preto, coa diferencia de que non deu lugar, como no caso de Ourense, ao desenvolvemento dunha personalidade moi salientábel do mundo empresarial galego. En Castrelo era mestre de escola e presidente da Irmandade de Labradores Euloxio Gómez Franqueira, que foi logo fundador e fac totum das impostantísimas Cooperativas Ourensenas que deron orixe ao hoxe poderoso Grupo Coren. Franqueira foi daquela un dos elementos máis movilizadores da loita campesiña contra a construcción do pantano de Castrelo de Miño. Loita na que foron fundamentais os agit-props do Partido Comunista daquela época, con Xesús Alonso Montero á súa cabeza, e a incipiente Unión do Pobo Galego (UPG) que estaba aparecendo da man de Xosé Luís Méndez Ferrín. Case me atrevería a estabrecer algunha forma de paralelismo entre o que representou Gómez Franqueira en Castrelo e o papel que lle tocou xogar a Ramón Valcarce nas Encrobas, salvando dende logo as moitas diferencias persoais que presentaban estes dous personaxes.
O caso é que o o das Encrobas non rematou aínda. Mulleres e homes coma os que había hai tres décadas na zona continúan agora a loita sobre todo na aldea de A Lousa, onde cada día que pasa vén como a central de Lignitos de Meirama, S.A. (Limeisa), filial de Fenosa, estraga boa parte dos seus cultivos e pon en perigo a súa saúde con emanacións de cinzas e materia orgánica que mesmo conteñen metais pesados como plomo, cadmio e arsénico e unha acidez extremadamente alta (Ph=1,56), segundo os etudo que acaba de facer o profesor da Universidade da Coruña Manuel Soto.
Non é de extrañar, polo tanto, que Xoán Castro Rivas, voceiro dos afetados e presidente da asociación de veciños A Outra Cerceda, sega erguendo o berro de protesta que ergueu no seu día o cura Valcarce.

7 comentarios:

mourullo dijo...

O fotógrafo de La Voz de Galicia era Xosé Castro.

Moi recomendables son tamén as novas sobre As Encrobas que apareceron aqueles días en El País asinadas por Perfecto Conde.

Perfecto Conde dijo...

Moito lle agradezo a Mourullo terme lembrado que o fotógrafo ao que me refiro no meu comentario é Xosé Castro, a quen coñezo, estimo e admiro dende hai moitos anos. Case tantos como os que pasaron dende que un barco cargado de laranxas e colchóns naufragou fronte á súa casa de Bastiagueiro.
O enlace que fai Mourullo ás fotos de Castro sobre As Encrobas, republicadas recentemente por La Voz de Galicia, reconfírmame algo que xa sabía. Que Pepe Castro é un grandísimo fotógrafo, un magnífico cronista da realidade galega. Outros que lograron máis sona ca el non lle chegan nin ás gomas dos calcetíns.

Anónimo dijo...

Quen queira saber como evoluiu o problema das Encrobas desde os 70 ate o día de hoxe.....busque o documental "As Encrobas A CEO ABERTO" dirixido por Xosé Bocixa. O seu 1º traballo é unha demostración do que se pode facer sen lardear de director de cine. Tomen nota os mediocres coma Reixa, Margarita Ledo etc
Vergonzoso é que despois deste documental de 66 minutos, non se axudase un proxecto que presentou este 2007 sobre rock galego.
Moita mafia na xunta

arremecajontodo dijo...

Ben certo. Bocixa é un polifacético sen soberbia e á man de calquera.
Canta e denuncia cos Zënzar, Fai documentais, sacha na horta , sae de marcha, traballa de xardineiro ou pon contra as cordas ao 1º conselleiro ou director xeral que o mereza....
O certo é que é vergonzoso q logo do seu primeiro documental, o ignoren desde este goberno amigo da cultura con censura....en Cerceda sabenno ben.E na Galiza tamén.
Un tipo de fiar este bocixa, asegurovolo

susi dijo...

Como podo conseguir ese documental?

Anónimo dijo...

Podes mercalo nas web de Biblos, contactar con ibcinema, co bocixa etc
En internet tes algo colgado buscando polo título, pero nada que ver coa pelicula enteira.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,