viernes, julio 20, 2007

Uvas (podres) na solaina

Lendo a Alfredo Conde en El Correo Gallego, xinmasia intelectual que acostumo practicar case a diario, entérome de que é bo para a saúde mental ler o blog de Marcos Valcárcel, As uvas na solaina. Entro, pois, nel e, con algo de retraso, esbaro sobre determinadas apreciacións que fan acerca dun comentario que asinei nestas páxinas hai poucas semanas referíndome á entrada do empresario Xacinto Rei no accionariado do xornal A Nosa Terra.
Un tal a.p.-c., por exemplo, calificouno de "demoledor", e Xosé M. González di que é "radicalmente persoal" e que me converte en "voceiro de suspicaces con causa". Evidentemente, os dous levan razón, polo menos en parte. Meus queridos foreiros de Marcos Valcárcel, eu sonlles radicamente persoal. Así que acertaron. Só fodería que fose superficialmente colectivo, vaia! O de demoledor déixoo para os bulldozeres das constructoras, e o de ser voceiro de suspicaces con causa ou se ela, que queren que lles diga? Pois que á miña voz abóndalle con expresarse no meu propio nome. Non preciso "vocear" a ninguén nin a ninguén lle fai falta o meu "voceirismo".
Sobre o que opina de min un tal Anónimo en asuvasnasolaina.blogspot.com quero facerlle algún comentario. Di que o que eu escribín lle parece "xustificativo" da miña opinión e, como se fora a luz que tirou a Saulo do cabalo, aporta esta explicación: "Hai moitos anos que lle oín (sic) que el se vendería encantado como xornalista se encontrase quen o comprara. Ou sexa, que non se entende moito esta diatriba, ademais chea de tópicos rancios ("Nada de nacionalista, que son moi viaxado")".
En primeiro lugar, anónimo comedor das uvas solaineiras de Marcos Valcárcel, vostede para atribuírme unha manifestación tan contundente non debería esconderse na testemuña anónima, é dicir na intestemuña. Compriríalle ter o valor de dar fe a cara descuberta. Ata tería que ser vostede máis concreto e apuntar cando e onde me escoitou a min dicir tal cousa. Teño que engardirlle, ademais, que me deixou algo celoso de Valcárcel. Home, asignarme unha expresión de ideas tan discutíbel, ademais de facelo con nome e apelidos, ben o puido facer vostede no meu blog, de momento moitísimo menos proteico que asuvasnasolaina, e así axudaría a que me subiran algo as visitas, que boa falta me fai. Alégrome, polo demais, de que lle prestara esa cuota de pantalla ao escritor ourensán, aínda que esta práctica contradiga algo o vello saber de que os cans poucas veces comen carne de can.
De calquera maneira e independentemente de se me escoitou dicir iso ou non, son tan capaz de admitir que podía dicilo que ata podo repetilo agora, ou vostede non vendería o seu traballo polo prezo que lle deixaran marcar? Alén de todo, non é iso o que estamos a facer os asalariados mes a mes e, por certo, a prezos que non nos deixan poñer a nós? Ademais, meu anónimo comedor de uvas solaineiras, ou non é vostede galego ou eu ás veces exprésome mal e non logro que me entendan a retranca. Un pode dicir tranquilamente que se vende polo que nunca lle van pagar ou que vai comprar o castelo de Drácula, que por certo xa foi mercado, e quere iso dicir que é un "vendido", que é o que vostede parece insinuar, ou que é máis rico ca Bill Gates? Dáme a impresión de que vostede non é dos que entenden ben as cousas. Haberá que repetirllas.
Pero aínda hai outro comunicante de Valcárcel –vai ter que poñerme en nómina para que suba o seu contador de visitas– que tamén se ocupa da miña humilde figura. Di un tal Leituga que supón que eu podía estar pensando "nun despido cunha boa indemnización, previa á xubilación". Este si que ou é parvo ou aínda entende menos e moito peor as cousas que o anterior Anónimo. A ver, alma cándida, como vou eu aspirar a unha boa indeminización por despido nunha empresa na que non chego a catro anos de antigüidade e na que cobro menos dunha cuarta parte do que me pagaron na maior parte do exercicio da miña profesión? Ademais, quen lle dixo a vostede que eu quería facerlles tal falcatruada aos meus actuais empregadores que son, antes que empregadores e moi por riba diso, amigos e compañeiros meus? Algúns dos que me coñecen din que acostumo ser moi vehemente, pero deben estar equivocados porque aínda non lle chamei a vostede máis que parvo. Direille algo en francés porque sei que tampouco me vai entender: Laissez vous de faire des conneries, putain!
Para terminar e como vexo que entre a miña impericia para expresarme rentranqueiramente e a dificultade dalgúns para entenderme cando falo en solfa poderían producir un para min indesexábel diálogo de xordos, comunícolle aos meus lectores que tomo a determinación de retirar do meu blog o comentario que motivou esta diatriba e que se titulaba El trepa y la nación. Fóra con el! E aproveito para pedir desculpas ás persoas de ben que puideron molestarse con todos o algún dos criterios que se expoñían nel. Fiat pax in virtute tua.

Nota bene: Ah, iso de xulibarme que o vaian quitando da cabeza os comedores de uvas solaineiras. Os vellos rockeiros podemos morrer, pero non nos xubilamos nunca.

5 comentarios:

carqueixa dijo...

Ainda que non se corresponde co tema, A Mezquita do Sr. González Seara, o que chegou a Ministro coa UCD, pertence ao Concello da Merca. A Mezquita, da Srta. Caldelas a dona de Baltarín, pertence ao Concello da Mezquita, ao pasar a Gudiña. Só é un pequeno matiz.

Anónimo dijo...

Sr Conde: non se xubile que xa hai moita xente áfona demais pero coido que vai necesitar a axuda de Nivardo Castro a quen vostede tanto axudou para estas novas leas.

Xosé M. González dijo...

Sr. Conde, teño unha puntualización que facer e vai ser aquí, que cando posible sempre é mellor a comunicación directa có correo secundario.

Se digo que vde. se converte en portavoz de rebeldes con causa, non aludo a portavocía asumida voluntariamente. Renitencia -permita que interprete así o seu punto de vista- coma a expresada na entrada que nós comentabamos é sen dúbida compartida por moitos outros, seguramente non poucos lectores d' "A Nosa Terra" entre eles; entendo hipótese razoable que polo menos algúns se identifiquen cos seus argumentos: e velaí o temos como voceiro posiblemente non intencional, ao mellor tampouco disgustado.

Non lle vou explicar que na miña expresión hai unha chusgada de ollos a certo título cinematográfico; non é gran cousa en termos de retórica, e espero que non redundase noutro factor de incomodo. O resto non o comento, as súas cualificacións son cousa radicalmente persoal, se non leva a mal que me reitere.

Un saúdo.

Perfecto Conde dijo...

Sr. Xosé M. González: Agradézolle a súa puntualización e a xenerosidade de visitarme na miña, que é a súa, casa. A renitencia que me atribúe representar coido que non dá para facer de min un James Dean de licor café, aínda que lle confeso que me encantaría mirarme nos ollos de Nattalie Wood, que foi unha das miñas musas do celuloide. Comigo Nicholas Ray non podería facer un "Rebel without a cause" senón un simple "Por un lado xa o ves e..."
E como lle vou levar a mal que se reitere no da miña radicalidade persoal, se é algo do que estou moi orgulloso? Un día destes fundarei o Partido Radical Persoal (PRP), xa que o do Orgamo Esmerado (POE) colleriame algo a destempo.
En fin, que foi un prazer intercambiar pareceres con vostede. Non estaremos manifestándonos con demaisada cortesía? Ata podiamos semellarnos a Otero Pedrayo falando con Castelao (escolla vostede o que lle vaia máis a xeito).
Saúdos e agardo poder seguir aprendendo de vostede. Xa sabe onde me tén.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,