martes, agosto 07, 2007

Molina referíuse por fin á Consellería de Cultura


O desencontro entre os titulares das culturas oficiais galega e española, Ánxela Bugallo e César Antonio Molina, respectivamente, está transcorrendo con pouco ruído. Quizais por estarmos en período de vacacións ou porque estean analizando a fondo a cuestión, no BNG tardan en aparecer reaccións oficiais sobre este asunto. Parece como se quixeran que morra o conto o antes posíbel xa que non poden despachalo como "asunto privado", que foi a calificación que lle otorgaron ao acto de insubmisión protagonizado pola directora xeral Encarna Otero.
Mentres tanto e no segundo día da visita oficial do ministro de Cultura, que transcorreu hoxe na Coruña, César Antonio Molina referíuse por primeira vez á súa colega de Galicia pedíndolle ao alcalde coruñés, Xavier Losada, que traslade á Consellería de Cultura a necesidade de envíar, antes do 15 de setembro, o correspondente expediente para tramitar a solicitude de que a Torre de Hércules sexa declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade. Ve vostede, señor ministro poeta, como lle tiña algo que contar a Ánxela Bugallo se tivera a ben encontrarse con ela? Jack Lang actuaría doutra maneira, non o o dubide. Vostede quixo parecerse máis a Federico Sánchez que a Jorge Semprún.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Como de moitos, tamén do vate Molina Sánchez poderíase decir "dente lupus, cornu taurus petit"...

Anónimo dijo...

Este tal poeta ministro Molina non se dignou acompañarse da conselleira galega de Cultura, algo que lle debería ser propio, pero tivo moi a ben comer na Coruña con Paco Vázquez e outros conmilitóns do PSOE.
Hai que dicilo dunha vez, agora non temos un ministro de Cultura. Temos un aspirante a cacique galego que viaxou á conta do Estado a Galicia para montar a súa tenda electoral. Só así se entende o seu comportamento. Que papel xoga en todo isto o baixoperfilado Touriño? Facer de comparsa e aguantar dous anos no poder. Se cadra, mentres tanto, aínda se amaña algunha vidiña. Pobre socialismo galego e pobre Pablo Iglesias.