martes, agosto 14, 2007

Tangentopolis de Gaiás






Se cadra sen querelo moito, a CIG acaba de dar un paso transcendental para o esclarecemento do que pasou e do que está a pasar coa polémica Cidade da Cultura. Levar diante da Fiscalía a análise do Consello de Contas para "depurar e esixir responsabilidades das autoridades e persoal ao servizo da Xunta que polas súas accións foron determinantes para a malversación e despilfarro de fondos do erario público e que teñan incorrido en dolo, culpa ou neglixencia graves" ben puider converterse no gouño que comenza a rodar monte abaixo e ninguén sabe onde vai parar nin se acabará esmagándolle a cabeza a alguén.
Aínda que aquí non se leven aínda fenómenos xudiciais tipo Mani pulite (nada que ver con ese sindicato ultraconservador chamado Manos Límpias que foi fundado polo ex dirixente de Fuerza Nueva Miguel Bernard Remón), e a pesar de que moitos dos nosos xuíces saen máis nos xornais por dicir parvadas contra o galego que por parecérense a Giovanni Falcone ou a Antonio Di Pietro, a iniciativa do sindicato nacionalista é unha desas cousas que se sabe como empezan pero non como van rematar. E, sobre todo, é como as obras: nunca se sabe cando acaban.
Se o tema cae nas mans dun fiscal que se queira lucir, que se vaian preparando varias ducias de políticos e xestores públicos do mandato de Manuel Fraga. Unha investigación xudicial rigorosa da suposta malversación de fondos públicos que se puido derivar do desfase orzamentario sinalado polo Consello de Contas, os cobros recibidos polo arquitecto norteamericano Peter Eisenman, as condicións adxudicatorias, as cantidades recibidas polas empresas colaboradoras e subcontratadas, o presunto descontrol da contratación de persoal da Fundación Cidade da Cultura, irregularidades na vixianza das obras, etc. será moi longa e difícil, pero ninguén pode asegurar que non nos valla para resolver dunha vez o futuro nome desa paiasada oficial que foi poñerse a furar o monte Gaiás. Que tal se acaba chamándose Tangentopolis, que foi como os de Mani pulite bautizaron a Milano de Berlusconi? De confirmárense as sospeitas da CIG, baseadas no informe do Consello de Contas, sería un nome apropiado. Tangentopolis (cidade da corrupción) de Gaiás. Que lles parece?
De iren as cousas por este lado, eu tampouco estaría moi tranquilo se formara parte do bipartito que preside Emilio Pérez Touriño. E sobre todo da parte que vicepreside Anxo Quintana. Aos sucesores de Fraga faltoulles a coraxe de agarrar a vaca polo cornos para parar a desfeita de fondos públicos que representa o proxecto máis alucinante que concebíu a política galega cando preñou de soberbia. Touriño, Ánxela Bugallo e o seu parente alcalde de Santiago, Quintana e a súa troupe (intelectuais orgánicos e farándulas comprendidos), lonxe da consecuencia que puideran merecer as súas críticas anteriores a chegaren a gobernar, subíronse ao carro do faraón e quixéronse apropiar da pirámide da Gran Esfinxe. Entretivéronse facendo e desfacendo, é dicir, facendo pouco máis que algún pavero concurso de ideas. Falaron, entre dentes, de que había que correxir a desfeita, pero a muralla chinesa seguíu levantándose pedra a pedra, ou sexa, millón a millón de euros. E, agora que o Consello de Contas destapou a caixa dos tronos, púxeronse eles tamén a relustrar. Xa o diciamos nós, viñeron contarnos. Como no conto do da Vespa que se saíu da estrada e tivo que aturar os berros do que levaba de paquete. E se a viche por que non avisache?, habería que responderlles agora.
Eles ver vírona, pero non avisaron á Fiscalía como acaba de facer a CIG. Teñen, polo tanto, algunha responsabilidade no que se poda acabar descubrindo xudicialmente. Se se demostra, como supón o sindicato nacionalista, que houbo malversación, delicto que consiste na substracción ou emprego inadecuado de fondos públicos efectuada ou consentida por un ou máis funcionarios públicos, non son os gobernantes actuais –algún deles polo menos– supostos culpábeis de encobrimento posto que coñecían o que pasaba tal e como agora repiten? Cometeron supostamente o delicto de receptación dado que recibiron coa boca calada unha obra pública obxecto de malversación, é dicir, substracción ou emprego inadecuado de fondos públicos? Que ben o pasaría Baltasar Garzón instruíndo un caso así.
Hai que darlle tempo ao tempo.

6 comentarios:

Linteo dijo...

A grandísima maioría dos "intelectuais" galegos están todos caladiños sobre o asunto, á espera que lles caia algunha sinecura fetén no imenso choio da Cidade da Cultura. E é que mercar un coche novo de sete quilos, pegarse unhas vacacións exóticas e caras, e construírse unha segunda residencia, é moi caro. ¡Sexamos comprensivos! Todo sexa por "facer País": ou sexa, por facer caixa.

xerfa (mirabile visu) dijo...

Coa novidade de por a interrogación so ó fin da frase, o séu sentido non se acada ata finalizarla, xuntando emoción á indefinición: ¿u-la economía da linguaxe?

metèque (qui vivra, verra) dijo...

Qui se resemble s'assemble...

Metadona dijo...

Va te la faire foutre, bougnoule! (Dirixido a Metèque).

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,

Anónimo dijo...

http://markonzo.edu http://aviary.com/artists/Steam-Cleanerss http://jonesprinc.com/members/Helzberg-Diamonds.aspx http://aviary.com/artists/mohawkcarpet haikou ailments http://tempurpedics.ning.com/profiles/blogs/tempurpedic-pillowcase