viernes, mayo 09, 2008

Almiral Mouchez puntualiza o caso Rouco Varela

Almiral Mouchez, competente e ilustrado participante en varios foros de Internet, acaba de colgar neste blog unha interesantísima disertación sobre o caso da sobriña espida do cardeal Rouco Varela. Como sei da fiabilidade que teñen sempre as palabras deste home –poseedor, entre outras boas condicións, dunha das mellores plumas de Galicia, serían moitos os que se sorprenderían se se dese a coñecer a quen corresponde o pseudónimo– non só saúdo con agrado a súa aportación de comentarista senón que me prace salientar o seu comentario traéndoo a primeira páxina. Almiral Mouchez di o seguinte:

Ultimamente teño que saír tanto en defensa de Rouco Varela (de familia moi levada coa miña, si señor, para xa ven vostedes o que eu lle debo...) que xa me empezo a preocupar de maneira seria. Pero neste caso tampouco podo evitalo, porque nada do que se está a dicir é verdade. Miren vostedes, esa rapaza, á que eu non recordo, pero creo que si ao seu pai, non di a verdade. E crean que non me gusta citar, baixo un seudónimo, a persoaas que non se poden defender. Mais o certo é que a cuestión nin sequera se parece ao que se está a dicir. Rouco fixo, no seu día, ben. Eu, no seu caso, tería feito exactamente o mesmo. Miren: O hoxe cardeal tiña e ten unha irmá, Visita, un tanto raiante pero boa muller. Grazas a Deus aínda lle vive. Ela, Visitación, quedou moi nova viúva e con catro nenos. Nunha situación económica dificilísima. Permítanme obviar os detalles. Cando os seus pais -aos que ela coidara- morreron, Tucho estaba en Alemaña. Xa se ordenara sacerdote, e era un profesor novo. Acordaron partir o capital, e el díxolles: Mirade, eu son sacerdote, e para min non quero nada. Amañade vós a vosa maneira. Pero a casa deixádella a Visita, que está aí cos nenos, e foi quen coidou a papá e mamá. E os seus irmáns, incluído o pai desta pajarita do Interviú, dixeron que diso nada, que todos tiñan fillos, e que a cada un o seu. Fíxense vostedes que incluso chegaron a provocar que a casa na que Visita estaba cos fillos saíse a subasta..! E Rouco, que non tiña os cartos pero que os buscou (isto non o sabe case ninguén, agora sábeno vostedes), pediu os cartos onde puido. Dise que llos deixou quen hoxe é un importante coengo en Santiago. Falso. Eu creo que foi un dos poucos galegos dos que se sabe que non quixo ser bispo, poeta extraordinario e sacerdote queridísimo. Pero iso dá igual. O caso é que Tucho lle comprou a casa a Visita, en silencio. Pero iso si, despois díxolles aos irmáns, con todo o sacerdote que era e hoxe un señor cardenal de la santamadreiglesia: ASÍ O BUSCASTES, E ASÍ QUEDA ISTO. O QUE QUIXESTES, FOI. PERO QUE SAIBADES QUE NUNCA EN VIDA MIÑA ESTE CAPITAL SE PARTE. QUE LEVE AS LEIRAS QUEN QUEIRA, QUE COLLA A AUGUA QUEN A PRECISE E QUE COLLA A HERBA QUEN TEÑA FALTA DELA, PERO MENTRES EU VIVA ESTE CAPITAL QUEDARÁ SEN PARTIR. Así fixo, e fixo ben. Almiral Mouchez

10 comentarios:

Hildegard Canido dijo...

Realmente está ben contado o que nos di Almiral Mouchez. Di Conde que é unha das mellores plumas de Galicia, e ata pode ser verdade. Sen entrar na veracidade que parece derivada da presentación que lle fai Conde a Mouchez, o seu comentario é, en si mesmo, unha auténtica narración galega. Parece tirado dun relato de Otero Pedrayo.

Anónimo dijo...

A segunda entrega de Interviu ten que poñer o cardenal en pelotas, para ver quen ten mais razóns. Terá o cardeal un par razóns entrwe as pernas?
Lean o proximo número

Carqueixa dijo...

Txapelduna, como din os vascos, Sr. Mouchez e Don Perfeuto.
Por algo algúns lemos as opinións que hai que ler.

Anónimo dijo...

Xa se pasou o último anónimo. Para ser cardeal non ten por que ter o que el pide. Nin ten por qué nin lle fan falta.

Anónimo dijo...

Home, tanto como falta fáranlle. Polo menos para algunhas cousas. Ou é que nin sequera mexa auga bendita?

O mundo non se acaba dijo...

Eu tamén sei quen é o Almiral Mouchez. E, en efecto, ten boa pluma (e centos de páxinas). E vindo del, acredito na súa versión.

Reciban don Perfeuto e don Almiral un saúdo.

Anónimo dijo...

Boas tardes a todos.

Don Perfeuto, meu admirado amigo: Que quere que lle diga...?

O afecto verdadeiro, coma o seu, sempre me emociona. E agradézolle que diga iso da pluma, que non sendo certo axuda a escurecer a máscara, e xogamos mellor.

Vaime permitir, abusando da súa hospitalidade, que ademais de saudar a todos os nosos amigos (tanto aos que interveñen como aos que non o fan, pero están aí), responda por escrito a dous dos seus lectores, amigos comúns tamén, que me chamaron esta mañá por teléfono despois de pasar polo seu blog.

I)Meu querido ex-parlament(...) e ex-alcal(..): Por aí non trabes, que só hai óso. Ti sabes mellor ca min que Rouco non é quen aparenta ser. É un home dominado, desculpa a licenza, polo seu propio personaxe. E enfermo de desconfianza.

Que lle debemos nós QUEEEEE...??? Se te refires á nosa Diocese, mellor calo. Se te refires á algún familiar ou a algún amigo meu, que creo que é o que insinúas, permíteme unha aclaración.

O día 24 de xullo do pasado ano, co grande bispo Araúxo de corpo presente en Ourense, os prelados de Galicia (teoricamente todos, pero en realidade non: L.Q. propuxo outra cousa)e Camilo, o de Astorga, acordaron dirixirse ao Nuncio para pedirlle que o sucesor de Frei Xosé Gómez na mitra de Lugo fose un bispo do mesmo talante que o franciscano, a aquelas alturas xa moi enfermo, e que o que acababa de falecer. E deron un nome que non se che escapa.
Como sei que estas cousas, raramente escritas, case non son secretas para ti tampouco, conto o que non debo: a terna saíu para Roma, porque ao Nuncio pareceulle ben.

Primeiro, na teoricamente secretísima proposta elevada á Santa Sede, ía quen ti sabes. Segundo, Raúl Berzosa, auxiliar de Oviedo. Terceiro o sobriño de Tucho, Alfonso, fillo tamén por certo de Visita. O resto da historia xa o coñeces.Do cabreo do Nuncio, nin che conto.

2)Meu querido ex-libreiro: Rouco leva feitas moitas cousas que non vou adxectivar. Dividiu a Igrexa. Impediu o ascenso ao episcopado de persoas ás que vetou etiquetándoas de nacionalistas. Entre os galegos non poño exemplos. Entre os cataláns, si: o abade de Montserrat.

Pero, co seu, non hai persoa máis xenerosa do mundo. Non pode saír da casa con 50 euros no peto (xa non digamos con 100...) porque llos dá ao primeiro que pasa. E, iso si, procurando sempre que non se entere ninguén.

Grazas a todos pola súa atención... e por existiren.

Almiral Mouchez

a ovelha dijo...

almi, andabas por aki?

mira que te teño buscado!!!!

e entón,...., quen dín estes que ves sendo?

ti sabes algo?

Anónimo dijo...

Boas tardes a todos.

Vexo aquí, hoxe case por casualidade porque é un fío de días pasados, o recado de quen creo que é unha vella amiga da Rede, a nosa querida Ovelliña.

Aproveito para lle mandar mil bicos, se ve isto.

E aínda que ela non o vexa, para dicirlles a todos vostedes que é unha magnífica contertulia, e que oxalá poidamos contar coa súa presenza.

Almiral Mouchez

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,