jueves, mayo 08, 2008

As cousas, claras

Buf! En 19 anos que traballei en Interviú nunca me abrumaron os centos de miles de lectores que tiña cada semana. Nin xamais me paralizaron as ameazas que recibín cando publiquei La conexión gallega, del tabaco a la cocaína. Ou as contínuas demandas que me obrigaron a pasar polos xulgados por culpa de variopintos poderosos que se sentiron tocados no que pensaban que eran intocábeis. E resulta que agora pódenme preocupar dous ou tres merdáns –a liberdade de expresión tamén me asiste a min– que tratan de emporcar o meu modesto nome con mentiras e falacias. Podía non contestarlles e ata penso que se cadra era o mellor, pero por se acaso alguén pensa que calando otorgo, vou colocar algún punto no seu sitio.
Primeiro e dirixido ao Anónimo que cuspe veleno dicindo que "o de votar nacionalista se cadra foi porque estivo (eu) a soldo desa organización política (o BNG)", tome nota do seguinte este pésimo autor de cantigas de escarnio e maldizer:
Nunca na miña vida traballei a soldo de ningunha organización política nin penso traballar endexamais. E non o digo porque despreze aos que o fan. Nas organizacións políticas traballa moita xente honesta e competente que presta, cando lle deixan, importantísimos servizos á democracia e ao desenvolvemento político e social. Durante catro anos traballei a soldo do Concello de Ferrol, como xefe do Gabinete de Prensa, nun goberno de coalición integrado por nacionalistas do BNG e socialistas do PSdeG-PSOE. Quero dicir que traballei moi a gusto co alcalde nacionalista Xaime Bello, un home íntegro, honorábel e tolerante como hai poucos na política do sillón. Ou cos socialistas Bonifacio Borreiros e Amable Dopico, por desgraza xa falecido o primeiro, e o segundo integrante da nómina dos meus amigos. Hai pouco atopeino no aeroporto parisino de Orly e gustounos aos dous darnos un abrazo. Con María Luísa Sabio, con Xosé Lastra, con todos e con cada un dos concelleiros –incluídos os do PP– que formaron a Corporación ferrolá coa que me tocou desenvolver a miña función.
Fun nese posto cargo de confianza e designado, polo tanto, a dedo, pero cumpríndose estrictamente a legalidade vixente, e teño ben claro que nin os gobernantes municipais ferroláns daquela época pensarían en min para esta designación nin eu aceptaría tal cousa se non mo pedira o meu primo carnal Xosé Lastra Muruais, daquela conselleiro delegado de Urbanismo e xestor clave da política municipal nacionalista da cidade de Pablo Iglesias e de Ricardo Carballo Calero e que non debeu ser nunca de Franco.
Capici alora, anónimo cuspidor de veleno? Nunca fixen nada a soldo de ningunha organización ou partido político. E dígolle máis, só militei nun destes aparatos, o Partido Comunista de España (PCE), que abandonei xa no ano 1970. Que lle vou facer, nisto fun absolutamente monogámico e ata pode ser que unha migalliña de máis monográfico.
Tamén me lanza á cara o tal anónimo envelenado que “aquí o que se precisa é xente que arrime as costas para erguer a Nación galega”. Home, aí se cadra acertou. Eu o que se di “ossianesco” non lle son moito (ande e corra a Google para ver de onde tomo o adxectivo, porque vostede seguramente nunca oíu esta palabra).
Outro envelenador, igualmente anónimo, off course, di que os “escribidores” coma min “son os que están a foder a Nación galega” e que eu son algo pior que un “renegado”. Recoñezo que me chamaron moitas cousas, pero nunca me alcumaran deste xeito. Renegado? Renegado de que? Como non sexa da fe cristiana que nin sequera estou totalmente seguro de que a perdera toda! Que lle vou facer? A min esta linguaxe súa sóame a mala música “aiatolística”.
E aínda hai outro, ou se cadra é o mesmo, que me convida a decirdirme a votar dunha vez polo PP, “xa que tanto sae –di el– en defensa dos seus alcaldes”. Fódase pa! Vostede é parvo. Confunde totalmente o touciño coa velocidade.
Aínda así, quero dicirlles algo a todos: celebro que vostedes e máis eu vivamos nun país no que se poden dicir estas cousas libremente. Non comparto o que din de min, pero daría a vida porque vostedes e máis eu podamos decir o que queiramos. Sei que están equivocados, pero a liberdade de enganarse forma parte felizmente da atmósfera na que respiramos o ar democrático.
Que Prisciliano, en Tréveris ou en Compostela, nos teña na súa beizón. Amén.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Atopamos de novo o verdadeiro don Perfeuto. Canto máis se cabrea, gostame mais. Quen carallo lle vai dar leccions a don Perfeuto de bo uso da libertade de opinión, ainda qued sexa para levarlle a cvontraria a un mesmo. Medo me dan os defensores da patria gallega que non escoitan a crítica como a mellor maneira de mellorar o país. Mans as carterias, chegan os integristas de novo cuño!
Ninguen argumentou en contrario de don Perfeuto e todos centraron as suas voces en descalificar o autor da crítica.
Perfeuto non sei si merecían a réplica os que descalifican e non discuten.
¡Miña madriña! ¡Don Perfeuto no PP! ¡Nunca tal escoitei!

Anónimo dijo...

Moi ben, don Perfeuto. Dacordo co que di. Agora ben, estará comigo que xa que os Alcaldes poden chamarlle “mafia siciliana”, tamén o Capitán Quin ten dereito a rescindirlles os contratos e darlles o que lle daba antes Fraga. Nesto último, podemos ter en conta o de “pacta sum servanda”, mais isto xa é entrar no campo xurídico, e neste eido habería que resolvelo, porén no do Capitán Quin có dos Alcaldes estamos no eido político e se uns poden facer o que queren o outro non vai ser menos, aínda que eu se fose o Capitán Quin non o rescindiría unilateralmente, primeiro avisaríaos e, de seguir coa teima, despois faríao.

Anónimo dijo...

Carqueixa: Unha pequena aclaración. Fai ben vostede en lembrar o antiguo principio de "pacta sum servanda", pero non vexo que lle faga moito caso. Como é lóxico, a rescisión dun contrato ou convenio, sempre que non se faga de mutuo acordo entre as partes contratantes, está sometido a determinados e lóxicos procedimentos que han seren cumpridos so pena das correspondentes responsabilidades que poden dar lugar a indeminizacións ou a sometemento penal, no caso de que a tal rescisión conleve a comisión de delito.
Unha rescisión unilateral, como parece ser o caso do que fixo o vicepresidente da Xunta cos oito alcaldes do PP, daría pouco para discutir diante dun tribunal de Xustiza ao que só se lle puidera achegar como razoamento que a parte contraria me insultou. O tribunal diría: moi ben, pois proceda vostede legalmente contra o insultante, pero de paso cumpra o que contratou.
Eu xa sei que o caso non vai dar en nada. Os do PP utilizarano politicamente, pero non van pasar de aí. Non me extrañaría nada que, pasados algúns días, Quintana e os alcaldes do PP escenificaran algunha escea de sofá botando "pelillos a la mar", pero se alguén se empeñara en levar o líder do BNG aos tribunais quizais podería rematar sendo implicado en suposta comisión de delito de prevaricación. Xa se sabe, por tomar unha decisión inxusta ou arbitaria a sabiendas de que era tal.
Bueno, sería chocante que o sucesor de Beiras rematase a súa carreira como acabou a de Xosé Luís Barreiro. O que xa dudo é que fose contratado por "La Voz de Galicia" para escribir artigos de pedagoxía política. Non deixa de ser curioso o caso que orixinou o "calentón" de Quintana.

Anónimo dijo...

Quen é esta Hildegard Canido que coida saber tanto? Podía collela Quintana para subsituír ese dilettante relambido que trouxo da Coruña cando se lle foi Antón Losada.

Anónimo dijo...

Pois non estaría mal ver ao Vice no xulgado por ese motivo.
Comportamentos tan penosos indican claramente a vontade caciquil, modelo nacional-popular.
Lembra-me aquela declaración de Manolo Fraga: "Eu teño os cartos".

Anónimo dijo...

Tanta nazón galega e e tanto rabo de gaita, e as listas de espera medrando na sanidade pública. A xente sen saber como chega a fin de mes e a nosa patriótica empresa Inditex engordando millóns co plaxio de deseños. Este país ou nazón será, pero das Quimbambas.

Anónimo dijo...

Disculpe: das "Quin Bandas".

Anónimo dijo...

Sr. ou Srta. Canido, xa dixen que o acontecemento pertence ao eido político e aquí hai que resolvelo. Se entramos no eido xurídico daría dabondo para falar; sei e manteño que o Capitán Quin debera coidar un pouco , ou un moito, as formas, mais xa sabe quen a ferro mata a ferro morre. Ainda que non foi moi "xurídica" a resposta do Capitán Quin, si penso que foi "politicamente" atinada a resposta ao ataque de "mafia siciliana".
Dende de logo que, e aquí estou totalmente dacordo con don Perfeuto, se un ocupa un cargo institucional e de referencia ten que dar máis mostras de seriedade e saber estar no cargo e dominar as arroutadas; nesto si penso que o Capitán Quin meteu a gamba.
Saúdos

Anónimo dijo...

Non lles faga caso, don Perfeuto, a eses descerebrados que o inxurian. Que lles dean!