sábado, mayo 10, 2008

Galegos/Gallegos

O próximo mércores, 14 de maio, ás 20 horas, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago, será presentada a nova revista Galegos, publicación trimestral dirixida ao mundo da galeguidade que se extende por todos os continentes. Dirixida polo xornalista-escritor Carlos Reigosa e editada por Alexandro Diéguez, de Ézaro Ediciones, esta publicación proponse espallar a realidade galega actual, en calquera das súas manifestacións, dende a pluralidade independente e a visión de futuro.
Para levar a cabo os seus propósitos, os responsábeis de Galegos integraron un variado equipo de colaboradores que proceden das máis diversas especialidades e da totalidade das posicións culturais, sociais e políticas. Firmas comas de Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Barreiro, Xosé Manuel Beiras, Luísa Castro, Vítor Freixanes, Carlos García Martínez, César Antonio Molina, Fernando Onega, Manuel Rivas ou Francisco Rodríguez, entre moitos outros, figuran no staff de colaboradores habituais da revista.
Longa vida a Galegos/Gallegos.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

E o Francisco Rodríguez é o Paco da UPG? Beiras será o Beiras e Alonso Montero, Alonso Montero. Vaia mesturanza. Hainos que non se enteran por onde vai o mundo.

Anónimo dijo...

Creo que será unha desas revistas (por desgraza, hoxe non moi abundantes...) que dá gusto comprar pola mañá, cos periódicos, e despois ler tranquilamente nun café fermoso mentres pola rúa pasan a vida e algunha rapaza coa primavera na alma.

Almiral Mouchez

Anónimo dijo...

O primeiro anónimo semella un pouco despistado.
Cita a Beiras e Alonso Montero como dúas persoas (non se pode entender doutro xeito) que non poden participar nun proxecto común.
Sepa o anónimo citado (como anónimo son eu, para que non se pense que critico o anonimato), que os proxectos de futuro son os que poidan acobillar as máis diversas formas de pensar, dentro do campo da liberdade e o respeto que caracteriza non só a Beiras e Montero, senón aos moitos outros que participan neste interesante proxecto e teñen mesmo máis diferencias que os citados.
Eis o mérito desta iniciativa, precisamente.

Anónimo dijo...

Esperemos que sexa unha revista seria e que os colaboradores fagan colaboracións serias e non para saír do paso (e que non repitan o mesmo de sempre).

Anónimo dijo...

Don Perfeuto, esquenceu decir que vostede tamén colabora na revista. Chegoume a invitación, e na lista de colaboradores tamén vexo nomes como o seu López, que, por certo non se da animado a facer unha peza adicada a sobriña dos peitos caidos.
A lista, volvo ao serio, xa da para, polo menos, esperar a ver que carallo é ou pretende ser esa publicación. Xa chegará o momento da crítica.

Anónimo dijo...

López dixo:
Acepto a crítica, pero é que eses peitos non me inspiran nada e, ademáis, esta fin de semana estou traballando, non como outros...
Pero seguirei con Perfecto mentres él queira. (Independentemente de que os seus peitos tampouco me inspiran nada, prefiro os textos).

Anónimo dijo...

Gallego en el exilio y parece que ya tenemos algo que leer y dejar en la mesa para que la lean los de Madrid y aprendan. De lujo. A ver si no se malogra con politiqueos. Xavier.