sábado, mayo 17, 2008

Galegos, sen límites extraxornalísticos






“Galegos é unha revista aberta e plural que asume o compromiso radical de facer visible a nosa realidade. Non admite, xa que logo, ningún límite extraperio-
dístico. Galicia e o galego constituen o noso espazo preferente de información e de pensa-
mento. Non queremos chegar antes que os demais medios de comunica-
ción, pero si chegar máis fondo”
. Así concibe Carlos Reigosa o papel da nova revista, dirixida por el, que foi presnetada o 14 de maio en Santiago.
Reigosa, experimentado xornalista e escritor de recoñecido prestixio, considera que “a realidade é un referente inevitable”, pero mostra a súa vontade de que Galegos amose “por riba de todo, o cerne da realidade, o corazón das persoas, o eixo das empresas, a alma das paisaxes, a cor das lembranzas, o cheiro das vellas e das novas lareiras…”. Galegos, segundo Reigosa, “é unha revista sen fronteiras que quere escarabellar e revolver no noso mundo para coñecérmonos –e recoñecérmonos– mellor”. “Nun tempo en que a realidade prefabricada leva camiño de asoballar ou ‘secuestrar’ o xornalismo, nós queremos falar do que é esencialmente noso dun xeito duradeiro. Porque o bo xornalismo non é unha moda pasaxeira , senón un compromiso continuado e indeclinable co lector”, reflexiona o responsábel xornalístico de Galegos.
Pola súa parte, Alexandro Diéguez, editor da revista e director xeral de Ézaro Ediciones, caracterizou Galegos como unha “coffe magazine”. “En termos de mercadoría editorial lévase falar de “coffe book” -dixo na presentación de Santiago– cando nos referimos a un libro de gran formato, xenerosamente ilustrado e editado, que ocupa un lugar fóra da biblioteca, para ser consultado en mesas de recepción e antedespachos. Pois ben, nós gorentamos falar da “coffe magazine” no canto do coñecido “coffe book”, agás no que estas dúas ideas conlevan de publicacións máis feitas para ser vistas que para ser lidas. Queremos ofrecer contidos e tratamentos atrativos que superen esa limitación. A nosa revista nace para ser vista e para ser lida, pero formada e tratada graficamente con técnicas e artes que lle dan valor aos seus contidos”.
E ten razón Diéguez, porque polo que máis destaca a nova revista galega é pola súa feitura técnica, a súa maquetación e o seu look cosmopolita. Dende este punto de vista, alónxase bastante da tradición case sempre localista e apegada ao chan que predominou nas revistas de Galicia que tentaron abrir o seu paso no mercado editorial e que case sempre fracasaron.
O primeiro número de Galegos, en edición bilingüe galego-castelá, está impreso en 214 páxinas e leva un prezo de portada cifrado en 15 euros. Porén, distribuirase gratuitamente a todos os centros galegos do mundo, institucións e organizacións de tipo cultural ou de interese galego e a suscriptores patrocinados, é dicir, aos destinatarios que un patrocinador decida.
Ademais, estará á venda nas librarías, especialmente nas que teñan espazo dedicado ás publicacións en galego ou sobre Galicia. A distribución en Galicia corre a través de Alonso Estravís Distribuidora e no resto do Estado por conta de UDL Libros (www.udllibros.com).
Tamén se distribuirá mediante suscripción, a un prezo anual de 60 euros (catro números a 15 euros), na que non se caragará en ningún caso gastos sexa cal sexa o destino da publicación. É o que o editor chamou “tarifa plana” e que fai que Galegos lle custe igual a un suscriptor que viva en Santiago e a outro que estea domiciliado en Nova Zelanda.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Santodiós, señor Conde, pois a min a revista pareceume antiga, aburrida, cunha maquetación horrible...

Anónimo dijo...

A crítica de este home paréceme un tanto superficial. Eu estou empezando a leela e ainda non podo falar dela. Pero que antiga tamén e Galiza, e as veces aburrida, e a súa maquetación (urbanismo) si que é horrible, impresentable... e máis amo Galiza e as súas xentes. Os contidos prometen e son diversos, ainda que haberá que esperar non sexa que acaban os de sempre falando das mesmas cousas. Léese ben e non parece que os seus promotores téñanlle chegado ainda as penurias económicas. É ben certo que ten unha maquetación clásica, pero a mis iso non me aburre.

adaxe dijo...

Hoxe salín a calle a mercar libros, por aquilo do dia das letras, pero non atopei a revista. O tal Alonso ainda non ten feito o seu traballo, señor Conde.

Anónimo dijo...

E a revista é das que paga aos colaboradores ou é das que que non dan nin un peso como Tempos Novos?

Anónimo dijo...

Ao mundo non se acaba respóndolle eu. Non sei o que fai Tempos Novos nin me intertesa moito sabelo, pero o que é "Galegos" paga aos colaboradores, e a prezo case "internacional". E, por iba, ata agora polo menos, pagou mesmo antes de que saíra a revista. É dicir, no momento da entrega de orixinais. Algo que nesta terra, polo de agora, era inédito.

Anónimo dijo...

Pois non sabe canto me alegro, don Perfeuto.

Anónimo dijo...

Boas tardes.

Eu a Tempos Novos tamén estou subscrito.

(Vanme acabar botando da casa, xa o sei, entre xornais, revistas e libros...)

Tempos ten uns números mellores que outros, pero creo que é un proxecto que hai que apoiar.

Almiral Mouchez.

Anónimo dijo...

Rápido, se pagan, díganme ónde hai que se apontar. Teño tres ladrillos sen masa para publicar e se cotizan estou disposto a entregalos.

Anónimo dijo...

Home, unha cousa e que paguen e outra que teñan posta unha casa de empeño de materais de contrución.

Anónimo dijo...

Correto. Entón os ladrillos que teños preparados, como non teñen comprador, vou enviarllos ao antigo redactor de "La Coz de Galicia" e antigo cargo político de Alianza Popular. O que é ser "progre" nesta vida...

Sí, terei que me decidir. Cecáis unha reportaxe ben adobada de coñecidas poetas e novelistas, e encargadas tendas de recordos en Coruña... iso... tería éxito na revista do boxeador Reigosa?.