martes, julio 14, 2009

Armas que quitan os ollos ou paran o corazón



Segundo publica Le Monde, o pasado día 8, arredor de trinta persoas xuntáronse nunha rúa peatonal de Montreuil para facer unha cea festiva como acto de protesta contra o peche dun local cultural e o desaloxo dos seus ocupantes. A Policía disparou con Flash-Ball, armas consideradas de baixa letalidade, e feriu a cinco persoas. Unha delas, Joachim Gatti, realizador-camarógrafo, neto do escritor Armand Gatti, foi alcanzado nun ollo. Segundo o seu pai, o documentalista Stéphane Gatti, “perdeu un ollo debido á brutalidade policial”.
O caso motivou que Le Monde publicase un editorial moi contundente sobre este tipo de armas, que aínda non usan a Policía española nin a Garda Civil. A Flash-Ball foi desenvolvida polo fabricante francés Verney-Carron e está disponíbel en dúas versións. A Super-Pro, de canóns apilados verticalmente, fabricada en aleación metálica, que é a que usa a Policía francesa. E a versión Compact, de canóns en doble fila horizontal, fabricada con materiais compactos lixeiros e que ata se anuncia por Internet e se vende nas armarías francesas. Ámbalas dúas poden utilizar distintos tipos de munición, pero a máis frecuente é unha pelota de goma de 44 milímetros que ten un poder semellante ao dun revólver calibre 38, aínda que é pouco probábel que penetre no corpo dunha persoa vestida, debido á súa menor enerxía cinética por centímetro cadrado. Porén, son armas con rangos de ata sete metros que acostuman causar graves lesións cando alcanzan os ollos.
De feito, en Francia, o país que máis as usa e onde foron autorizadas cando Nicolas Sarkozy era ministro de Interior, xa deixaron cegas a varias persoas, case sempre mozos. En xullo de 2005, un dolescente de 14 anos perdeu un ollo en Mureaux. Pasoulle o mesmo a outro mozo de 16 anos, no ano 2006, en Clichy-sous-Bois. Un rapaz máis, de 17 anos, tamén perdeu un ollo, en novembro de 2007, en Nantes. Neste mesmo ano, pasoulles o mesmo a un mozo de 25 anos en Toulouse e a outro de Neully-sur-Marne. Como di Le Monde no seu editorial de onte, “a Flash-Ball non mata: mutila de por vida. Balanzo: seis vidas quebrantadas e que nunca lles debeu pasar tal cousa”.
En realidade non é só a Flash-Ball a nova arma que preocupa. Está tamén a Taser, unha pistola que ten un aspecto parecido a unha arma de fogo convencional e que proxecta dous pequenos dardos que penetran na roupa arredor de dous centímetros arrastrando algúns fíos polos que se transmite unha descarga eléctrica procedente dunha pila que vai gardada na empuñadura da pistola e que ten características moi parecidas a dunha cámara de fotos profesional. A descarga é dunha intensidade de 1,5 xulios e dura arredor de cinco segundos, prorrogábeis todas as veces que queira o que usa a Taser. Provoca unha sobrestimulación muscular que ocasiona agarrotamento e desequilibrio, de maneira que a persoa alcanzada polo disparo non pode moverse nen reaccionar. Fica, polo tanto, inmediatamente paralizada. O malo é que tamén pode causar a morte cando o alcanzado é unha persoa que padece do corazón, por exemplo.
Ata agora, o Ministerio de Interior español veu rechazando facer uso deste tipo de armas que algúns supostos expertos consideran indispensábeis para modular o uso da forza policial entre as súas propias mans e unha arma letal. A Flash-Ball empezouse a experimentar en Francia no 1995 como arma de “pacificación”. Sarkozy, daquela ministro de Interior, presentouna como algo capaz de “impresionar”. O malo é que de impresionar pasou a quitar ollos e xa deixo cegas a seis persoas, polo menos.

4 comentarios:

Luisfoz dijo...

Já era sabido do que era capaz o monstro de Sarkozy.

Anónimo dijo...

A este elemento de Sarkozy e aos que disparan (xente de uniforme que lles gusta moito disparar)cando estiveran facendo o amor por riba da femia, coller unha destas armas e meterlle polo ollo do cu unha pelota no momento da eyaculación, sería moi interesante ver a cegueira anal , xa que a mental sempre estiveron cegos.

Anónimo dijo...

Polo que se le, a capacidade de nalise político deste país anda moi tolleita. Lean un pouco a Arcadi Espada...

Anónimo dijo...

Pode ser que a capacidade de análise político ande baixa e emprobrecida, pero a capacidade de mancar e mutilar a persoas por parte da policía sí vai en aumento.
Para as persoas interesadas, aí van dous enderezos electrónicos sobre o tema.
Parabéns, Perfecto.


Correo: laclinique93@gmail.com


WWW: http://laclinique.over-blog.net