viernes, julio 10, 2009

A crise chega aos medios de comunicación galegos

A crise económica tamén peta nas portas das empresas de comunicación afincadas en Galicia. Hai dous días, Faro de Vigo despedeiu con malos modos a sete traballadoras, entre elas, unha delegada sindical e unha recepcionista con 48 anos de permamencia no posto de traballo. A delegada sindical negouse a abandonar o posto debido a que non se lle abriu o expediente previo que estabrece a regulamentación vixente. A outra despedida de recepción estaba negociando unha saída da empresa que incluíse a súa prexubilación.
Segundo informa no seu blog un xornalista que traballou en Faro (www.mcshuibhne.com), cinco das sete despedidas denunciaron a empresa hai un ano por supostas “situacións de irregularidade que finalmente se solventaron”. Este xornalista fala dunha “decadencia interna” do xornal de Prensa Ibérica “acelerada dende febreiro de 2006 co relevo nos altos mandos do xornal”. Daquela o xerente Fernando Fernández Núñez foi substituído por Xaime Abella Fernández e o director Pedro Pablo Ayuso por Xoán Carlos Dasilva, e pouco máis tarde, ao xubilarse o director xeral Ceferino de Blas, foi remprazado por Isidoro Nicieza.
Outro medio de comunicación no que tamén hai problemas é o no xornal electrónico Vieiros, que pasa por unha difícil crise económica que está obrigando ao seu editor, Lois Rodriguez, a reestruturar o cadro de persoal.
Polas noticias que me chegan, no próximo outono vanse producir varias remodelacións nas estruturas directivas e nos cadros de persoal de máis medios de comunicación galegos. A crise económica é como o gripe, remata metendo na cama a quen se lle pon diante.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

No que respecta a Vieiros: chamarlle "restruturar o seu cadro de persoal" a botar o 40% dos traballadores á rúa paréceme inmoral, sr. Corques.

Anónimo dijo...

En Vieiros, de menos de 30 traballadores, xa botaron a 7. O mesmo número que en Faro de Vigo, que ten un cadro de persoal moito máis grande. Ademais, a empresa se non está na quebra pouco lle falta.

Anónimo dijo...

Non nos enganemos: os medios de comunicacion en Galicia viven, en moi boa parte, da financiación pública. O novo goberno da Xunta ten cerrado o grifo de forma radical. Se non cambian as maneiras pronto "La Voz de Galicia" vai a convertirse no único medio galego sobrevivinte, apoiado por un goberno agradecido polos servicios prestados.
Non creo que sempre se invertiran ben os cartos, pero non invertilos en absoluto como está facendo o novo goberno, pode levar a unha crise ainda mais grave.

Touceda dijo...

Quizais o momento sexa bo para refelexionarmos todos sobre o papel dos medios de comunicación en Galicia. Temos o que merecemos ou só o que unha morea de empresarios opostunistas e interesados queren que teñamos? Por que non hai realmente un medio verdadeiramente independente en Galicia? Que pasaría se o inexplicable número de diarios se vise reducido? Por que a prensa de partido a penas existe e só goza de reducidísima credibilidade? Eis preguntas para un bo debate.

Voz en off dijo...

Grazas por falar do que ninguén fala. Eu penso que o faro non precisaba botar a esa xente. O faro vende moito e ten moita publi ademais de recibir moiros cartos do concello.

Sindicato de Xornalistas dijo...

O Sindicato de Xornalistas apoia as protestas contra os despedimentos en Faro de Vigo

Vigo, 10 de xullo de 2009.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) condena o despedimento esta semana de oito traballadoras de Faro de Vigo, entre as que está unha delegada sindical. O SXG secunda a convocatoria de mobilizacións de protesta fronte as sedes de Faro a partir do luns.

O SXG ofrece o seu apoio ás asalariadas, que recurrirán os despedimentos improcedentes no xulgado, tal e como anunciou o comité de , no que están representados CC.OO, CIG e UXT. A unidade sindical é imprescindíbel para paliar a continúa vaga de despedimentos no sector.

Despedidas tras lograr un contrato digno a través dun preito

Segundo informou o comité de empresa de Faro de Vigo, as despedidas teñen unha media de trinta anos na empresa e cinco delas lograran regularizar os seus contratos o ano pasado a través dunha sentencia xudicial.

O Sindicato considera especialmente grave que a compañía chamase a Policía Local para desaloxar a unha das traballadoras. que ademais é delegada sindical. Trátase de actos que revelan sen dúbida unha política de tentar intimidar aos traballadores na lexítima defensa dos seus intereses.

O SXG, que conta con numerosos afiliados nas redaccións de Faro de Vigo, pon a disposición das afectadas os seus servizos xurídicos.

As administracións seguen a subvencionar empresas sen pedirlles que freen os despedimentos

Na práctica totalidade de medios hai despedimentos ante a total pasividade das administracións galegas. Poderes públicos que ademais seguen a subvencionar masivamente aos empresarios sen reclamarlles unha política de emprego estábel.

Cómpre lembrar que o Parlamento de Galicia xa aprobou por unanimidade unha declaración para que se vinculen axudas aos medios coa loita contra a precariedade. Con todo, nin a Xunta, nin as deputacións nin os concellos tomaron medida algunha para facer real este compromiso.

Sindicato de Xornalistas dijo...

O Sindicato de Xornalistas pide un plan de viabilidade no grupo Acordar-Vieiros

Santiago, 13 de xullo de 2009.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) alerta que as empresas Acordar e Vieiros están planeando os despedimentos de dez traballadores dun cadro de persoal de 31 persoas. Tres deles serían no xornal dixital Vieiros e sete na empresa multimedia Acordar Comunicación en Internet, segundo lles comunicou aos asalariados o único propietario das dúas empresas, que comparten sede en Santiago.

Plan para evitar os despedimentos

O SXG denuncia o atraso do pagamento da nómina de xuño a todo o cadro persoal, así como impagos de horas extra e da paga de beneficios nalgúns casos. Así mesmo, pídelle á patronal que presente canto antes unhas contas claras, detalladas e por escrito da situación financeira da empresa. Ademais, solicítalle publicamente que negocie cos traballadores un plan de viabilidade para sacar o grupo adiante coa colaboración de todos e evitando ao máximo os despedimentos.

Aos traballadores resúltalles evidente que a compañía sacou adiante proxectos derivados de importantes contratos nos últimos catro anos. Así o proba o gran volume de traballo realizado con éxito para múltiples administracións e firmas privadas.

Polo tanto, a empresa debe xustificar o intento de despedir unha terceira parte dos traballadores achegando documentos que mostren o destino deses en teoría importantes ingresos. Só así se poderán corrixir as causas reais que levaron o grupo a esta difícil situación.

Cómpre probar as 'circunstancias obxectivas'

O grupo está baseando as ofertas de despedimento nas "circunstancias obxectivas" da súa situación económica, intentando deste xeito non aboar a indemnización á que os traballadores teñen dereito por convenio (45 días por ano traballado). Polo tanto, está na obriga legal de presentar publicamente a documentación que o acredite.

De culminar a empresa os despedimentos sen xustificarlles documentalmente aos traballadores as contas das empresa, o SXG resérvase o dereito de denunciar nos xulgados os despedimentos.

En todo caso, o SXG reitéralles aos traballadores destas compañías, e a todos os profesionais do sector que poidan estar inmersos en problemáticas semellantes, que nunca asinen ningún documento sen consultalo antes cos servizos xurídicos do SXG. Servizos xurídicos que están a disposición de todos eles.

Anónimo dijo...

Toda esta información sobre Vieiros, e sobre todo os comentarios, son moi inxustos, porque que eu saiba non despediron ninguén. ¿Pode dicir aquí, a día de hoxe, o nome dun só despedido de Vieiros? Pois se non o fai, ¿cando pensan desculparse? ¿É isto un foro de xornalistas ou de xente malintencionada? Repito, digan un só nome.

Anónimo dijo...

Non minta, señor último anónimo, non minta e diga a verdade.

Anónimo dijo...

Home, que a dia de hoxe non haxa despedidos non quere decir que a nova sea incerta. De feito o proceso está aberto, e o sindiato de Xornalistas non día que se teñan despedido xa aos xornalistas. Por outra banda, medios tan pouco sospeitosos como A Nosa Terra non recolle a nova.

Anónimo dijo...

Quero dicir que A Nosa Terra RECOLLE a nova

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,