miércoles, julio 08, 2009

Será Souto un mago das finanzas?

Miguel Ánxel Souto (na foto del que hoxe publica Xornal) xa é oficialmente conselleiro-delegado e xerente da empresa editora de Xornal de Galicia. Relevou a Xavier Martínez Cobas, que regresa á Universidade de Vigo. Xosé Luís Gómez continúa no seu posto de director do periódico, pero nunha posición menos favorábel ca que veu mantendo ata agora. O xerente substituído era amigo seu e mantiña con el relacións moi estreitas. Pola contra, todo indica que Souto é un home que foi catapultado por determinados altos directivos do Grupo San José para reordenar a difícil situación económica pola que atravesa o xornal co que o empresario da construcción Jacinto Rey cortexou co grupo nacionalista de Anxo Quintana mentres que o BNG estivo na Xunta.
Concretamente, a Miguel Anxo Souto levouno ao cargo que agora ocupa o seu cuñado Santiago Martínez Carballal, un dos responsábeis máximos das contas do Grupo San José que preside algunhas das empresas que foi creando ou comprando Jacinto Rey, entre elas, Constructora San José Argentina, S.A. Segundo determinadas fontes, a Souto puxéronlle enriba da mesa un borrador de contrato co espazo da cifra salarial en branco para que a marcase el, xenerosidade que tampouco se entende moi ben tendo en conta que o contratado non figuraba nas listas de supostos grandes expertos na dirección fnanceiro-empresarial. A experiencia de Souto, ata agora, limitouse a responsabilizarse da delegación de La Voz de Galicia en Ferrol, e a súa formación académica non é precisamente a económica, aínda que levou a cabo un master Executive MBA na Escola de Negocios de Caixanova.
Para asistir a este master, durante case dous anos, La Voz de Galicia deulle permiso para faltar ao traballo dous días á semana e na delegación de Ferrol era moi coñecida a liberdade horaria e diaria coa que Miguel Ánxel Souto desenvolvía o seu traballo. Na cidade departamental, na que traballaba dende o ano 2002, tamén era sabido o seu aparente apego incondicional á empresa que representaba e igualmente por algunha das súas manías persoais. Un escritor galeguista moi coñecido foi vítima deste comportamento e a penas logrou que aparecese agunha vez o seu nome no xornal de Santiago Rey. Souto encargábase sempre de atopar algunha maneira de ocultar calquera actividade súa.
A súa intempestiva marcha de La Voz de Galicia (case da noite para a mañá) acendeu algunhas alertas no xornal coruñés, no que foron moitos os que empezaron a abrir interrogantes ¿Quen levou a Souto a Xornal de Galicia? ¿Por qué o levaron? ¿Tiñamos entre nós un mago das finanzas en non nos decatáramos? ¿Fichárano para saber cousas de La Voz de Galicia? ¿Ata onde sabe algo que pode beneficiar a competencia? ¿Xa era antes un espía, dadas as relacións familiares que mantén co núcleo directivo de San José?
Todo isto hai que enmarcalo nas pésimas relacións que manteñen Santiago Rey, editor de La Voz de Galicia, e Jacinto Rey, editor de Xornal. O patrón de San José é case seguro que daría un ollo da cara por meterlle algún gol a Santiago Rey, e este último tampouco se quedaría corto lanzando a pelota contra o tellado do editor de Xornal. Non é decartábel, polo tanto, que algunha freudiana razón participase no asunto.
Por outra parte, a chegada de Souto a Xornal tamén se pode interpretar como un movemento empresarial cara a un posíbel aggiornamento cos novos poderes estabrecidos na Xunta coa chegada do PP de Alberto Núñez Feijóo. Miguel Ánxel Souto, que sempre tivo un mal entendemento co nacionalismo galego e que mantivo boas relacións co Opus Dei, por exemplo, podería ser agora o xestor que tentase abrir pontes coa dereita galega. O que falta por saber é cal sería, a partir deste momento, o papel de Xosé Luís Gómez, que aínda sendo o director do periódico, non soubo da chegada de Souto ata que xa era inminente e estaba todo cociñado.

11 comentarios:

Furabolos dijo...

Primeira lección: a endogamia segue campeando en Galicia. Aquí ou eres fillo, primo, cuñado ou polo menos amante de alguén, ou vas fodido.
Segunda lección: os xornalistas métense a empresarios e logo como van protestar cando os empresarios se poñan a escribir nos periódicos, que xa o fan. Unha merda todo.

openid dijo...

For como for é indispensable un xornal de esquerdas e galeguista que faga fronte A Voz

Furabolos dijo...

E como sabes ti que ese xornal de esquerdas e galeguista vai selo Xornal de Galicia? Ata agora foi un órgano de expresión do BNG e, se cadra, mañá é o do PSOE ou do PP.
Os xornais o que deben ser é independentes, pero esa froita aínda non se cultiva nos hortos de Galicia.

Farrapo de Gaita dijo...

O tipo ten que ser moi intelixente, pois a cabeza que ten debe ter máis miolos que os resto dos humanos. Que lle preste....Agora todo se merca e se vende, ata os valores éticos e morais e o respeto as persoas brila pola súa ausencia. Ímola ter moi fodida neste futuro incerto, son estas xeneracións dos 40 anos e todas as que veñen as que remataran co planeta, naceron nos anos dos "pijos" e de aspirantes a burgueses e señoritos, non teñen ni ideoloxía nin ética e dignidade son como robots manexados por este sistema neocon-liberal, onde serán tamén masticados por ese mesmo sistema. Algo disto xa o dicía Eduardo Galeano.
¡Ha ! Que lles den moito aos da Coz como aos do Xornal e toda falsimedia deste país.

Anónimo dijo...

Con todo respeto, é necesario un xornal de esquerdas e galeguista?
Será se hai demanda, e a sociedade galega non parece ter esa necesidade, se atendemos aos resultados eleitorais.

Iso non quer dicer que non haxa galeguistas e esquerdistas na sociedade galega, pero que haxa demanda...

Fuco de Esteiro dijo...

Non cumpriría lembrar o affaire de Diario 16 co gallo de entender a enemistade dos "Reises"? (c'est a dire Mosén Cinto e mais Mosén Tiago).

Eu gosto de llo lembrar ó Tiago: cumpre probar de cando en vez da propria meiciña....

Fuco de Esteiro

Anónimo dijo...

Para o anónimo das 11:57. Nas pasadas eleccións para a Xunta, supoño que se refire a esas,os votos galeguistas e esquerdistas superaron aos conservadores (se é que o PSOE é de esquerdas e o BNG, galeguista). Verbo dos xornais, se a liña ideolóxica dos que hai en Galicia se traducise aos nosos 75 deputados, o PP obtería.. 70?...69?...71? Por aí, non?
Ramiro Cartelle

Anónimo dijo...

Se o que Xornal pretende é "reorientar" a súa líña, posiblemente Miguel A. Souto sexa unha das persoas máis idóneas. Ben o saben os xormalistas da delegación da Voz en Ferrol cando preferían optar por non firmar os seus artigos despois de que estes pasaran polas mans e o peculiar ollo crítico de Souto. O filtro achegábase a todo aquelo que tivera, para el, un tufillo non do seu agrado. Políticos e sindicalistas foron vitimas habituais, e seguramente houbo moitos outros e en tódolos ámbitos, dende os veciñais aos sociais, culturais e empresariais. Por suposto, a rectificación, cando metía a pata, que era abondo, brilaba pola súa ausencia. Triste legado á liberdade de opinión, á pluralidade e independencia xornalistas deixa Souto. O resto xa entra nun terreo que non é o da súa profesión...Haberá quen lle vote en falta, pero só porque era da súa corda, pero sen dúbida non serán moitos.

Anónimo dijo...

Para Ramiro Cartelle:
As primeiras contas están ben botadas, as segundas, depende.

Claro que o suma primeira non da para máis.

Quero dicer que o resultado final non é unha maioría de Progreso.
Seguir por ese rego, que tan ben traballan os analistas do Grupo PRISA NOSTRA, non leva a nengures, como ben se pode ver: votos non é igoal a escanos.
E iso é o que hai.

Anónimo dijo...

Anónimo das 11.47 e das 9.07. Claro que a suma dos votos do BNG e PSOE non dá para unha maioría, iso creo que xa o saben os que gobernan agora, pero falamos de prensa, de medios de comunicación de esquerda e galeguistas (se non che gusta chámalle nacionalistas), ou dereitas, non? O que é inexplicable é que nun país que, polo menos (NISTO ESTARÁS COMIGO) hai máis xente que non é do PP que a que é do PP, os medios de comunicación, especialmente os escritos, son case ABSOLUTAMENTE próximos ao PP (polas causas históricas, sicolóxicas que ti queiras e que nun comentario como este non dá para analizar). Respecto do que dis das contas do grupo Prisa, faime graza. Eu estaba a pensar en Fermín Bouza.
Ramiro Cartelle

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,