sábado, julio 18, 2009

O delegado da Xunta en Uruguai está na lista de operadores que pescan ilegalmente


Manuel Barros Rivadulla, novo delegado da Xunta de Galicia en Uruguai, empresario e consigna-
tario de barcos en Montevi-
deo, figura na Internatio-
nal Blacklist
, que relaciona barcos e compañías comprometidas en pesca ilegal, non declarada e non regulamentada. O seu nome está relacionado co pesqueiro Taruman, apresado en setembro do 2005 por forzas australianas cando pescaba irregularmente ao sur da capital de Tasmania. Barros Rivadulla representaba este barco dende un primeiro andar do número 1590 da rúa Misiones da capital de Uruguai.


No comunicado de prensa que daba conta do Consello da Xunta que tivo lugar o xoves pasado despachousese a designación de Manuel Barros Rivadulla como novo delegado autonómico en Montevideo dicindo que “leva case trinta anos en Uruaguai, onde se ten labrado unha exitosa carreira como empresario”. Diciase del que foi “oficial e capitán de buques de Pescanova” e “xerente dunha empresa mixta da compañía en Uruguai e, desde a súa chegada a Montevideo, implicouse de cheo nas actividades da diáspora galega no país, foi directivo do Centro Galego e do Club Español durante dez anos e do Fogar Español durante quince anos”.
Na reseña oficial non se contaba que Barros tamén foi presidente do Partido Poular en Uruguai e dúas veces candidato por esta formación política nas eleccións autonómicas de Galicia. Moito menos aínda que este empresario da emigración teña tras do seu nome a sospeita de participar en actividades de pesca supostamente ilegais. Barros, natural da aldea de Vinseiro (A Estrada, Pontevedra), nacido en 1945, casado e pai de un fillo, leva máis de trinta anos na República Oriental do Uruguai, a onde emigrou para traballar primeiro como oficial de barcos de pesca da compañía viguesa Pescanova, logo como capitán deses buques e máis tarde como xerente dunha empresa mixta montada por Pescanova en Uruguai.
Posteriormente converteuse el mesmo nun importante empresario e consignatario de buques de Montevideo e formou parte da propiedade e representación do barco pesqueiro Taruman, que foi arrestado o 6 de setembro do 2005 por pesca ilegal de bacallao cando se atopaba a 1.200 quilómetros ao sur de Hobart, capital de Tasmania, preto da illa Macquarie (Australia).
Aínda que tanto os operadores do barco como o seu capitán e o patrón de pesca eran españois, o Taruman navegaba con bandeira de conveniencia de Camboia e levaba a bordo un total de 31 tripulantes, catorce de nacionalidade chilena e o resto españois, rusos, ucranianos e peruanos, que permaneceron máis dun mes detidos primeiro en Tasmania e logo en Sidney, despois dunha abordaxe levada a cabo por funcionarios autralianos armados dende o buque Oceanic Wiking que atoparon a bordo 130 toneladas de bacallao de profundidade e diversa documentación. Cando foi abordado, o Taruman estaba dentro da Zona Económica Exclusiva de Australia.
Casos como o do Taruman e outros máis graves aínda como o Maya V ou o Amur (que naufragou no Océano Austral despois de pescar bacallao ilegalmente na Zona Económica Especial francesa das illas Kerguelen, causando a morte de cinco pescadores chilenos) e empresarios pouco escrupulosos como Florindo González Corral, Florindo González Otero, Antonio Vidal, Manuel Antonio Vidal Prego e Xesús Puente, todos eles galegos e propietarios ou dirixentes de empresas como Bajamar, Pesqueras Piñeiro e Armadores Vidal, S.A. (Arvisa), ocasionaron daquela que algunha publicación latinaomericana, como o quincenario chileno Diagonal, denunciaran a existencia de “mafias pesqueiras capitaneadas dende Galicia” dicindo, ademais, que “durante máis de dez anos armaron e desarmaron empresas ‘maletín’ con nomes como Pecsa Cisne en Chile, Navalmar en Uruguay, Pac Fish en Panamá, Ocean King en Estados Unidos, Thalasa en Islas Mauricio e outras ducias de compañías que nacen e morren sen deixar rastro para as investigacións xudiciais”.
Organizacións sindicais chilenas calculan que hai preto de 2.000 tripulantes chilenos embarcados neste tipo de barcos, e unha proba disto foi precisamente o pesqueiro relacionado co novo delegado da Xunta en Uruguai, o Taruman, que levaba a bordo catorce traballadores de Chile cando foi apresado en Australia. O caso deu motivo para que o nome do agora delegado autonómico en Montevideo, Manuel Barros Rivadulla, pasase a figurar na International Blacklist, unha base de datos na que figuran barcos e compañías que se viron comprometidos en activdades de pesca ilegal, non declarada e non regulamentada. Manuel Barros figura nesa lista como propietario da empresa armadora do Taruman, que antes de chamarse así levou os nomes de Polar Saattuaq e Polar Princess e, antes de ser abandeirado en Camboia, levou bandeiras de Panamá e de Groenlandia.

4 comentarios:

Analista sen carné dijo...

Estase lucindo, a Xunta esta.

Anónimo dijo...

Se un observa a cantidade de cargos da Xunta postos por este governo, da medo. Non só medo senón pánico de vertixe.
Calquera día dentro deste catro anos, despertaremos pola mañan cedo con algunha barbaridade irremediable destes mandatarios que van a chupar do teto desta pebre Galicia. Xa vedes, o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, un pico de ouro que fala, fala, fala, e soamente fala para el e para o espello.Que carallo pinta un director da Caixavigo nun posto coma este, que idea pode ter do mar e de tráficos marítimos, o único que lle importa son os raios UVA e a gomina, isto por quilos na cabeza.¿Saberá onde está a proa e a popa dun navío? Imos de carallo nesta santa Galicia. Os deuses nos collan confesados ante tanto mangante nas institucións, e non falemos do rapaz (pijo) de 21 anos asesor do concelleiro de Industria.

Luisfoz dijo...

Vão colhendo os seus, e os seu são assim. Onde vai o bipartito com todos os seus erros!

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,