sábado, julio 11, 2009

Nova e vella literatura

Tucho Calvo e Carmela González Bóo, responsá-
beis de Biblos Club de Lectores, e Xavier Goyanes Vilar, presidente de Pazos de Galicia, xuntáronos onte na casa Grande do Bachao, a 9 quilómetros de Santiago, a un cento de persoas galegas que seguimos pensando que o galego é un idioma que merece polo menos as mil primaveras que lle auguraba Cunqueiro. Tratábase de dar a coñecer o gañador da quinta edición do premio Biblos-Pazos de Galicia que se fallou no transcurso dunha cea e que resultou ser un xornalista arzuano ben mozo aínda –naceu en 1985–, Pablo García Martínez (na foto), polo seu proxecto de novela Relato dun estalido xordo que redactará definitivamente contando coa titoría de Manuel Rivas e que se publicará, en galego e castelán, cara a fin de ano.
A xove promesa da literatura galega sorprendeunos a todos coa súa precisión de palabra e o seu radical compromiso co idimoma galego cando se dirixu a nós falando con total decisión e claridade de ideas. Pablo García estudiou na Universidade do País Vasco e nas de Santiago e Coimbra, e, dende xullo de 2008, traballa na redacción do xornal electrónico Vieiros. Como premio recibiu unha escultura de Luís Loureira titulada A peneira dos soños, un ordenador portátil e a estancia no mes de outubro na Casa Grande do Bachao, onde vai ultimar a súa novela baixo a tutela do escritor Manuel Rivas. Con el foi finalista Zeltia Regueiro Fuentes, de Cambre (A Coruña). As catro edicións anteriores deste premio foron gañadas por Iria López Teijeiro, tutelada por Xosé Luís Méndez Ferrín, e autora da novela Meniña de cristal; Alberto Ramos, que tivo de titor da súa obra Dor pantasma a Darío Xohán Cabana; Patricia Casas, axudada por Helena Janeiro na súa novela Teselas de cidade; e Berta Dávila, que foi guiada por Agustín Fernández Paz para rematar a súa obra Bailarei sobre a túa tumba.
O xurado considerou que o proxecto de Pablo García é potencialmente moi interesante e que o texto inicial anuncia unha novela que pode reflectir o mundo dos adolescentes nunha pequena vila do interior de Galicia. Un lugar que podería ser a Arzúa natal do autor. A acción proxectada desenvólvese dentro da cultura pop e o grupo de protagonistas son mozas e mozos sumidos na transformación da adolescencia. A trama novelística válese, como fio condutor, dunha noite de troula na que se debuxan as múltiples miserias que acompañan esa idade, chea de inseguridades que os protagonistas partillan unhas veces falando e outras sen conseguir facelo. Segundo o xurado, os pensamentos que secundan cada un dos seus inseguros xestos ansiosos de aprobación dan forma a un mundo propio e singular. Podemos estar diante do descubrimento dunha nova figura no panorama das promesas literarias galegas.
Foi unha noite singular e de irmandade arredor do idioma galego, na que salientou tamén a magnífica interpretación que fixeron de varias pezas musicais os compoñentes do Cuarteto de Clarinetes Xerión, e na que estiveron presentes escritores como Alfredo Conde e Xosé Carlos Caneiro, músicos como Carlos Núñez, profesores da Universidade, algún académico, etc.
Na noite anterior e na casa da Cultura de Neda (A Coruña), a literatura tamén foi protagonista. Os nedenses, nedeses ou como se diga –todo menos nedeiros–, fixeron fillos predilectos do Concello a Fernando Esquío, o gran poeta medieval, autor do inigualábel "¿Qué me queres amor?", entre outras exelentes cantigas, e a Román Vázquez Sandes, prestixioso xurista ex valedor do Pobo. Por aquela beira da ría de Ferrol ainda resoan hoxe as voces de Vicente Araguas e dos alumnos do IES Fernando Esquío recitando aquelas fermosuras de "Amor, a ti me venh’ora queixar”, “A un frade dizen escaralhado”, “A vos, dona abadessa” e “Vaiamos irmana, vaiamos dormir”. En Neda tamén estivo presente a música, con interpretacións de varias pezas de Ástor Piazzola e Leo Ferré, por exemplo.

2 comentarios:

Vicente Araguas dijo...

Perfecto, camarada, graciñas por ecoar o noso acto de onte, onde os nedenses fixemos Fillos Predilectos a Fernando Esquío e a Xosé Ramón Vázquez Sandes. Pero non quixera esquecer que María Castelo "A Carriza" recibiu a Medalla de Ouro do Concello, por toda unha vida de traballos, no forno compartido co seu home, Pepe Castro "O Carrizo". A velada tivo parte musical a cárrego dun cuarteto de moito nabo que se chama "Tiempo Cuatro", e que tocan tangos e milongas de Ástor Piazzolla. Tocou tamén un cativo, Serafín, de Neda. Un virgueiro do acordeón (o escordión do poema de Don Fermín Bouza-Brey, o "piano du pauvre" de Léo Ferre). Polo demais aproveito o teu blog, democrático e informadísimo (e atento tamén á intrahistoria) para mandarlle os meus parabéns a Pablo e Zeltia (¡e a Tucho!).

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,