miércoles, julio 29, 2009

Manquiña non é facha, é fato

Manuel Manquiña, actor galego que sen dúbida está querendo emular o catalán Albert Boadella sen percatarse de que aínda hai clases, mostra hoxe a súa incontinencia verbal nunha entrevista que publica Xornal de Galicia, na que di que non se molesta “porque algún gilipollas piense que soy un facha. Además, si yo soy un facha, ellos son unos hijos de puta. Así de claro. No me preocupo absolutamente nada; más bien estos temas me cansan. El anterior Gobierno del BNG y del PSOE intentaron imponer una realidad que no existe, una especie de Matrix y, como se pasaron, la gente los mandó a tomar por culo. Yo siempre digo que soy un español nacido en Galicia y las personas que se escandalicen con esto están al margen de la realidad. Ya me aburren con tanta Galicia, con tanta patria y con tanta tontería”.
Pois agora a min si que me parece un facha, un tonto de baba e un analfabeto este Manquiña. ¿Serei eu tamén un fillo de puta? O que hai que facer para gañar a vida facendo o fato.

18 comentarios:

Touceda dijo...

Manquiña é un ácrata de licor café que normalmente fala sen saber o que di. É dos que precisan que lle escriban o guión e, segundo sexan Antón Reixa ou Gloria Lago, el di o que lle marca a partitura. Como en todas partes, sempre hai xente para todo. Efectivamente, a este tócalle agora facer o fato.

Anónimo dijo...

O curioso do caso é que a entrevista apareza en "Xornal", publicación que até agora viña gabando o nacionalismo. Deben estar de mudanza política porque a entrevista-enciclopedia que lle fixeron a Feixóo tamén é de campionato.

Hildegart Canido dijo...

Parece como se estivésemos condenados a padecer sempre un Xan das Bolas.

muiñovello dijo...

Para ser actor "non mudo" ("vivir da lingua") non sabe diferenciar entre insultar a un ou insultar á nai de un (síntoma algo fachineiro).

Anónimo dijo...

E este non era un dos amigos del alma de Reixa, Suso iglesias, Pereiro e compañía?

Anónimo dijo...

non, este señor é xenro de Rosario Fraga, irmá de Manuel Fraga Iribarne.

Mormaltán dijo...

Se cadra é por iso que ten cara de amargado.

Millán Ashtray dijo...

Manquiña, e Roberto Blanco, e Gloria Lago, e Cancio: ¡VALENTES!
(Valentes caras de cona).

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Esto de fato, de que parte de Galicia vén sendo? En asturiano tamén se di. E moito.

Anónimo dijo...

si,señor. Fato é unha palabra ben viva pola montaña luguesa: A Fonsagrada, Navia... Lembre vostede que Perfecto Conde é da Ponte Nova, a unha carreiriña dun can da Fonsagrada, que está nun teso.

Anónimo dijo...

Penso que o mellor diante destas parvadas é ignoralas, simplemente nin mencionalas.
E xa vin este tema en varios sitios, agora Manquiña é un martir, que se enfrenta ás ordas da imposición.

Anónimo dijo...

Pobre, moi mal debeuno pasar este actor vivindo anos do teatro en galego e da TVG, e moi mal debeuno pasar cando no xenial "Air Galicia" fixeron un programa parodiando aos bilingües. Que pensarán os seus compañeiros? En fin, concordo en todo co primeiro comentario.

Anónimo dijo...

O que diga Manquiña non forma parte nin do terreo da anécdota, pero a velocísima deriva do Xornal de Galicia, que só este blog (tan acertadamente) aventurou, xa é fariña doutro costal. Noraboa a Perfecto.

Anónimo dijo...

Caro Touceda:
Non sei a razón que tes ou terás para cualificar a Manquiña como "ácrata de licor café".
Non entro no do licor café, que cada quen destroza as neuronas como quer, mais no de "ácrata", disculpe, ren de ren, penso.

Anónimo dijo...

Ostras!, na Pontenova tamén din fato!, non o sabía

Luisfoz dijo...

Desde logo é uma mágoa que Manquiña não estivesse na época do cinema mudo. O mais curioso (?) é que as perguntas estavam em galego mas ele nada. Com efeito, é um fato cousa que nao é incompatível com ser um renegado; há fatos boas pessoas e há fatos cabrões.

X dijo...

Non sei como o Xornal de Galicia lle presta atención a semellante energúmeno. Será polo que se di da viraxe. Por certo Reixa, é outra boa peza, escribindo en español no El Pais, e confundindo a Quintana con Castelao, con semellante grao de compromiso e de lucidez, deberianno contratar como asesor de Feijoo a ver se tamén o leva ao fracaso total.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,