miércoles, julio 01, 2009

Novoneira versus Carvalho Calero

Son dos que apoiei –mediante a miña firma– para que Uxío Novoneira fose a persona-
lidade cultural galega homena-
xeada no próximo Día Das Letras, é dicir, no que lle corresponde ao ano 2010. Estou, polo tanto, conforme co que decidíu a Real Academia Galega para que sexa o poeta do Courel quen reciba esas follas de loureiro. Dito isto, tamén digo o seguinte: mal anda unha cultura que enfronta a Novoneira con Ricardo Carvalho Calero e a Ricardo Carvalho Calero con Novoneira.
Reitero as miñas simpatías persoais. A min Uxío parecíame un tío cabal, simpático, progresista, ilustrado e, sobre todo bo poeta e mellor persoa. A Carvalho trateino moito menos e nunca pasou de parecerme un ser teimudo, algo recalcitrante, aburrido e renqueante nas súas posicións ideolóxico-culturais, incluído o de pasar unha parte da súa vida apelidándose Carballo e outra aportuguesándose en Carvalho. Recoñezo, porén, que o pasei ben lendo a súa Xente da Barreira e aprendín moito consultando a súa Historía da Literatura. Como lle recoñezo –faltaría plus– a súa condición insobornábel de home apegado ás súas ideas e de prócer indiscutíbel do galeguismo de esquerdas.
No canto de Novoneira ¿qué vou dicir eu? O teso cume da sua alma poética, cidadá e revolucionaria xa o dixo todo. Parabéns, polo tanto, aos egrexios académicos que votaron por el. Por unha vez e sen que sirva de precedente, estiveron á altura dos tempos nos que viven e souberon respirar na auga na que vive o peixe da cultura galega. Postos a escoller, eu tamén escollería Uxío Novoneira. O que non sei é por que houbo que someter aos rancios patricios da RAG a unha escolleita tan difícil.
Explícome. Se non me equivoco, a candidatura de Novoneira leva circulando varios anos nos corredores do Día das Letras Galegas. Coido que tamén a de Ricardo Carvalho Calero ¿Por que había que confrontalas? Ámbolos dous son sobranceiramente merescentes da designación. Foi, logo, un erro maiúsculo poñelos a aprobar a mesma oposición.
¿Quen ten a culpa? Para empezar, un BNG que nunca sabe dar o brazo a torcer. E, especialmente, ese conxunto de concelleiras ágrafas de cultura –encabezadas pola miña parente Socorro García Conde– que se empeñaron en ler mal a Ramón J. Sender cando dixo que toda forma de cultura é algunha maneira de política. Esas concelleiras facerían mellor o traballo que lles encomendamos os electores se se ocuparan de adecentar a casa ferrolá na que naceu Carvalho Calero, no Ferrol Vello, que está caendo a cachos, e deixaran para a sociedade galega no seu conxunto o labor de dedicidir quen debe ser cada ano o galego ou a galega merescente do Día das Letras Galegas. E non digo isto para que tome nota Feijóo, agora tan amigo de enquisas pret-à-porter, e decida poñer en marcha un mecanismo de elección de personaxes encargábel a Sondaxe ou a Metra Seis, que xa non sei se segue existindo.
Menos mal que tanto Novoneira coma Carvalho mataríanse de risa e levarían as mans á cabeza se vivisen para ver estas cousas. Facelos competir a eles nun Gran Irmán de pacotilla ¡por Deus, que falta de respecto!

9 comentarios:

Luisfoz dijo...

Novoneyra e Carvalho; os dous são merecedores mas parece que contra dom Ricardo há paulinha

daniel dijo...

Sen dúbida é inevitable. Quero dicir que tódolos anos se fai un proceso de selección e é inevitable que ás veces haxa 'competencia' entre candidatos que teñen os mesmos méritos.
Sobre as candidaturas de Novoneyra e Carvalho, admito que teño un conflito. E supoño que aos da Academia ese conflito tamén lles anda a dar voltas na cabeza. Está claro que Carvalho merece xa que lle dediquen o día das Letras Galegas. Fixo moitísimo pola nosa cultura, como creador e tamén como crítico e ensaísta. Pero a súa opción normativa por un galego aportuguesado penso que é un problema. Non o sería se hoxe en día o galego estivese nunha situación normalizada, pero ese, tristemente, non é o caso. E reintroducir na sociedade o tema (o conflito) do reintegracionsmo creo que é moi arriscado, sobre todo se quen o introduce é a propia Real Academia Galega.
Repito que Ricardo Carvalho Calero ten, polo moito que contribuíu á cultura galega, tódolos méritos e que merece sen dúbida ningunha o noso recoñecemento.
(Como curiosidade, comentar que onte puxen no meu blog unha pequena homenaxe a Novoneyra, a partir de textos extraídos do epistolario de Ramón Piñeiro a Del Riego e de textos do libro "Os anos escuros" de Franco Grande).
Os dous (e moitos máis que loitaron neses anos escuros) merecen a nosa admiración e o noso agradecemento.

Vicente Araguas dijo...

Non vou explicar canto aprezo a Uxío Novoneyra, como poeta e como persoa (nunca esquecerei aquel xantar rumboso en A Penela, de María Pita). O que non quita que ese afán testudo de ningunear a Carballo sexa moi, moi triste. O seu lusismo serodio como pretexto. ¿E que? ¿Abondo como para suprimir o poeta, o novelista, o dramaturgo, o historiador da literatura, o articulista, o conferenciante, o oficial da República, o encarcerado na posguerra? Ese home merece, desde hai moitos, o Día das Letras. E o ninguneo sistemático da RAG (da que non quixo ser director) comeza alporizar. Polo demais tes razón, Don Ricardo, orgulloso como Azaña, un ponto "desdeñoso", sorriría escéptico coa balumba esta. Faga a RAG o que lle pete, moitos (eu un deles) seguimos adicándolle a Carballo o Día das Letras, cada día.

Luisfoz dijo...

Está visto que ser reintegtracionista, ou lusista se preferirdes, é algo assim como ter a lepra. E sei bem de que falo.
Saúde a todos e todas.

Perfecto Conde dijo...

Querido Foz:
Se te fixas no post seguinte, dedicado á morte de Baltasar Porcel, decataraste de que este escritor catalán xa te acompañaba, hai corenta anos, na túa "lepra".
Dígocho con cariño inmenso.

Almiral Mouchez dijo...

Súmome as sabias palabras de Don Araugas.

Anónimo dijo...

Leprosos tudos:
recuperemos, tamén, as charlas e conferencias en castelán de calquer dos dous artistas de referéncia.

SurOeste dijo...

Ao señor anónimo que vai de lusista: en portugués a forma tudo é neutra, non existe nin nunca existiu *tudos como masculino plural.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,