lunes, julio 13, 2009

Malos tempos para o xornalismo

Para a lírica quizais non corren malos tempos en Galicia, pero o que é para o xornalismo están a piques de seren pésimos. Redaccións cheas de mileuristas, becarios que fan traballos que antes se encargaban a encalecidos mestres do oficio, e, o qué aínda é máis preocupante, despidos e máis despidos cando se tercia.
Cando eu era un rapazote case ninguén quería ser xornalista. Era cousa de mortos de fame que tiñan que poñer nos papeis o que lles mandaba o franquismo. Despois a profesión prestixiouse e, no tardofranquismo, a transición e a primeira democracia, os xornalistas fomos respectados, ben pagos e mellor mirados. Daquela falábase do “Parlamento de papel”, e era certo: nos xornais era onde ardía a leña da lareira democrática.
Agora volvemos a ser o que fomos hai medio século ¿De quen é a culpa? De todos, incluídos os xornalistas.

50 comentarios:

Anónimo dijo...

O xornalismo está a atravesar moitas crises, principalmente de credibilidade. A xente comezou a descrer deles, seguen consumindo información, si, pero cada vez lle conceden menos valor; de aí que se opte polos trinta minutos da televisión, polos gratuítos, por internet. A prensa seria mantén as súas cifras de vendas (ollo, comeza a chegar a España a gran crise que leva xa un lustro afectando ás cabeceiras francesas, alemás, inglesas...). As razóns? Demasiado cerca, demasiado dependentes dos poderes. E iso é percibido pola sociedade, que é moito menos parva do que moitos pensan.

E outra cousa, un feito terrible, ao meu xuízo: os xornalistas perderon a súa autonomía, cada vez máis dedícanse a repetir as consignas lanzadas dende o despacho do director, ou dende o consello de accionistas. Nin xornalismo de investigación, nin voz para a cidadanía, nin creación de verdade, nin xornalismo de autor, coa alma e o alento da subxectividade.

Anónimo dijo...

Primeiro GZNación, agora Vieiros e Acordar, a ver que pasa en Xornal e A Nosa Terra. O empresariado nacionalista luciuse. Tramas de financiamento ilegal do BNG (GZN), despedimentos masivos (Vieiros e ANT), contratos irregulares coas consellerías 'dos nosos' (Acordar), posíbel desmantelamento/xiro ideoloxico radical (Xornal)... Viva o suposto progresismo, a suposta esquerda e toda a mandanga.

Anónimo dijo...

Joé, que cousas!

Anónimo dijo...

Pois a min o que me parece escandaloso é que unha empresa como Acordar teña problemas económicos despois destes catro anos nos que un 'goberno amigo' lle deu centos de milleiros de euros. Coñecidos por todos son os contratos que estas empresas tiñan coas consellerías (e concellos), principalmente as que estaban en mans do Bloque. Acordar foi durante anos un pozo no que botaron cartos públicos, parece que un pozo sen fondo.

Anónimo dijo...

Aos anteriores comentaristas... menos mal que temos "La Voz de malícia" coa sua independéncia... ha ha ha

Anónimo dijo...

Home, e só porque Vieiros é ideoloxicamente máis próximo, temos que desculpar que despida un terzo dos traballadores, sen dicir nada?

Moi ben

Anónimo dijo...

E os traballadores, agora, a pagar pola incompetencia ou os roubos doutros.

Luisfoz dijo...

Qualquer cousa menos "La Voz de Galicia", sempre inimiga da Galiza e do galego. Por suposto excluo a época de Pillado, vilmente despedido.

Anónimo dijo...

Alén dese debate tan absurdo (por obvio) de se Vieiros é mellor ou peor que La Voz, o certo é que, polo que me contan traballadores e sindicatos, o que está pasando nesa empresa é vergonzoso.

Eu estou escoitando, de vez con máis fontes e máis fiables, a sospeita de que en realidade toda esta suposta crise, ou quebra, ou como se lle queira chamar, de Vieiros, non é máis ca unha estratexia para levar a cabo un ERE encuberto. Dez traballadores á rúa, aos que ademais están intentando pagarlle o menos posible nos seus despidos (20 días por ano, e a algún nin sequera iso), supón un aforro considerable para unha empresa (Acordar-Vieiros) que tiña uns trinta traballadores.

Anónimo dijo...

Aí estamos, luisfoz, do lado dos traballadores, como debe ser.

Anónimo dijo...

Sobre o de Acordar Vieiros, está claro que a empresa gañou cartos de abondo para non ter que despedir a 10 persoas a poucos meses do cambio do Goberno. Se non hai pasta só quedan dúas posibilidades:

1.- Marchou con ela o xerente. Daquela porque o empresario non o denuncia?

2.- O empresario sacou parte da pasta da empresa e agora, que sabe que veñen as vacas fracas, quere desfacerse dos xornalistas culpando ao xerente.

En todo caso, antes de botar a ninguén podía vender o iate no que esta fin de semana estivo no encontro de Muros, por exemplo.

Anónimo dijo...

Non sei se se saberá algún día onde foron parar ese medio millón de euros que falta en Vieiros, seguramente para os traballadores tanto ten se se “perderon” pola incompetencia de alguén, ou se alguén ten algunha conta segreda na que quedaron ben gardadiños. E non sei se é máis culpábel o xerente, como se dixo nalgún momento, ou o empresario. Pero o que si me pregunto é por que Lois Rodríguez, que afirma que foi o xerente o que levou os cartos, non o denunciou aínda e parece que non o vai facer.

Anónimo dijo...

A mi Vieiros y demás medios radicaloides me la refanfinflan. Todos chuparon del bipartito y que se investigue. Menos mal, que quedan medios gallegos que no chuparon del BNG, como dice Anónimo (tiempos y otros) Ellos no sacaron a ceivar ni a iniciativa internacionalista ni a otros sospechosos de filoterroristas. Y además aquí no gobierna pol-pot y aún podemos ser hijos de funcionarios (tipo A, gaviotero, claro)

Anónimo dijo...

Home, Iniciativa Internacionalista non saíu en Vieiros, que estivo vetada. Houbo consigna de que non se sacase nada que non fose o BNG e Ana Miranda. Vieiros terá moitas cousas, pero independencia do aparato non ten, iso si que non

Anónimo dijo...

Nos comentarios de galiciaconfidencial dan conta dun dos moitos asuntos turbios que se moven ao redor de acordar
http://www.galiciaconfidencial.com/?p=3491#comments

Anónimo dijo...

Hai alguén aquí moi inxusto cos comentarios persoais sobre o dono de Vieiros. Sobre todo un que traballa dentro desa empresa, e que o sabe mellor que ninguén. ¿Que se pode fiar de ti con estes comportamentos?
¡Lamentable!

Anónimo dijo...

Anónimo, es moi inxusto cos teus comentarios persoais sobre o dono de Vieiros. E ti, como persoa que traballa dentro desa empresa sábelo mellor que ninguén. ¿Que se pode fiar de ti con estes tipos de comportamentos?
¡Lamentable!

Anónimo dijo...

Aí, aí, sempre coa patronal, nin un paso atrás: aos despedidos, que lles dean polo cu. Na época dourada, cando Cultura contrataba e contrataba con Acordar, os traballadores tardaban meses en cobrar.

Viva o empresariado nacinal-popular!

pepe lago dijo...

¡Ala! Máis antiperiodismo. A todo isto chámaselle cainismo. ¿Podes dicir o nome dun só despedido de Vieiros? A estas alturas xa deberiamos ter máis tino co que escribimos. Intervencións como a anterior á miña descacreditan estes foros. ¿Que probas temos? Ningunha, pero non importa, largamos e largamos e xa está. ¡É lamentable!

Anónimo dijo...

Pois eu son ex-traballador de esa casa e corroboro que na "época dourada" cando chovían os contratos de Cultura (onde era jefa de prensa a parella do empresario) cobrábase con retraso e nin se cheiraban as extras. O empresario escudábase xa daquela no gerente pero nunca moveu un dedo por solucionalo. Agora cos despedimentos fai o mesmo, culpa a un fulano que nin sequera denuncia, malia o suposto burato de medio millóns.

pepe lago dijo...

O último xa me parece de INTERECONOMÍA. Corroboro, di. Lémbrame esa frase, ¡te lo digo yo! Si, señor, periodismo de altura. Supoño que a ti non te tratarían tan mal, pois do contrario ¿como é que non denunciaches? ¿Fixéchelo? A mención á parella é vomitiva. Vexo que o periodismo está mal pero ben mal.

Anónimo dijo...

pepe lago é antonio fontenla?

Anónimo dijo...

O SXG pide un plan de viabilidade no grupo Acordar-Vieiros para evitar os despedimentos


SXG
Santiago


O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) alerta que as empresas Acordar e Vieiros están planeando os despedimentos de dez traballadores dun cadro de persoal de 31 persoas. Tres deles serían no xornal dixital Vieiros e sete na empresa multimedia Acordar Comunicación en Internet, segundo lles comunicou aos asalariados o único propietario das dúas empresas, que comparten sede en Santiago.

Plan para evitar os despedimentos

O SXG denuncia o atraso do pagamento da nómina de xuño a todo o cadro persoal, así como impagos de horas extra e da paga de beneficios nalgúns casos. Así mesmo, pídelle á patronal que presente canto antes unhas contas claras, detalladas e por escrito da situación financeira da empresa. Ademais, solicítalle publicamente que negocie cos traballadores un plan de viabilidade para sacar o grupo adiante coa colaboración de todos e evitando ao máximo os despedimentos.

Aos traballadores resúltalles evidente que a compañía sacou adiante proxectos derivados de importantes contratos nos últimos catro anos. Así o proba o gran volume de traballo realizado con éxito para múltiples administracións e firmas privadas.

Polo tanto, a empresa debe xustificar o intento de despedir unha terceira parte dos traballadores achegando documentos que mostren o destino deses en teoría importantes ingresos. Só así se poderán corrixir as causas reais que levaron o grupo a esta difícil situación.

Cómpre probar as 'circunstancias obxectivas'

O grupo está baseando as ofertas de despedimento nas "circunstancias obxectivas" da súa situación económica, intentando deste xeito non aboar a indemnización á que os traballadores teñen dereito por convenio (45 días por ano traballado). Polo tanto, está na obriga legal de presentar publicamente a documentación que o acredite.

De culminar a empresa os despedimentos sen xustificarlles documentalmente aos traballadores as contas das empresa, o SXG resérvase o dereito de denunciar nos xulgados os despedimentos.

En todo caso, o SXG reitéralles aos traballadores destas compañías, e a todos os profesionais do sector que poidan estar inmersos en problemáticas semellantes, que nunca asinen ningún documento sen consultalo antes cos servizos xurídicos do SXG. Servizos xurídicos que están a disposición de todos eles.

Visto: 209 - 13.07.2009 - 00394

pepe lago dijo...

Xosé Lago é un tipo moi normal, e ao que lle gustaría que o xornalismo deste país fose outro.

Porque, repito, a dia de hoxe ¿coñece alguén algún despedido de Vieiros? Claro que non. Pero non importa, os pijos metidos a periodistas e mesmo a sindicalistas seguirán o dálle que dálle. E dáme a min que ser pijo e xornalista ou sindicalista é incompatible. ¿Ou non?

Hai quen fara de que estes blogs sustitúen mesmo ás tertulias. É mentira. Nas tertulias estes mentireiros non poderían mentir tan cobardemente. Pero claro, aquí, no anonimato é moi fácil largar. Son tempos de señoritos consumistas.

Anónimo dijo...

lago-fontenla continúa coa súa argumentación de altura: os pijo-sindicalistas, como aqueles do metal, que se queixan de vicio. A quen se lle ocorre protestar porque o botan á rúa, onde imos chegar.

Anónimo dijo...

O único que minte aquí, señor Lago, é vostede, e sábeo, arrecarallo se o sabe.


Claro que as súa razóns terá.

pepe lago dijo...

M., repito, ¿coñeces un só despedido de Vieiros? ¿A que non? Eu tamén traballei en Vieiros. Sei do que falo.
Non inventedes un mundo para xustificar non sei qué.
Ser moi novo, non traballar nunca antes, andar polos trinta ou non chegar a eles, non xustifica tanta malicia.

Anónimo dijo...

Eu deixo esta paranoia porque por máis preguntas que faga non as van responder. Hai xente aos que non lles gusta que lles pregunten. Pois non teñen respostas.
Comigo non contedes nesta trapallada cainista.

Anónimo dijo...

É máis, seica lles van subir o soldo a todos os traballadores.

Anónimo dijo...

Webs da Consellería de Cultura do bipartito realizadas por Acordar:

http://culturaeturismo.xunta.es/
http://www.galiciantunes.com/
http://www.thegalicianway.com/
http://www.patrimonio.org/
http://www.agadic.info/
http://www.prazadasletras.org/
http://deportegalego.eu/
http://www.cidadedacultura.org/
http://www.galicianbooks.com/
http://www.letrasdagaliza.com/
http://www.letrasdegalicia.com/


En todas elas pódese comprobar a autoría mirando o código fonte da web na liña meta name="author" content="www.acordando.com"

O que debería explicar o empresario é onde foi parar eses cartos antes de botar á xente que se deixou a piel por sacar adiante a empresa.

Anónimo dijo...

Pepe Lago apunta e dispara.

Solidariedade cos despedidores!

Anónimo dijo...

Efectivamente, Lago minte. Quizabes adrede, quizabes non, pero minte. Ademais de insultar.

pepe lago dijo...

¡Caralló! Así que minto, eh?
Pois repito a pregunta, ¿coñece algún destes que digo que minto a un só despedido de Vieiros?
Gustaríame unha resposta. Do contrario todos podemos ver quen minte. Estou á espera.

Anónimo dijo...

¿No se iba usted?

Anónimo dijo...

¿Molestouse en ler o comunicado do Sindicato de Xornalistas, señor Lago?

Anónimo dijo...

Pero quen carallo é este Lago desecado que se fai tan pesado?

pepe lago dijo...

Eu, que son xornalista, reitero a pregunta. ¿Coñece alguén mesmo o Sindicato de Xornalistas, algún despedido de Vieiros? É terrible que este Sindicato tampouco teña resposta, porque sabe que minte. Oiu algo e deulle ao rumor carácter de noticia. ¡Isto si que é periodismo! Estamos aviados.

Anónimo dijo...

¿Que rumor, homiño de deus, que rumor? Segue a mentir e sábeo.

Anónimo dijo...

Deixe de dicir imbecilidades, señor Lago. O SXG atendeu as denuncias de traballadores de Vieiros-Acordar aos que o señor propietario da empresa lles anunciou rescisión de contrato. Contrastou informacións e emitiu o comunicado.

O seus comentarios neste foro resultan repulsivos, nauseabundos, noxentos.

pepe lago dijo...

Repito, que eu saiba hoxe non hai ningún despedido. E ti, máis que ninguén, sabes que mintes.
A túa falta de resposta á miña pregunta comeza a ser sospeitosa.

Agora si que o deixo.

CHAO.

Anónimo dijo...

Imbécil.

Anónimo dijo...

¿Daquela cal é a súa tese, míster Lago? Que uns señores inventaron que en Vieiros ía haber despedimentos ¿para?

Aínda me parece incríbel que haxa xente que pense como vostede foi manifestando na súa serie de comentarios. ¿Pódese manifestar en menos espazo máis baixeza moral, actitude máis de basureiro persoal que a do que escribiu aquí?

Anónimo dijo...

Mesmo podía ter a consideración de non recorrer ao insulto, señor Lago. Pero en fin.

Touceda dijo...

A ver, cal é o problema? Houbo ou vai haber despedidos en Vieiros, si ou non? Hóuboos en Acordar? Non son, para o caso, a mesma cousa? Este Pepe Lago debería explicarse mellor e dicirnos en nome do que ou de quen fala. E os seus contrincantes, no canto de dirixirlle insultos, tamén podían concretar datos acerca deses supostos despidos.

Anónimo dijo...

O que é falar sen saber...

Anónimo dijo...

Lago-Fontenla calou a boca, Cóllese antes a un mintireiro ca a un coxo...

Anónimo dijo...

Lago sabe de sobra que en Vieiros-Acordar hai despedimentos. Uns oficiais e outros oficiosos. Sabe tamén que o propietario xustifícao na persoa do xerente pero non parece facer nada. E sabe igualmente a chantaxe á que someteu o patrón a outros traballadores. Ou baixaban o soldo ou alaputacalle.

Anónimo dijo...

Como cala agora o lago ese, claro. Saiu até o colecio de xornalistas

Anónimo dijo...

lago, laguito... di algo, embustero, difamador

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,