viernes, julio 03, 2009

Espionaxe de despacho

Un empresario galego do cemento, que está emerxendo no mundo da comunicación, botouse de repente ao monte. Saiu cazar en couto alleo. Ansioso de competir cos grandes do mercado actual, abateu peza disparando contra un xornal que vende arredor de cincuenta veces máis exemprares ca cabeceira que el edita.
É de supoñer que a golpe de talonario, fichou un responsábel local desa publicación para incorporalo á súa empresa editora con cargo de director xerente. Segundo sabe Croques, a operación deste novo Citizen Kane galego vai con segundas, terceiras e ata pode que cuartas e quintas. Pretende rendabilizar a fichaxe exprimindo todo o que poda saber a peza cazada sobre a empresa que acaba de deixar e na que o fichado tivo acceso a algunha información sensíbel polo feito de que o cargo que desempeñaba permitialle asistir a unha parte dos consellos e coñecer a estratexia informativa e publicitaria do medio do que se despediu tan precipitadamente que nin sequera quixo cumprir o prazo de preaviso.
Segundo fontes solventes coñecedoras do asunto, o editor contratante tamén actuou movido polo seu desexo de controlar e, se cadra, reorientar a dirección do seu xornal, que de momento non destaca precisamente polo éxito de vendas nin pola abondancia de publicidade. Parece ser que a súa intención é a de contar cun “espía con despacho” no que despositar unha confianza que quizais xa perdeu respecto a algún dos seus actuais executivos.
A manobra deixou inmenso mal sabor de boca no medio de procedencia do mudante, cuxo responsábel máximo montou en auténtica cólera e non sería raro que o asunto desencadee consecuencias no futuro inmediato. O que está claro é que o caso vai dar sen dúbida que falar e xa está voando moito a palabra “traizón”. Volvemos sobre este affaire.

11 comentarios:

Hildegart Canido dijo...

Explíquese, señor Conde, explíquese. Diga quen é o "traidor", quen o "traizoado" e quen é o raposo que birlou a galiña. Eu, que lle vivo nunha cidade que algunha vez lle foi moi departamental, xa fago unha idea de por onde foron os tiros do cazador. Pero vostede, que saberá máis do que conta, anímese a ilustrarnos detalladamente sobre o episodio.

Anónimo dijo...

Volva, volva canto antes sobre este affaire.

Anónimo dijo...

Todo eso son boas novas. Eu alégrome de aquelo que perxudique ao "medio de procedencia" e ao seu "máximo responsable".
En canto ao das ventas, todo se andará!

Anónimo dijo...

Polo que se le entre liñas, Miguel Ángel Souto, delegado de La Voz de Galicia en Ferrol, foi fichado por Jacinto Rey para Xornal, e marchou á francesa ¿vou ben Almiral? Quizais o faga porque cre no proxecto xornalístico e, en calquera caso, contanto con regresar á súa casa se non lle saen ben as cosas nesta nova empresa para el. A sona de rencoroso de don Santiago Rey é totalmente infundada.

Anónimo dijo...

E quen é ese xenio que merece a pena fichalo? A ver, don Conde, a ver, cando nos conta toda a verdade.

Anónimo dijo...

E que ten de malo que un editor fiche un xornalista pescándoo noutro medio? Non estabamos no libre mercado (incluído o laboral e profesional)?

Anónimo dijo...

A noticia aséptica é que Xarei lle birla un xornalista cualificado a SantiRei.

A noticia en croques é que Xarei non se fía dos que levan o xornal é quere espialos, traendo un fichaxe da Voz.

Pero vale, todos sabemos de quen é amigo o de Croques.

Anónimo dijo...

E certa a relación do fichado co Opus Dei?

A. dijo...

A don Santiago escoiteille palabras maiores dirixíndose a un tal "Tiburón del Lerez"?, que andaba a facer dobre xogo.
Poe aclarar algo don Perfectiño?

undetal dijo...

Non parece que Miguel anxo teña grandes coñecementos dos segredos da Voz. NOn e certo que participase en consellos e, coma deleegado de ferrol, a sua labor era cuestionada na vila e na propria empresa.

Parece que o sogro do periodista é socio de Jacinto en Pontevedra, e que foi quen urdiu a operación, que tería que ver máis co futuro persoal de MIguel Anxo (agora vou a xornal e si veñen mal dadas quedo nalgunha das empresas do grupo ou preparo a estratexia de comunicación para a salida a bolsa) que con escuros enfrentamentos ca Voz.

Xornal non tiña moito sentido na época do bipartito, pero sen o respaldo de Quintana non é maís que o cap`richo dun empresario para vender 1000 periódicos. Non paga pena

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,