miércoles, julio 15, 2009

Será Molina o seguinte alcalde da Coruña?

César Antonio Molina pode ser o que encabece a candidatura do PSdeG-PSOE ao goberno local da Coruña nas próximas eleccións municipais. Segundo fontes consultadas por Croques, o ex ministro de Cultura e un dos mellores poetas galegos deste momento, está sendo animado por determinados poderes fácticos coruñeses a que se decida a suceder a Xavier Losada no despacho principal do pazo consistorial da praza de María Pita.
Un dos seus padriños nesta iniciativa está sendo o ex alcalde coruñés e actual embaixador de España na Santa Sede, Francisco Vázquez, con quen xa se encontrou varias veces Molina no Palazzo di Spagna da praza de España de Roma. O escritor coruñés, que ademais de ministro tamén foi director xeral do Instituto Cervantes, contaría igualmente co apoio do editor do xornal máis influínte de Galicia e, dende logo, da Coruña, Santiago Rey, co que Molina mantén moi boa relación e con quen acostuma ter frecuentes encontros. O propietario de La Voz de Galicia, sempre amigo de influír na política galega sen participar directamente nela, xa lle tería prometido ao ex ministro o seu decidido apoio para que puidese chegar á alcaldía coruñesa mesmo sen que precisase do concurso dos nacionalistas do BNG, polos que Rey non oculta case nunca o seu radical desentendemento.
Claro que, de aquí ás eleccións municipais, aínda falta un cacho e a aparición dun neovazquismo coruñesista pode atoparse con varios atrancos.

35 comentarios:

Anónimo dijo...

As enquisas de verdade din que Molina pode lograr maioría absoluta na Coruña, e que con Losada como candidato os socilistas perden as eleccións e o pepé queda como lista máis votada. Pero o ex ministro de Cultura anunciou en público xa que abandonaba a política activa, aínda que de momento siga como deputado. Tamén hai que lembrar que os socialistas coruñeses da vella garda, encabezados por Marón, non queren a Molina, e xa expresaron internamente o seu malestar cando encabezou a candidatura pola provincia ás últimas eleccións xerais. No fondo é unha cuestión de vazquismo si, vazquismo non. O triunfo da Torre de Hércules na carreira ao Patrimonio da Humanidade xoga tamén con forza a favor de César Antonio, hoxe aclamado na Coruña tanto polas dereitas como polas esquerdas, pero para as eleccións locais falta moito tempo.

Anónimo dijo...

Me van a disculpar que les escriba en castellano, porque mi gallego no es bueno. El editor del blog menciona la faceta de escritor, para mí la fundamental, del señor Molina. Es curioso: su último poemario, escrito en lengua gallega, fue completamente ignorado en Galicia. Hasta el extremo de que ni siquiera sacaron a su autor en el programa de libros de la teuvegá, presentado por un hombre que sale haciendo de cura los domingos en una serie de la misma cadena. Sin embargo, cuando el libro fue traducido por su propio autor al castellano, recibió el eco y el aplauso del que hoy goza tanto dentro como fuera de España. Y así se dio la paradoja de que estuvo a punto de ser Premio Nacional un libro en gallego traducido al castellano (no lo fue por un tecnicismo, se dijo que era una traducción cuando el jurado ya se había decantado por él)al que los críticos gallegos habían ignorado cuando se publicó en su lengua.
Anoto esto para advertir de que esta Galicia que hoy me acoge está llena de contradicciones. Quizás el señor Molina también sea fruto, además de víctima, de ellas. Fíjesen lo que sucede aquí, en Coruña: Molina cosigue que la torre sea patrimonio de la humanidad, Paco Vázquez pide para él la medalla de oro coruñesa, la gente lo reclama y los políticos ni contestan. Una pena.

Un dos Outros dijo...

Polos que din quen é e quen non é Un dos Nosos, que a miúdo viven moi ben do conto ese, Molina sempre foi considerado Un dos Outros. O mesmo lle pasou a un grande amigo de Perfecto, Álvaro Cunqueiro, que choraba, pouco ants da súa morte, cando lle foron ceibar un poco ao acto no que recibía o título de doutor honoris causa (creo que Conde estaba alí, igual que César) pola Universidade de Compostela E a moitos máis, que están na mente de todos. Pero iso non importa. O que ten verdadeiro valor, queda. O demais, vaise co vento.

Observatore dijo...

O PSOE equivocouse ao prescindir de César Antonio Molina como ministro de cultura, e ben caro o está pagando. Oxalá el volvese á política e optase non á alcaldía da Coruña, senón á presidencia da Xunta.

Hildegart Canido dijo...

Quizais sería hora de que a política galega empezase a ser protagonizada por xente que teña, polo menos, algunha consistencia. Lendo a entrevista que lle fixeron a Anxo Quintana en "Xornal", unha percátase de que non aprendemos nada. O político que máis erros cometeu no nacionalismo galego institucional, resulta que segue pensando que é unha alternativa.
Ás veces penso que debería haber unha total mudanza de nomes para que puidésemos ensaiar se somos quen de facer algo distinto. Molina, de alcalde na Coruña, quizais podía ofrecer esa esperanza.

Anónimo dijo...

Si, e en Vigo podíase poñer a Damián Villalaín, non te ghode!

Anónimo dijo...

A comparación podería ser odiosa para os dous, pero sobre todo para Molina.

Anónimo dijo...

ao segundo anónimo:

todo o que di, da primeira á última liña, é un embuste. Máis ben aconteceu o contrario: un poeta tan explicitamente mediocre como que escribe 'Eume' foi sistematicamente loubado -poden buscar textos de Fernán-Vello, de Ramiro Fonte, de Ramón Loureiro, de Freixanes- aquí e acolá polo único feito de un ministro ser quen o asinaba. Ou polo crónico despiste que hexemoniza a lectura de poesía na Península Ibérica.

Pero, en fin, esa caste de victimismo é unha vella táctica: o dominador faise ver como dominado. Lamentábel.

Anónimo dijo...

E logo quen son os bos poetas desta terra? Os que doan terras herdadas para que lles perdoen os impostos que non pagaron e lles dean, de paso, algunha distinción?
Aínda ha haber que someter o país a unha revisión.

Anónimo dijo...

Vostede dirá, en calquera caso: este, non.

Anónimo dijo...

Non é certo que o libro de Molina carecese de eco no mundo cultural galego. Tivo moitas reseñas e críticas, a maioría delas boas, e os sectores non trogloditas da cultura nacionalista galega saudaron efusivamente o seu xesto de compromiso e amor cara á lingua galega.
Como candidato á alcaldía da Coruña, estou convencido de que Molina obtería a maioría absoluta.

Por preguntar dijo...

Facía peor o libro de Molina que cando o publicou en galego fose ministro?

Jacques Delapierre dijo...

Eu que desto sei o xusto, direilles que se Paco Vázquez se empeña, Molina será o candidato. Outra cousa será que chegue a ser alcalde, por que xa me dirán que méritos ten máis que ser un bo poeta.

Fuco de Esteiro dijo...

Ó anónimo dous, aínda que o seu galego no sexa bó -según dí.

Non o entendo: un libro non pode ser premio por estaren traducido do galego o castelán (é que estaba mal traducido, ou qué?) porén un libro traducido do castelán ó galego sí que pode ser premio, ou é que xa esquecimos o último premio do Carlos González Reigo sa?

Fuco de Esteiro

Anónimo dijo...

Que queres dicir? Que Reigosa traduciu o seu libro do castelán ao galego? Ou sexa, que o escribiu en castelán?

Hércules Poirot dijo...

César Antonio Molina é unha persoa especialente querida na Coruña, porque representa a esencia do coruñesismo. Ou, mellor dito, do que os coruñeses consideran a esencia da coruñesidade: serio, austero, incapaz de favorecer a un amigo (polo qué dirán), máis dado a feitos que a palabras, viaxado, con varias carreiras por se con unha non lle chegase, socialista moderadísimo, conservador en bastantes aspectos, galeguista ma non troppo, home sen veleidades nacionalistas, republicano pero sen problemas para sen entender coa institución monárquica, amante das tradicións que merecen ser amadas, políglota (fala con fluidez alemán, francés, italiano e por suposto inglés, non ten problemas para redactar un texto nin en latín nin en grego clásico, e incluso pode ler algo en gaélico irlandés e incluso en ideogramas chineses)e pertence a unha familia de coñecidísimo caché herculino, das que antes se dicía que eran todo o día muysaludadas.

Penso eu para min dijo...

1) Claro que C.A.M. gañaría as eleccións na Coruña con maioría absoluta. Iso sábeno tanto no PSOE como no PP. Pero el non é do PSOE, ou alomenos os do PSOE non o consideran un deles.

2) Nunca aceptaría liderar esa candidatura. Sería tirar pola borda a traxectoria dunha vida enteira.

3) Saíu moi queimado la política. Cesárono sen razón ningunha, só porque non podía haber tantos galegos no goberno -entraba Blanco- e ademais había que manter a cota de mulleres.

4) A súa pegada na política está nas hemerotecas: cando deixou a carteira ministerial, e a pesar dos debates que tivera con algún grupo -cos parlamentarios canarios, por exemplo-, todas as forzas do Congreso, sen excepción, lamentaron o seu cese ou, como foi o caso de Rajoy, dixeron, cando menos, que non había razón para que prescindise del o presidente Zapatero.

La que sabe dijo...

Ser un bo poeta tiene mucho mérito porque, entre otras facultades, Molina tiene la de ser un hombre culto, cosa que le falta a casi todos los políticos. Pero me parece un atropello a la verdad el olvidar su trabajo en el Instituto Cervantes y en el Ministerio de Cultura. De ello se deduce que Molina es demasiado para muchos gallegos y para el resto de España.Y no soy de PSOE.
Estoy esperando un buen artículo sobre su libro Eume.

Unha que sabe menos dijo...

A prensenza de Molina en Galicia por nerviosa a moita xente.

Aos que cren ou queren facer crer que eles son a cultura galega, porque pon en evidencia o seu xogo.

(Non é a primeira vez que en España brilla un libro galego traducido ao castelán que previamente fora ninguneado en Galiza polos camaradas comisarios, pero no seu caso todo é máis evidente).

Aos que din, para reclamar postos de saída nas listas electorais, que teñen un tirón entre a xente que por suposto non teñen.

Aos que viven da política facendo dela un oficio.

Etc, etc, etc...

Anónimo dijo...

Disculpen, pero penso que os comentarios que afirman que CAM gañaría as elecións municipais na Coruña son auténticas trampas.
CAM é un perfeto descoñecido en Galiza e n'A Coruña, un perfeto descoñecido como político, quero dicer.
O seu vencello político coa Coruña é nulo, nunca fixo política aí, sempre foi en Madrid (que está moi ben, que conste); pregunten nun barrio e verán qué chachi.
E se como político é unha pantasma, xa me dirán quén coñece a obra poética do Cantor do Eume, como acontece con case todos os poetas.
Claro, tamén pode ser que o PSOE de Pachi non teña mellor recambio para o triste Fillo do Embaixador, pero se César Antonio Molina ("ojos de fuego y melena de león al viento") é o candidato, que nos leven as Ánimas.

Anónimo dijo...

Ó que preguntou si Carlos Reigo SA escribiu orixinalmente en castelán: a resposta é sí, foi escrito orixinalmente en castelán e traducida apresuradamente para ser presentada o premio Torrente. No xurado diste premio, por certo, séntanse polo menos dous bos amigos do Reigo SA que eu creo que xa sabáin que a novela estaba escrita orixinalmente en castelán.

Anónimo dijo...

Que na Coruña non coñecen a Molina? Home, se vostede o di.¿Son tontos na Coruña, logo?

Ninghién dijo...

De ser certo o que se está dicindo aquí acerca de que Reigosa escribiu en castelán a novela gañadora do Torrente, estariamos diante dunha suposta fraude literaria que pagaría a pena analizar. Mesmo poderiase discutir se se cumpriron debidamente as bases do concurso (confeso que non as coñezo) e, de seren incumpridas, algún dos outros concursantes podería impugnar a adxudicación do premio.
O que non sei é como se pode asegurar que o autor escribiu a obra en castelán e pasouna logo ao galego para entrar no premio. Confesouno el acaso? Traduciu el a obra? Traducíronlla? Non vaia suceder que eteamos abrindo un novo escándalo literario.

Anónimo dijo...

Non, claro que non son tontos na Coruña.
Probe vostede nos barrios. A ver qué resultados obtén.
Claro que saberán algúns quén e CAM, sen dúbida, moitos, poucos, os que vostede desexe. É o mesmo.

Anónimo dijo...

Non, claro que non son tontos na Coruña.
Probe vostede nos barrios. A ver qué resultados obtén.
Claro que saberán algúns quén e CAM, sen dúbida, moitos, poucos, os que vostede desexe. É o mesmo.

GalizacapitalBraga dijo...

Assim que dom Santiago já nos procurou outro home providencial? Bom, se é tam cultivado como dim polo menos terá vergonha intelectual, algo do que por estes lares nom andamos mui sobrados. Um homem de tal suposta categoria nom pode permitir que ninguém lhe impeça ter um discurso próprio e articulado. Muitos pés terá que recontar para que lhe quadrem os vícios privados com o benefício público. Com a questom do porto poderá nos brindar um elegante estrambote. De vereador de cultura pode levar a Carlos Marcos, notável fazedor de rípios.

Anónimo dijo...

Até pode ser posíbel esta noticia... se don César quere un retiro glorioso e gotoso ollando cara o Atlántico mar.
Pero non vexo a este home, que gosta de mirar, así, como se non che mirase, falando coa veciñanza dunha alcantarilla rota.
Non, pra min que non.

arume dos piñeiros dijo...

Non hai que esquecer tampouco o vencello con Santiago Casares Quiroga.

Anónimo dijo...

Tampouco fai falta ser moi espabilado para saber porqué se cargaron a este troglodita cultural e rata de biblioteca rancia que fala e traballa en áreas nas que a inmensa parte da sociedade (perfectamente formada e informada) non so ignora senón rexeita por anacrónica.
Mentras a sociedade mira para un lado este señor está máis preocuopado en otorgar prevendas a sindicatos do crime cultural ao tempo que sobrepasado pola propoia sociedade, máis activa e viva que el.

Este señor está ben para representar visións caducas do mundo, como as do pacovazquismo ou do tipo ese do xornal, pero puco máis.

O que xa alguén comentou, non me inmaxino eu ao señorito este indo por bens a explicar cando se rematan as obras de melloras da estrada...

http://www.google.es/search?q=cesar+molina+sgae&hl=gl&client=firefox-a&rls=com.ubuntu:en-US:unofficial&hs=wZU&start=10&sa=N


O que está claro, é que un posíbel mandato deste señor na alcaldía "corunha" sería o perfecto reflexo da paralise social na que vive a cidade.

Para o anterior dijo...

Coincido totalmente co autor do anterior post: César Antonio Molina e os que son coma el pertencen ao rancio e caduco. A un mundo que ama os libros, o coñecemento e -por suposto- a educación no sentido máis amplo da palabra, que garda dentro de si as connotacións de termos como convivencia.

Hoxe prima o contrario, en efecto. Polo menos en boa parte da sociedade que vostede chama perfectamente informada e formada ou algo así, pouco máis ou menos.

Unha sociedade na que campan xentes incapaces de escribir unha liña enteira sen faltas de ortografía, insultadores que se acubillan no anonimato a través da Rede.

O futuro será de vostedes, amiguiño, non llelo cuestiono. Pero non lles arrendo a ganancia.

Porque se iso é o futuro, mete medo.

Anónimo dijo...

Poñámo-nos no caso de que CAM sexa Alcalde de "La Coruña".
Pactaría este letrado e versado en saberes ocultos para o resto dos mortais con Carlos Marcos Blanco, presidente de "Unión Coruñesa", partido (ou algo así) apoiado por don Santiago, se for preciso e necesario, sempre pensando no benestar da cidadanía coruñesa?

E algo máis.
Recualificaría os terreos da fábrica abandoada, convertida nun acampamento de xentes sen casa, que está a carón dunha ponte de entrada a Coruña, perto do Hospital Juan Canalejo... que é propiedade do novo membro do Consello de Administración de "La Coz de Galicia", que procede das empresas de Armando Ortega?

Anónimo dijo...

Perfecto, que coñece ben Ferrol, pode contar un día como son os premios eses que lles dan aos amigos no Real Coro Toxos e Froles. Creo que a familia de Molina os colecciona.

Analista sen carné dijo...

Non creo que CAM vaia cometer o erro de ceder ante as presións que se exercen sobre el para que entre na política municipal. É a única baza que ten o PSOE para recuperar na Coruña unha maioría absoluta, pero os apoios que encontraría na cidadanía non os tería no partido, e faríanlle a vida imposible. Molina, na Coruña, en non só na Coruña, senón en Galicia toda, pon nerviosa a moita xente. No campo da política e no campo da cultura. Porque el é a proba palpable de que hai cousas que se están a facer moi mal.

Ana dijo...

Polo número de comentarios, cando menos, non deixa indiferente, o que non é pouco con tanta mediocridade en todos os partidos.

Anónimo dijo...

Sí, pero case todos e todas somos de fóra de "La Coruña" que... por certo, pode tamén ser o topónimo que use CAM, e, eis, non podemos votar por persoa tan culta e aleonada.

De verdade pensades que CAM ten "tirón" eleitoral na Coruña?