domingo, agosto 09, 2009

Acabarán Quintana e Feijóo nos tribunais de xuztiza?

Por mor de que onte tiven que asistir a un enterro en Ortigueira, non lin a prensa ata a noite do sábado. Sorprendéronme dúas cousas que apareceron en Xornal de Galicia. Por un lado, un artigo do nacionalista Anxo Quintana titulado Feijóo coloca Galiza á altura dunha colonia bananeira, poñendo podre ao presidente da Xunta, e, por outra, as declaracións do socialista Xosé García Liñares, alcalde de Cerdeda, mostrándose totalmente a favor de que se queimen medicamentos no complexo de Sogama debido a que, segundo el, “non son perigosos porque é algo que se toma pola boca”.
Estou case seguro de que, se calquera xornalista –eu mesmo– publicase a metade do que lle bota enriba Quintana ao líder do PP, os servizos xurídicos da Xunta ou os do PP –seguramente os dous á vez– tardarían só algún minuto en ir preparando unha demanda por calumnias supostamente cometidas contra Feijóo, do que di o ex líder do BNG que “coa súa anunciada decisión de derrogar o decreto eólico, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fai algo máis que tirar abaixo unha medida progresista e nacionalista. Fai unha rotunda declaración aintiautonomista e procentralizadora, coloca o Goberno ao servizo de poderosos intereses particulares abdicando da defensa do interese da maioría social do País, introduce unha perigosísima sensación de inseguridades xurídica, actúa ao ditado de caprichos de certa aristocracia mediática e, o que é maís grave: dita resolucións inxustas a sabendas de que o son e fainos pagar a todos e todas o gasto, que en forma de indemnizacións, terán as súas arbitrariedades. Calquera coñecedor do dereito podería asegurar que iso se chama prevaricación e malversación de fondos públicos”.
De ser certo o que di Quintana, como responsábel político e deputado que é, e ata mesmo simplemente como cidadán, debería comparecer, no espazo de tempo máis breve posíbel, diante da autoridade xudicial competente para denunciar ao presidente da Xunta pola suposta comisión de dous delitos que están claramente tipificados no Código Penal: prevaricación e malversación de fondos públicos, ámbolos dous penados con cadea. Quizais debeu facelo mesmo antes de publicar este artigo nas páxinas dun xornal que lle é próximo.
De non ser verdade, tería que ser o presidente da Xunta o que acudise aos tribunais para demandar a Quintana polo suposto delito de calumnia, que tamén pode conlevar pena de cadea. Aínda aposto algo que non se van demandar nin un nin outro, e que todo ha quedar nunha nova rifirrafa das que tanto acostuman ofrecernos os políticos. O malo é que, así, quedarémonos sen saber determinantemente se a grave acusación que lle fai o nacionalista ao presidente da Xunta é verdade ou é mentira. E, de paso, sen saber se Quintana é simplemente un calumniador ou un Émile Zola disposto a aplicarlle o J'accuse ao máis pintado que se lle poña diante. Nestes casos quizais tamén debería actuar de oficio a Xustiza.
No tocante ao que di o rexedor de Cerceda, eu non vou propoñer que algún día lles esixan aos alcaldes demostrar coñecementos mínimos de química, bioloxía e física, pero polo menos que lles enseñen a meter a lingua no peto traseiro do pantalón cando se poñen en trance de dicir parvadas. Mentres tanto, non hai como ostentar este cargo para saír no xornal facendo o ridículo.

5 comentarios:

Mos dijo...

Moi curioso que Axo Quintana reaccione así contra a derrogación do descreto eólico e pola contra permañecese en cuarto ou quinto plano na reacción pola agresión contra a lingua. Será porque perxudica aos seus amigos e non so ao pais, o curioso e que monta en cólera, sacando un caracter que nunca se a atreveu a mostrar cando gobernaba. Un mal perdedor. Mais que se pode dicir das capacidades cognitivas dunha persoa que catro días antes das eleccións afirmaba que levaría ao BNG ao seu mellor resultado electoral. E que se pode agardar da coherencia e ética dunha persoa que afirmaba tamen uns días antes das eleccións que se baixaba en votos, vería lóxico que se lle esixisen contas, e que logo fracaso, resistiuse a dimitir e pediu el mesmo un postiño na equina da mesa con coche oficial?

Quintana é un zombie político, pero semella que el ainda non se decatou.

Anónimo dijo...

Que Quintana favoreceu aos seus amigos é falso. É o centro da argumetación da Coz e o PP pero é falso. Se houber irregularidades nas concesións, o propio decreto permitía reclamacións e contenciosos. O PP está agora no poder, podería levar adiante eses procesos. Máis o que quere Feijóo e algo moi diferente.
Tranquilícense, agora si que imos ver como se favorece aos amigos poderosos e todos os que tanto se escandalizaron co reparto eólico calarán como petos.
A única esperanza é que, a forza de andar tanto polo fío da navalla, o presidente acabe por labrar a súa propio tumba política.

Benitiño do Ollo Redondo dijo...

O artigo de Alfredo Conde, en El Correo Gallego, sae hoxe en español (¿?)

Mos dijo...

A tumba política de Feijoo non vai ser a corrumpción, os seus votantes admiteno. Pola contra a de Quintana si, as sospeitas que a súa relación con Jacinto Rey suscitaban, as supostas relacións entre as concesións eólicas e a saida do Xornal de Galicia, levantron ampollas morais en votantes do BNG. Esa sospeita apareceu ilustrada na LOa VOz De Galicia, un periódico xenerosamente subvencionado polo bipartito. As implicacions reais, non son de dominio público, pero non se lle pode dicir aos votantes mais críticos do BNG que miren para outro lado, a parte de non ser corruptibel, ten que parecelo e a foto co ricacho no iate ilustrou as desconfianzas sobre a verdadeira ambicion do por aquelas lider do BNG.

Di Bautista ALvarez no XII congreso da UPG:
" O que era antes era desbaldimento, non pode ser agora austeridade. Aos que onte lle chamamos "chiringuitos nontemos hoxe por que cambiarlles o nome. O que era imposiciçon cando eramos minoria, non lle podemos chamar tolerancia cando somos precaria maiorçia. Seran escrúpulos de mentalidades escolásticas ou racioas como a miña. Todo pode ser. Se queredes, aforremos exlicacións para a sufrida militancia. O povo non as esixe, pero tampouco se deixa levar polo que non comprende."

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,