Abel Caballero, alcalde de Vigo, acaba de inventar un novo atractivo turístico para a cidade. Fágase militar da OTAN, súbase a unha lancha e faga o cafre canto queira na praia de Samil. A continuación, se os seus xefes piden desculpas, non pasa nada. Tomo noto e, cando me poñan unha multa por deixar o coche mal colocado nalgunha rúa na cidade olívica, dareime présa en desculparme por ver se me condonan a multa.
Ducia e media de milicos, que seguramente teñen máis serrín mezclado con coca cola e ron que neuronas na cabeza, montaron en tres lanchas e non atoparon nada mellor que poñer en perigo a seguridade dos bañistas de Samil, que tampouco se sabe moi ben por que se empeñan tanto en aformigarse fronte ao bar de Karina Flanagan. Tiveron que intervir a Policía Pocal e a Garda Civil para poñer en orde tan concurrido lugar, e os cafres da OTAN foron identificados.
Se fósemos o lector ou quen lle escribe os que déramos lugar a esta intervención policial, a estas horas estariamos debidamente empapelados e propostos para unha sanción que non ía ser leve. Pero como son dazaseis chistosos de uniforme, intervén o alcalde e perdónalles a falcatruada. Falta saber se os gardas civís que tomaron parte no asunto e que non dependen de Abel Caballero, tamén van facer a vista gorda e romper as papelas do que pasou.
Está moi ben ser magnánimo, pero aínda quedaría mellor aplicar a lexislación vixente de maneira igual para todos.
6 comentarios:
A culpa de todo isto a ten Felipe González. ¿Nom lebrades?. OTAN NO.
Que se vaian todos para o carallo desta fedenta "democracia", entre eles o Sr. Caballero "mariño mercante" desta política corrupta do puto bipartidismo.
¡OTAN NON !
Alfredo Conde non é ninguén na literatura espaola ("Los otros días" tivo moi malas críticas e moi poucas vendas para ser un Premio Nadal). E menos que vai ser. Esquece, e isto é máis grave de todo, que os premios e prebendas que levou, unha chea, foron consecuencia da súa adscripción ao noso sistema. Incluíndo a súa "proxección" exterior. Doe todo isto porque Conde non semella mal home (como excritor é frouxiño)e o desbotar o idioma que lle dera todo escolle un camiño que ten pouco percorrido. E ningunha volta.
¿Novos "Gibraltares"?
Trátase de apoiar a Alfredo, non de denigralo. Aínda estamos a tempo de retelo. E que faga exame de conciencia quen corresponda.
Cadro con Gamboa. O que denuncia Conde, Alfredo, e refrenda Conde, Perfecto, é gravísimo. ¿En mans de quen está a nosa cultura? ¿Non serán estes xerifaltes, e non precisamente de antano, os que andan a (re)matar ao galego?
Para que logo digan que a xustiza é cega...
Publicar un comentario