miércoles, agosto 12, 2009

Ecoloxistas contra o Plan Eólico

Conta hoxe La Voz de Galicia que a Federación Ecoloxista Galega aplaude a paralización do concurso eólico. Hai que ver por onde lle chega algo de osíxeno ao goberno de Feijóo e lle cae unha boa tunda á parte nacionalista do extinto bipartito e, particularmente, ao ex conselleiro de Industria Fernando Blanco. E non se pode dicir que esta vez lle pasen o balón ao PP os seus, porque a Federación está composta por 17 entidades (Adega, entre elas) que non circulan precisamente pola vía da dereita galega.
“A concesión eólica pretendida pola anterior consellería, liderada polo BNG, –lese no documento aprobado onte– no caso de se consumar acadaría un grao de impacto ambiental e paisaxístico que sorprendería e incluso horrorizaría á maioría dos galegos no caso de comprobar os seus efectos sobre o territorio e que se sumaría ao xa creado durante a era Fraga e que tanto criticara o BNG”. Nesta declaración tamén se di que “o anterior Goberno da Xunta quixo repartir aproveitándose de resortes legais do Plano Eólico da era Fraga e polo que se permitía que setenta e oito parques eólicos non fosen sometidos á normativa europea de avaliación estratéxica ambiental”.
A Federación xa pedira a suspensión do concurso cando foi posto a andar, en marzo do 2008, e agora tamén reclama que se derrogue o actual plano eólico, que está vixente dende o anterior goberno do PP. Pide que se aprobe un novo plano no que se “respecten as montañas e o patrimonio natural e cultural galego”, con recoñecemento expreso das áreas de exclusión (Camiño de Santiago, Rede Natura, etc.) e que se aplique sempre “un principio de cautela” para salvagardar o medioambiente.
Mal lle lo poñen a Anxo Quintana e a Fernando Blanco os ecoloxistas galegos para seguiren defendendo con teimosía unha das medidas polas que tiveron que pagar o maís alto prezo electoral ¿Qué van dicir agora? ¿Qué a Federación Ecoloxista Galega actúa ao ditado de Santiago Rey e do o seu xornal?

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Sempre haberá parvos útiles e compañeiros de calquera viaxe.

David Paz Nóvoa dijo...

Cando o PP saque o seu flamante plan eólico, moderno e respetuoso coa metade do medio ambiente que quede, supoño que Don Santiago tamén lle dará cancha nas súas apreciadísimas páxinas aos grupos ecoloxistas que poidan quizais, ao mellor, protestar algo, eses sectáreos que de vez en cando nos veñen ben. Non podo crer que non sexa así. Agardamos aínda polas ras que críen pelo pero non perdemos a Esperanza.

Anónimo dijo...

Aquí cada un conta da feira "asegún" lle vai nela. Hoxe mesmo un titular de "Xornal" asegura que "O ecoloxismo galego recea da política eólica do PP".

Anónimo dijo...

Concordo co post de David Paz Nóvoa e intúo un par de cuestións. Que en breve estes grupos ecoloxistas non lembrarán nada do terrible plan eólico do bipartito, enleados en protestas verbo de construcións a pé de costa, piscifatorias varias de Pescanova, etc. Intúo tamén que esas protestas acadarán menos eco mediático no medio que con tanto tino para os seus intereses e os do PP dirixe don Santiago Rey.
Ramiro Cartelle

Retelibera dijo...

Opoñerse ó Plan Eólico de Blanco-Quintana non presupón concordar coa xestión do asunto feita polo PP de Fraga e o de Feijoo.Cousa distinta e a instrumentación que faga a Voz a prol dos seus intereses,dándolle hoxe publicidade ós ecoloxistas cando de xeito habitual os silencia.O dicía o filósofo: "entre dúas mafias, o xusto e non elixir".

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,