jueves, agosto 13, 2009

A raposa gardando as galiñas

Segundo publica hoxe El País, Ana María Díaz López, directora xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo, foi condenada por despido improcedente polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, xunto co seu pai, Delmiro Díaz Rodríguez, e o seu irmán, que deberán pagarlle á traballadora despedida 1.500 euros de salario de tramitación e a indemnización correspondente no caso de que non volvan a admitila no posto do que foi desposeída.
A afectada traballaba como empregada do fogar da agora directora xeral e axudaba no restaurante que ten a familia desta alto cargo da Xunta na estación de autobuses de Ferrol. A sentencia condena a Ana María Díaz López por despedir improcedentemente a muller que traballaba na cociña do bar da súa familia, xa que foi ela quen lle comunicou que debía deixar o seu posto, e por “crear confusión xurídica e material en dúas relacións laborais”.
A traballadora despedida nunca foi dada de alta na Seguridades Social nin como axudante de cociña no bar da estación de autobuses de Ferrol nin como asistenta na casa da directora xeral, ocupacións que desempeñou durante seis meses sen contrato. O xulgado que emitiu a sentencia mandou copia da mesma á Tesourería da Seguridade Social e á Inspección de Traballo.
Ana María Díaz López, licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago, pertenece ao Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia, foi inspectora da Secretaría Xeral para o Turismo en 1993, xefa do Servizo Xurídico da Delegación Provincial de Medio Ambiente de 1998 a 2003 e, dende esta última data a 2005, delegada provincial de Medio Ambiente na citada provincia. Coa chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta e o conseguinte nomeamento de Beatriz Mato como conselleira de Traballo, pasou a desempeñar a dirección xeral de Formación e Colocación, cargo no que sigue actualmente.
Este si que é un caso no que puxeron a raposa a gardar as galiñas.

7 comentarios:

Hildegart Canido dijo...

En Estados Unidos, por este motivo e aínda por menos, teñen que dimitir os secretarios (ministros). E aquí?

Anónimo dijo...

Hildegart, ese verbo aquí nono temos...

Touceda dijo...

Que pasa? Que Feijóo anda lento de reflexos? Xa pasaron varias horas dende que se deu a coñecer a noticia e ninguén botou aínda a raposa fóra do galiñeiro.

Felipón dijo...

E logo o que fixo esta señora non é o que se fai habitualmente en toda Galicia? Case todos os ricos –e non tanto– teñen algunha asistenta á que lle pagan en negro sen contrato e sen dar de alta na Seguridade Social. Se cadra algún dos que agora denuncian o comportamento privado da directora xeral tamén están no mesmo caso.

Ruggiero dijo...

Non lle pasou algo parecido a Antón Losada cando era alto cargo do BNG na Xunta?

Touceda dijo...

Xa pasou un día, e aínda non botaron a raposa do galiñeiro.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,