lunes, agosto 10, 2009

Alfredo Conde


¿Decididu Alfredo Conde tirar a toalla no tocante ao uso xornalís-
tico e literario do idioma galego? Polo menos de momento, parece que si. Dende hai tres días, o artigo que publica diariamente en El Correo Gallego aparece escrito en castelán e todo indica que estamos ante unha renuncia voluntaria que fai o escritor para distanciarse dun sistema literario galego que lle resulta insatisfactorio e contra o que quere protestar tomando esta medida. “Se non me queren nel, terei que ser eu o que me bote fóra”, díxonos o autor de máis de trinta libros en galego e primeiro escritor da nosa terra que mereceu un Premio Nacional de Literatura por unha novela no idioma máis propio. Parece ser que a gota que ateigou o vaso foi unha carta dirixida contra el por Damián Villalaín, publicada no xornal El País e da que Conde non tivo noticia ata que pasaron dous meses e catro días.


Deste xeito, un escritor galego ampliamente recoñecido polos sistemas literarios e polas universidades de varios países parece estar reproducindo unha actitude que tivo que adoptar Rosalía de Castro cando se viu incomprendida e inxuriada, en 1881, por publicar determinados costumes galegos que non resultaron do agrado das mentes ben pensantes da época. Daquela, a autora de Follas novas publicou no xornal madrileño El Imparcial unha serie de artigos e un deles contiña o seguinte párrafo: “Entre algunas gentes tiénese allí por obra caritativa y meritoria el que, si algún marino que permaneció por largo tiempo sin tocar tierra, llega a desembarcar en un paraje donde toda mujer es honrada, la esposa, hija o hermana pertenecientes a la familia en cuya casa el forastero haya de encontrar albergue, le permita por espacio de una noche ocupar un lugar en su mismo lecho. El marino puede alejarse después sin creerse en nada ligado a la que, cumpliendo a su manera un acto humanitario, se sacrifió hasta tal extremo por llevar a cabo los deberes de hospitalidad”.
Estes artigos foron respondidos en varios xornais da época con insultos e interpretacións moi nesgadas que magoaron gravemente o espírito sensíbel de Rosalía de Castro, que nunha carta dirixida ao seu home, Manuel Murguía, que residía daquela en Madrid, dende Lestrove, o 26 de xullo de 1881, manifestaba que “ni por seis, ni por nueve mil reales volveré a escribir nada en nuestro dialecto, ni acaso tampoco a ocuparme de nada que a nuestro país concierna”. Nesa carta tamén dicía a egrexia escritora que “el país sí que es el que tiene que rehabilitarse para con los escritores, a quienes, aun cuando no sea más que por la buena fe y entusiasmo con que por él han trabajado, les deben una estimación y respeto que no saben darles y que guardan para lo que no quiero ahora mentar”.
Curiosamente, Alfredo Conde foi mariño e pasou “longo tempo sen tocar terra”, pero non se sabe del que se beneficiase nunca de ningunha esposa, filla ou irmá das casas onde foi forasteiro e houbo de atopar albergue. Eu, que son lector afeccionado das súa obras, tampouco lin nunca nas súas páxinas algo parecido aos costumes dos que informaba Rosalía de Castro. Debe ser, logo, por outros motivos polos que el sente agora a desazón que feriu á cantora do Sar.
Na miña opinión, quizais lle sobran razóns para rebotarse. Ao autor da primeira novela en galego que levou un Premio Nacional de Literatura, dúas veces Premio da Crítica, Premio Nadal, traducido a varios idiomas, convidado habitual de diversas universidades extranxeriras, etc., o sistema literario galego e o establishment galego en xeral non lle volveron a brindar un só mimo dende que lle foi concedido, en 1984, o Premio Eduardo Blanco Amor de novela. Isto, nun país que se distingue precisamente pola práctica de repetitivos sistemas de subvencionismo e fundacionismo ou por pagar millonadas comprando bibliotecas que ás veces non se saben de que van valer, evidentemente parece algo raro. En todo este tempo, a Alfredo Conde só lle otorgaron a Ponla de Toxo polo que consideraron os otorgantes a súa “traizón á lingua galega”.
¿Tan nefasto foi o seu rol na cultura galega? Alfredo Conde, cando só tiña 14 anos, foi fichado pola Policía franquista por escribir e ler poemas en galego diante dos micrófonos de Radio Pontevedra ¿Qué facían daquela algúns dos 26.000 burócratas (profesores, xornalistas, etc.) que reciben soldada das arcas do feito cultural galego? Algúns nin sequera existían.
O caso é que un escritor galego, que agora mesmo está sendo ben recibido en China, en Rusia e México, por poñer exemplos destes mesmos días, na súa terra séntese tan pouco querido e comprendido que fai o que fixo Rosalía de Castro hai 125 anos. Non serei eu quen oculte os defectos, as contradicións e as endeblezas políticas que sen dúbida se poden atopar na traxectoria de Alfredo Conde ¿Quen que lle dedicase 50 anos da súa vida á literatura e algún deles ao exercicio da política, pode estar libre da crítica? Pero unha cousa é isto, e outra moito máis dramática e inxusta é que un escritor galego teña que sentirse desprezado no seu propio país ata o punto de ter que adoptar unha decisión coma que acaba de tomar Alfredo Conde, a quen seguirei citicando cando me pareza xusto, pero andarei sempre canda el cando o sometan a calquera forma inxusta de soedade.

64 comentarios:

Anónimo dijo...

Supónse que está convencido de que no outro sistema literario lle irá mellor, sorte, pero que non volva. Non é grave a perda.

Anónimo dijo...

Eu non o penso ler mais.

Hildegart Canido dijo...

Alfredo Conde debería reflexionar máis a fondo sobre a determinación de abandonar o galego. Entre outras cousas, porque pode ser mal interpretado e non lle han faltar os que iimputen que está facendo un brindis cara a dereita antigaleguista (Galicia Bilingüe incluída, pero sobre todo o PP ultraconservador) coa intención de conseguir algunha prebenda.
Por outra parte, el debería saber que non é o idioma galego nin somos os que o leíamos nesta lingua os culpables do que lle pasa. Comete, polo tanto, unha inxustiza con nós abandonándonos. Alá el se pensa que vai ser máis feliz noutros idiomas e noutros sistemas literarios.
Agora ben, recóñezolle plena liberdade para actuar e soamente el debe decidir cordialmente o seu futuro. E tamén lle desexo moita sorte.

Touceda dijo...

Déixense de coñas os que, coma os dous anónimos iniciais, só saben esbardallar, e recapacite Alfredo Conde. Na nosa terra e no noso idioma somos todos necesarios e Alfredo, entre os principais.

Fufus Kaley dijo...

Hai escritores peores que Alfredo Conde recibindo o beneplácito e a mel do sistema literario galego(pero esto sucede en todos os sistemas literarios). Pero se por non obter o éxito agardado se abandoa a lingua, que sucede? que a escolla depende só do éxito?. Pois que se vaia.

E por certo a súa deserción nestes momentos delicados para o idioma, é moi significativa.

Como din mais arriva, e que non volva.

Andrea dijo...

O sistema literario galego está nutríndose de mercadeo barato e farandulismo político. Inevitablemente tiña que xurdir un caso como de Alfredo Conde, botándose fóra da clerecía cultural que van creando os coengos e cardenais dunha cultura que acabará morrendo asfixiada polo oficialismo a a falta dun espírito crítico elemental. Non vale dicir que Conde se pasa a carón dos españolistas. A cuestión é outra. Aínda que o momento é fodido para tomar decisións comas que tomou o escritor. Seguramente os que van rendabilizar a súa postura han ser os inimigos do idioma galego.

Ruán Pazó dijo...

Andrea, pero precísenos entón a que e quen ser refire con:
" da clerecía cultural que van creando os coengos e cardenais dunha cultura que acabará morrendo asfixiada polo oficialismo a a falta dun espírito crítico elemental."

Quen son os clérigos, quen os coengos, os cardenais? Para que dunha vez nomeemos e podamos concretar e criticar e non coma sempre dicir e non referirse a nada concreto e que todo quede no ar, que tamén outra eiva e non pequena da nosa situación.

Anónimo dijo...

Alfredo fas ben, vaite, en España hai sitio para os traidores, pagan ben, ainda que ao final non pintedes nadasentre eles.

Anónimo dijo...

Pero que se vaia tamén do pais.

Anónimo dijo...

Con anónimos coma estes dous últimos o de marchar do país hai que tomalo en serio...

Anónimo dijo...

A min amólame mais ese pelo sempre tan peiteado e o eterno bronceado ca o de que agora lle dea por escribir en castelán. Que faga o que queira, que xa é maiorciño...

Ulm dijo...

Que pena que da, pobre diaño!. Vai revender a súa vella alma na praza de abastos do PP. Soña cun postiño para el na Cidade da Cultura e vai espertar no pademonium.

Iacobus Von der Stein dijo...

Deixense de lerias. Que un autor da categoría de A.C. prescinda do galego, e unha grande perda e unha mágoa e dame que os que non o leen agora xa non o lían antes.

Fuco de Esteiro dijo...

O mesmo que dona Hildegart Canido -que de seguro non é unha nachiña da coruña- deséxolle o mellor ó Alfredo Conde.

Fuco de Esteiro

Manuel Lara dijo...

Tamén eu quero achegarlle o meu respecto ó Alfredo Conde. Polo que leva escrito ten sensibilidade dabondo para merecer unha leída xa en galego xa en castelán. Mágoa de tanto anónimo fedorento que babea xenreira e que só amosa na súa idiocia a propria mediocridade.

Manuel Lara

Alberte P. dijo...

Lin Lukumi, Azul Cobalto e Breixo, non é un autor que me entusiasme, pero si coido que podería ocupar un lugar mais relevante no panorama literario galego. Pero a súa opción non me parece respectabel. Se a súa situación lle parece inxusta debería denunciar aos causantes desa situación, a aquelas persoas que o marxinan e dicir porqué, debería revelarse ante a situación de inxustícia. Pasarse ao equipo contrario non me parece respectabel, é indigno e feo, el sabe que o van a utilizar, el deixase utilizar. A culpa non é da lingua, senón do negocio literario, pero carga contra a lingua, como un covarde porque non se atreve a enfrentarse aos causantes dunha situación que considera tan insoportabel. ALFREDO CONDE É UN COVARDE QUE SE VENGA NO MAIS FLEBE, A LINGUA.

Anónimo dijo...

Teñen razón Alfredo Conde no merece pintar nada na literatura galega. Que se marche, pero que non J...

Anónimo dijo...

O que ten que facer é non amolar a ninguén e pasarse ao inglés.

Anónimo dijo...

Redios, cánto sectario!
Pensade, queridos e queridas, o papel que xogades se a escritora fora Rosalía.

Sí, con tanto túzaro hai que pensar en serio eso de marchar de Galiza.

Anónimo dijo...

Meu Deus!, comparar a Alfredo Conde con Rosalía!. Por favor!. Alfredo Conde foi sempre un chaquetero, e agora éo coa lingoa, nada extraño, unha chaquetero que escribe mal. Que se vaia do galego e de Galicia, non se notará a súa falta, será un alivio, un vendepatrias menos.

Anónimo dijo...

Tenche boa dúbida o Alfredo Conde! O caso é ir comendo e bebendo, que o barco é do demo.

Sandra Barboni dijo...

Os anónimos que me preceden son un exemplo cabal do pouco preparados que estamos para o debate en Galicia. O de menos, de verdade, é Alfredo Conde, polo demais un autor dignísimo e con proxección internacional. O que importa é constatar quen rexe "pro domo sua" os destinos da nosa cultura. Xustamente os mesmos que non son quen de artellar unha boa estratexia para salvar a lingua. Pero aquí, xa se sabe, non dimite ninguén. O único, contra das súas crenzas, o propio Alfredo Conde. Con actitude que debera servir para un debate serio (e non para aldraxes e descalificacións).

Xaquín dijo...

Unha cousiña da Rosalía: desprecia ó pobo cando non admite que lle digan que esa "lenda rural" (era Rosalía etnógrafa, por exemplo?)pode ser un aldraxe.
Outra do Alfredo: renegar da língua (que culpa ten ela, e máis nestes momentos históricos?), polo trato da élite cultural "en galego", é de "nenos pequenos".
A terceira dunha parte do pobo galego: cos "razoamentos que se din" (refírome a anónimos varios), mellor ir pensando en "facer as maletas". Así nos vai (e nos foi na chamada "transicíón")!!

Erice dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Perfecto Conde dijo...

Señor ou señora Erice:
Con calificativos como os que dedica aos demais (covarde, putiña, etc.) e os falsos axiomas que estabrece debería abondarme para suprimir ipso facto o seu comentario. Doulle, porén a oportunidade de que reflexione e sexa vostede mesmo quen o corrixa a súa desmesura presentando desculpas a Sandra Bardoni e a Alfredo Conde.
De non facelo nun prazo de 24 horas, suprimirei as súas palabras e pedireille sinceramente que non volva a utilizar este foro para baleirar a súa baisexa moral.

Anónimo dijo...

Algún comentario semella non ter sentido nengún.
Se agora que está o PP no poder autonómico e Alfredo é, disque, da súa corda, sería lóxico que Alfredo continuara a escreber en galego e se convirtira nun escritor de cámara.
E se é certo que o PP está gobernando a Xunta, Alfredo podería aceder a postos de releve no eido cultural pra os que se require o uso e o coñecemento do galego, extremos estes nos que o escritor sabe moverso moi ben.

Con comentarios como os que podemos ler e disfrutar, estou seguro de que imos por mal camiño.
Non somos un pobo, somos unha banda confederada que non leva no bico un cantar, senón babas de envexa e de podredume.

Anónimo dijo...

Por certo, non deberiamos expulsar a Rosalía de Castro do Paraiso, non só polo que declarou senón por ter escrita case toda a súa obra en castelán?

Para Erice dijo...

Despois de calumniar a alguén así, ao abeiro do anonimato, pódese quedar un tranquilo?
Triste cloada é moitas veces Internet!
Comentarios coma este, que nunca faltan nos blogs galegos, sacan a relucir a miseria moral do noso país.
A tecnoloxía é nova, pero a infamia é tan vella coma o mundo: alguén, que polo xeral nunca é descoñecido para o insultado, e que precisamente por iso oculta a súa identidade ou trata de facerse pasar por quen non é, bota a correr unha calumnia, coa esperanza de que algo quede do seu pestilente regueiro de xurro, e aí está a rede para aliarse con el.
Grazas, Perfecto, por posicionarte claramente en contra destas miserias.
Teño en gran estima a Alfredo Conde, e son un fiel lector de libros coma o Griffón...
Creo que se equivoca cando atribúe a Casares ter retirado os seus libros das librarías (non creo que Carlos puidese facer tal cousa xamais, nin pola cabeza se me pasa), e estou seguro de que iso foi outra infamia máis, que alguén lle fixo chegar sen outro afán que malmeter. E creo que se equivoca tamén na súa atitude fronte ao galego, que ningunha culpa ten de que actúen como actúan os que viven del.
Pero non por iso deixo de ver que o ninguneo ao que foi e segue sendo sometido é unha canallada, que non ten detrás de si outra razón de ser que o peor da política.
(A política entendida como canonxía, na que sempre hai que estar atento para excluír, custe o que custe, a quen non é -vaia ironía- Un dos Nosos.)
A historia de Alfredo non é nova. Aí está, entre os que viviron situacións ben parecidas, Cunqueiro. E xa non digamos algún poeta morto recentemente, que marchou deste mundo vendo horrorizado, na Rede, o que se dicía del.
Triste país este, condenando -e quizais moi xustamente- a non existir.

Sandra Barboni dijo...

O anónimo que me aldraxa desa maneira, chamándonme putiña, non fará que mude un mínimo o meu sentir. Que se rebela contra da grande inxustiza cometida con Alfredo Conde: agachando os seus libros nun alarde de censura intolerable. O home (non creo que haxa unha sóa muller no noso ámbito que desprece con tanta baixeza o seu xénero) que me chama putiña sabe abondo de quen estou falando. Dos editores que consentiron semellante falcatruada, do Consello da Cultura Galega, non tan activo como debera, da RAG, que sigue a machucar o nome dun galego integral como Ricardo Carvalho. Se cadra non debera replicar a ese inxurioso anónimo, eu que non o son, mais o meu compromiso é para Galicia. Esa nazón democrática, na que ninguén estea de máis, á que aspiro. Graciñas Don Perfecto por saír na miña defensa. Coa súa actitude xa me dou por satisfeita.
E por último: ¿pensan de verdade que os lectores,eses que desfrutan da escrita de Alfredo Conde italianos, rusos, neozelandeses, españois son parvos? ¿Quen lles paga para que lean ao de Allariz?

Erice dijo...

Rectificación:

Cando a señora Barboni nomee a quen acusa eu rectificarei. Mentres a miña resposta é so unha defensa ante a súa difamación. Quitenlle se queres os adxetivos e quedense co fundamental

Anónimo dijo...

Non estiven no xurado do Nadal que se lle deu a Alfredo Conde. Tampouco no do Nacional de Literatura. Pero teño bos amigos que estiveron nun ou noutro. Incluso sei de algún que estando alí, e sen botalo, chamouno correndo para dicirlle que o premio non se lle dera.
Que premio deses di vostede que foi comprado? Por quen e como? Comprado a quen?

Anónimo dijo...

Quixen dicir SEN VOTALO.

Anónimo dijo...

E quixen dicir QUE O PREMIO XA SE LLE DERA.

Sandra Barboni dijo...

O tal Erice (négome a consideralo muller de nungunha das maneiras) é un provocador. Non entro no seu xogo. Xentiña así é a que está facendo un dano letal ao noso sistema literario. Iso supoñendo (o que é moito) que sexa dos nosos, e non un "troll" ou -directamente- un infiltrado do inimigo. O adxectivo que empregou contra mín define moi ben ao menda este. Non, no debate que precisamos está de máis xentiña así.

Anónimo dijo...

Concido totalmente con vostede. Contra os provocadores anónimos, onanistas a xornada completa, o que procede é non entrarlles no xogo. Que se revolquen nas súas propias humidades, tan tristes sempre.

Anónimo dijo...

Alfredo Conde sempre mantivo unha relación de coordialidade coa RAG, respetuosa co Consello da Cultura e afectuosa con Galaxia. El mesmo o pode acreditar.

Anónimo dijo...

Alfredo Conde sempre mantivo unha relación de coordialidade coa RAG, respetuosa co Consello da Cultura e afectuosa con Galaxia. El mesmo o pode acreditar.

Anónimo dijo...

Esto é unha difamación, unha falsedade, o resultado dunha paranoia ou dun intento con moi mala uva, un ataque covarde:

"agachando os seus libros nun alarde de censura intolerable."
Os únicos que agacharon os libros de Conde foron os lectores que non llos compraron.

Sandra Barboni dijo...

O Anómino que me precede volve ser o tal Erice. Recorde a norma de ouro de internet, Don Perfecto: "Non lle deas de comer aos "trolls", nunca." Dito isto quixera acabar a miña intervención neste "post", pedíndolle a Alfredo Conde que reconsidere a súa postura. Se Galaxia boicoteaba os seus libros, e tal parece con esas vendas anuais de 1 exemplar e cousa semellante, medios legais haberá de poñer couto a tal abuso. O que non pode ser é abandonar a loita común polo idioma porque unha editora atranque a difusión dun dos seus autores insignia, ao menos na estima popular. Repare "vuesa merced" en que desta maneira dá argumentos a xentiña da catadura moral de quen razona contra mín chamándome putiña. Ou a ese apóstolo da españolidade que asina Miranda, hoxe mesmo, nos comentarios ao seu artigo, na edición dixital de ECG. Señor Conde, pénseo mellor, trasacorde, os seus lectores (eu, unha delas) ímosllo agradecer. E polo demais deixo este "post" que tanto zume está dando.Saudíña, amigos.

Anónimo dijo...

Como ía boicotear Galaxia os libros de Alfredo?
Iso non é verdade.
Quen llo dixo, mentiulle.

Per favore dijo...

Alguén podería colgar aquí a famosa carta de Villalaín que desencadenou toda esta lea?

Anónimo dijo...

Vaia, menos mal que hai algo de sentidiño circulando polo País.
Cando rematemos con Alfredo, se queredes, podemos abrir unha carnicería e despachar lombos de Rosalía (o que tal dixo a Santiña!!), zancos de don Vicente Risco e uñas de Cunqueiro.

Anónimo dijo...

Señor anónimo, saiba vostede que hai carnicerías especializadas en vaca, porco, cabalo e carnes varias, coma o avestruz ou llama. A don Alfredo se cambia de idioma habería que despachalo na dos xudas, carne moi tóxica, de fedor pestilente e sabor abominabel que consumen uns poucos maniáticos con graves desviacións patolóxicas, o problema é que isa carne desde marzo abonda demasiado, e non hai lugar xa para ela nas cámaras de frio.Coido que o mellor sería cortarlle a lingua e conxelala, hai xente que paga un bo diñeiro por ese plato, e a de Conde segundo a historia, arrastrouse polos lugares mais inospitos da vaidade humana, o que sen dúbida lle da un sabor especial para tan excentricos gourmets.

Pepiño de Melide dijo...

E figado encebolado de Carvalho Calero. Mentor de Alfredo Conde e quen o introducira no patio "galáctico". O mesmiño de quen a RAG está facendo picadillo. País de opereta, con Luís González Tosar presidindo o Pen Clube. ¡E logo nos queixamos!

Anónimo dijo...

Club da pluma do que forma tamén parte e non pequena o ultraradical Mendez Ferrín, ultimamente devoto das procesións a Lancara onde cada ano esnifan una porción pulverizad do cerebro de Piñeiro. Collen tales colocóns que logo queren casar a Feijoo con Barreiro.

Manolo Carregado dijo...

Señores, fagamos como a Doña Rosa, de "La colmena", e non perdamos a perspectiva.O tema aquí é a marcha de Alfredo. Non Tosar ou Ferrín, polo demais tan monolingües como o Arnoia.

Anónimo dijo...

E os lombos de Rosalía, salpimentados por Murguía, en qué tipo de despacho temos que ir compralos?

E os zancos de Vicente Risco, que afirmou nunha carta rescatada por Xesús Alonso Montero que o pobo galego era un pobo de cabróns, en que estabelecemento temos que pedir vez?

Non, se está visto que acó non hai xeito de nos entender.
Por iso, os menos listos de fóra fan negocio no noso País mentres acó, se temos carabina, tiramos contra o primeiro que saca a cabeza.
E, fique claro, non son devoto de Alfredo escritor.
Menos de Risco politólogo.
Máis de Rosalía.
Nada do Che.
Sí de Méndez Lenín, grande escritor e fracasado político.

Anónimo dijo...

O de grande será polo tamaño físico porque como escritor a miña opinión é que ben pequerrecho por mais que encumbren moitos dos seus siaeiros, que os ten, ainda que bastante tocados dende a traizón de Láncara onde ficou para sempre derrotado.

Alfredo que non se queixe tanto que non lle foi tan mal, foi conselleiro, e non saiu pobre, recibiu premios españois, puido marcharse, ou seguir en español, porqué non o fixo?, El o saberá, foi a súa elección seguir por estes eidos, acadou postiños ben renumerados, non o acompañou a fama literaria, pero é que debía estar a provocar a envidia, imaxinenese rico, con postos, e encima famoso escritor, demasiado para os seus competidores, pero el xa o sabía, ainda que a verdade el pensaba facerse con algun postiño directivo na cultura, que non lle saiu. Todo non pode ser Alfredo carafio!, modérate, mobiliza aos teus lectores, aos que te estiman como escritor e prantalles cara se queres, pero non culpes ao pais, nin a lingua, que nada che fixo, só ben.

Anónimo dijo...

O trato que recibe Alfredo Conde é completamente inxusto, unha barbaridade.

Anónimo dijo...

Unha barbaridade é que un autor por non considerarse suficientemente apreciado cambie para o idioma que ameaza ao proprio.

Anónimo dijo...

Nin auga, alguén que reaccióna dun xeito tan despótico contra toda unha cultura non merece nada. Adeus Alfredo, e non volvas. Quedaches como o que eres.

reis dijo...

sou un inculto,
quem nom aprendim galego, nom estou metido nas firguas do mundo literaraio-galego.galeguista, nom sei moito da figura pessoal de A. Conde. Vivi fora de Galiza moito tempo, tenho uma especial enamoramento pola minha terra, pelo seu conceito político, pola sua identidade, pola sua hestoria tão mal contada, tão mal contada.E o enamoramento de alguem de quem milhor fora não estar nomorado, porque so me reporta problemas, não é momento de esplica-los, mas e um amor tolo, que me leva a sentirme assim, e so estou a olhar aquilo que vexo que algum día podía dar co sono de que os tempos son chegados, e vou pondo anaquinhos nise sono, case nada, coisas pequenas coma pedir um cafe con leite, e ainda que te digam con leche etc. LI EN DIFERENTES ETAPAS CUATRO VEZES POLO MENOS O GRIFFON, caiu nas minhas maus quando estava fora de Galiza, sería por influencia mediática. Gostei inmenso diste livro, nom me resultou facil as primeiras a sua letura, sou um inculto coma dixe. REcordo parágragos, momentos, e sobor de todo o fundo do que o livro quer dizer, so um galego, com doble corpo, como un travesti, pode compreender o que o Grifon quer dizer.Isso so o pode escrever um alma profondamente galega, que por enriba de miserias, na sua vida fondamente sente o que a mim me fixo sentir.O inquisidor que vinha a sua terra a darlhe algo , enganando o sistema felipista, do que el tinha, e que polo seu cargo podía fazer no contrabando de livros erasmistas, e compreendendo as costumes e o cerne da sua xente, podía coas formas da dura castela de Felipe II , enganar fazendo que fazia mais não condennado. Quem es ti, que te expresas no nossa fala, .....de onde ves? preguntalhe en confessiom o deán da catedral de Santiago o Inquisidor. Boa pregunta a fazer por moitos galegos.
Se agora escreve en castelán, nom importa, vaise ver valorada a sua obra en galego, o que fixo nãó e pouco. Jato branco , jato neghro o que importa e que caze ratos.
e vaia dende aquí a minha homenaxe o escritor, a dum leitor que é a melhor , acho que assim é.

Anónimo dijo...

Súmome ás súas palabras, tan ben escritas.

Anónimo dijo...

Reis rezuma pelotería e autocomplacencia, falsa modestia, afirma estupideces moi grandes, mais non é cousa de discutir porque refírese a afectos, problablemente propios.

Anónimo dijo...

A obra de Alfredo perdurará sempre.

Anónimo dijo...

A obra de Alfredo Conde non a le ningúen, que lle pregunten as librarias polas ventas.

Anónimo dijo...

Non se preocupe polo meu plumeiro que lle é moi normaliño, ocupese do seu que é de Pavo Real e encóntrase luxo e desordeado.

O que penso dijo...

Non fondo, todo este debate permitiu sacar á luz unha situación da que ninguén falaba en voz alta: o cuchipandismo imperante no mal chamado sistema literario galego, no que non sei se haberá listas negras, pero si listas ben brancas. Toda a miña solidariedade para Alfredo, un gran escritor inxustamente tratado en Galicia, para vergonza de todos.

Anónimo dijo...

Non estaría mal que don Perfecto lle adicase un fio a este cuchipandismo, e saise a luz un tabú que manten a moitos escritores calados con falsas promesas e intimidacións de ninguneo. En democracia habería que falar destos, ainda que pareza mentira a cultura galega está caciqueada até extremos servís.

O que penso dijo...

Pois si señor, ben estaría que don perfecto abrise un fío sobre as moi sucias augas polas que corren as vontades dos que de verdade din quen si e quen non na literatura galega. Un debate que, grazas a Alfredo Conde, xa está na rúa. E conste que nunca tan alto se dixera.

Anónimo dijo...

Para cuchipandista, Alfredo Conde. Non entendo como alguén pode concederlle aínda algún creto a este señor, que pasou do PSOE ao PP e despois, cando Fraga non quixo renovalo no consello de administración da CRTVG (e cando xa perdera as eleccións), volveuse contra el coma un can arrabiado. Iso si: xustificaba os seus ataques contra Fraga pola "traición ao galeguismo" da que seica o gran escritor ofendido non se decatara durante os dezaseis anos anteriores. Poucos personaxes coa cara máis dura viu a Galicia contemporánea.
Conde é un buscavidas, un oportunista e un enganaparvos. Un especialista en facerse a víctima. É mentira que Galaxia ordenase a retirada dos seus libros e é mentira que abandone o galego pola carta de Villalaín en El País, loxicamente indignada despois de que Conde comparase a Casares cos nazis.¡Vaia excusa a da carta! En todo caso importaríalle máis que a Academia escollese como membro ao seu odiado e envexado Manuel Rivas antes que a el. Iso si que seguramente lle importou algo. E como é listo, entre o de Villalaín e o de Rivas viu a ocasión pintiparada para facerse a víctima e o mlatratado. ¡Hai que ter rostro! Conde foi un dos escritores mellor tratados por este país en todo o século XX. Puido vivir do conto e do erario público durante 25 anos, con Pérez Varela e Fraga como poderosos mantedores, repetindo unha e outra vez como conselleiro da CRTVG e gañando cartos de alucine como os que lle pagou Carmiña Burana pola Cantata Xacobea. E se o PSOE perdía as eleccións, pasábase ao PP e alehop!, asunto resolto. E se chegaba ao poder o PSOE, entón poñíase a falar mal de Fraga e a facerlle as beiras a Touriño. Fíxense no que lles digo: non tardará nada en obter novas canonxías a cargo da Xunta de Feijó. E se non, ao tempo.

Anónimo dijo...

Galicia: Terra de traidores.
Bellido Dolfos era de Chantada

AGIL dijo...

Não segui muito a produção literária do Alfredo. Não a posso julgar, mas penso que não está no pior do que neste país se escreve... independentemente dos prémios recebidos.
Quanto à sua opção de escrever em castelhano não me parece nem bem nem mal. Pode dar ocasião a que alguém compare a sua competência num e noutro idioma. Mais nada.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,