martes, agosto 18, 2009
A galiña depenada
Arrivederci, galescolas; ciao, galiña azul. Botaron abaixo a casiña con bandeira galega no tellado e puxéronlle un lápiz no sobaco á galiña azul de Carlos Casares. As lustrosas mentes do PP xa non saben que facer con tal de estragar calquera cousa que proceda do goberno anterior. Mágoa que non se decatasen a tempo Touriño e Quintana de que ía pasar o que está pasando. Se o adiviñaran, abondaríalles con tomar as medidas que fosen contrarias ás que tomaron par ver como agora se acometerían as que eles querían por en marcha. Ás veces a política ten estes desacertos.
Seguramente tampouco imaxinou nunca Carlos Casares que unha das súas obras literarias, A galiña azul, un conto para nenos, ía rematar emblematizando a política escolar infantil da dereita galega. Casares non era de esquerdas, nin moito menos, pero a cor azul que el imaxinou para pintar a galiña seguramente non tiña nada que ver o azulado conservadurismo que levou Núñez Feijóo á Xunta. O de Casares era un azul ceo e o do acaparador de figuras egrexias galegas –primeiro Castelao, agora Casares ¿a quen lle tocará logo?– máis ben é un azul mariño tirando a pardo (a cor da auga do mar cando a lixan nunha piscifactoría instalada en cabo Touriñán).
Di Xesús Vázquez, alcaide da neoeducación, que a galiña azul representa un “compromiso coa liberdade educativa”, que agora vai ser “despolitizada e desideoloxizada”. Como se antes de chegaren eles estivésemos nalgunha ditadura do proletariado. O curioso destes neocons nosos é que parece que falan despois de ler a Gonzalo Fernández de la Mora, que foi ministro de Fomento de Franco. Villar Palasí gañaríalles dous pobos pasándolles pola esquerda, pero eu o que pregunto é que pinta a figura de Carlos Casares nesta carreira pola alleación de Galicia. Se vivise ¿deixaría que a súa galiña azul puxese ovos para os que andan tratando de esmorecer o idioma que fixo del un escritor de sona? Se cadra si, e debeu ser o que pensou a súa familia para deixar que a meteran no galiñeiro do PP. Pobre animal, aínda ha saír desplumada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
47 comentarios:
Non. Casares, que foi insubornablemente fiel á lingua galega, non estaría contento. É o que penso.
Pois eu penso que Casares non era insobornable en nada máis ca no seu antiesquerdismo, e seguramente aprobaría que a súa galiña poña agora os ovos no galiñeiro do PP. Tanto el como Ramón Piñeiro andaron ao que andaron e o resto son contos. O extraño sería ver a Casares de ganchete co Bloque, por exemplo, pero con Núéz Feijóo é o que lle acae á súa figura.
Pois si que temos un país ben cativo! Como ben di Perfecto, Casares non era de esquerdas. Pero tampouco lle gustaría isto. Lamento, señor Soante, que vostede pense iso. E dóeme o que afirma de Carlos e Piñeiro, que me parece unha verdadeira barbaridade.
Gustaríame, e dígoo sen segundas de ningún tipo, saber que pensando disto Alfredo Conde, por un lado, e polo outro Damián Villalaín.
Quen é Damián Villalaín? Un que se meteu na clerecía cultural galega daquela maneira e no profesorado pola porta de atrás? O que di que é o fillo espiritual de Casares?
Eu deixara o "post" Alfredo Conde para mudar de aires e vexo que sigue saíndo neste. Xunto con Carlos Casares e Damián Villaláin. ¿Decatáse, Don Alfredo, de que o seu sistema literario -e humano- é o que é? Se cadra noutra reencarnación pode adicarse a españolear, pero nesta...
Elogo ese tal Damián Villalaín non é un torero de Arzúa coma Celita?
Damián Villalaín foi director do teatro galego con Alfredo Conde, subdiretor de Galaxia con Casares, máis tarde director da Fundación Casares, a continuación asesor de Touriño para asuntos culturais e por último profesor da Escola Galega de Arte Dramática ou como se chame iso; e ademais é unha persoa que escribe marabillosamente.
A) ¿Ten herdeiros o señor Casares?
B) ¿Autorizan os herdeiros do señor Casares á Xunta a utilizar a galiña famosa?
C) Pois xa está.
Que pasa?????
Moralmente, a obra dun autor é propiedade dos seus herdeiros ou dos seus lectores?
É da Xunta.
Non, é vosa, se che parece.
Fixástesvos en que, en vez dun lápiz, o que parece levar a galiña é unha escopeta en bandolera? A galiña azul tomou o fusil.
E teremos que vivir sempre odiándonos uns aos outros, non poderá ser xamais doutra maneira?
http://susodetoro.blogaliza.org/2009/08/18/alfredo-conde-se-va/
Sería bo saber se os herdeiros de Casares cederon gratis et amore o dereito de usar a galiña azul e, se cobraron ou van cobrar, averiguar canto e como lles han pagar. Por aí xa se fala de intercambio de favores e só unha información transparente poderá clarexar todo isto. Quen está controlando o leigado de Casares? A súa viúva? Os seus fillos? Pinta algo Damián Villalaín, ex asesor de Touriño?
Unha casiña sorrinte cunha bandeira galega é inasumible para o PP.
Que perversa mensaxe subliminal verán nisto?
Porqué os símbolos que aparecen recollidos no noso estatuto son considerados instrumentos para a manipulación ideolóxica ?
Pasará isto nalgún outro país do mundo?
Se Casares levantase a cabeza!!!!!
Se Casares erguese a cabeza faría o que fixo sempre: mirar para o outro lado.
Deixando a un lado a ideas políticas de Casares, que non creo que pensara nisto cando escribiu a súa Galiña Azul, alguen se deu conta da mensaxe subliminal que nons transmite este novo nome? A GALI(cia)ÑA AZUL, será que queren que os nosos pequenos poliños teñan todos ideas azuis, de dereitas e conservadoras? En fin, deberíamos diferenciar entre a educación dos cativos e a política, nada ten que ver, a non ser que a política agora se trasladase ao patio das escolas...
Disculpen, este Casares, domador de animáis domésticos, foi o mesmo que respostou nas páxinas de "La Coz de Galicia" a un carta ao director, asinada por Álvara Belinchón Ricote) que respostaba a unha tiriña anterior de Casares sobre a etapa anarquista de Julio Camba (na que Casares deixaba caer que os anarquistas eran uns terroristas)?
Naquela misiva, Belinchón afirmaba que, antes de andar fozando nos anarquistas, Casares Mouriño debería meter-se coa Editorial Galaxia, que durante un tempo non pagou os dereitos de autor (que debían ser algo así como 2'50 pesetas daquel tempo) ás irmás de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Pois ben, Carlos Casares afirmou nun artigo a toda plana que o dito por Belinchón era mentira.
Claro, él non sabía que o avogado das irmás Castelao, Javier Baltar, levou o caso e teimou até que Galaxia pagou o que lles tiña que pagar.
Sobre este tema, don Perfecto ten xa escrito no seu/noso blog.
Eis, menos falar de galiñas cando non había galos; menos santificar ás persoas que xa non están entre nós, e paz e perdón por todos os pecados cometidos en vida por uns e por outros.
Mal imos, cando nin a memoria de Carlos Casares respectamos.
E onde lle van as cinco plumas vermellas da á dereita que é cmo describiu Casares casaes a galiña azul? Sonarí as cores do PSOE e iso pode ser moi duro.
Ai, miña xoia: azul e mais bermello soaría ó Barça ou, se cadra á Falanxe...
Fuco de Esteiro
Convén saber que non é o mesmo a propiedade intelectual que a propiedade industrial e é a derradeira a que move os cartiños(lembrade o conto portomeñe-xacobeo...)
"Casualmente" os herdeiros de D. Carlos Casares Mouriño rexistraran o nome da galiña azul o pasado día catorce dos correntes....
Escoitábase ó lonxe o canto dos rumorosos "...y si tienes dinero tendrás consolación..."
Tucho de Canido
Seica lle fallan as prumas roxas, e tamén, casualidade, claro, agora non mira á esquerda, como no debuxo orixinal.
Jesusito de mi vida, pásaste do listo que és. ¿Qué apostas a que vas ser o primeiro conselleiro cesado?
"Mal imos, cando nin a memoria de Carlos Casares respectamos".
Ao mellor, se Casares tivere respectado en vida a varios que me sei eu, e non mintira como mintíu en "La Coz de Galicia", agora, cando descansa soberanamente en paz, non teríamos nen que nos ocupar da súa persoa, das súas falcatruadas e dos seus animaliños e laranxas laranxeiras.
Con ese criterio, acó non se podería falar de ren nen de ninguén.
Tan só hai que falar con respeto, e Casares meréceo, como Alfredo Conde.
En que mentía Casares, home, en que mentía Casares?
Sempre igual.
Non somos nada.
Non serás ti nada, que eu sonche unha galiña azul que agora pon os ovos na cesta do PP.
E por que non "A Camisa Azul", para "despolitizar" e buscar "o consenso" e a "libertad"....
"Todo se compra y se vende........"
Que mágoa!
Xa non sabe un en quen confiar: a RAG vendida, O consello da cultura galega, idem, o Ferrín máis do mesmo, agora a familia de Casares. Mellor pechar o chiringuito e fuxir
Que desastre de piñeirismo, vaia lacra para o pais.
A familia do escritor Carlos Casares cedeu de forma desinteresada a idea da Galiña Azul á Xunta de Galicia, aínda que foi unha empresa privada a encargada de realizar o deseño do logotipo. Non obstante, polo momento, a Administración autonómica non aparece coma dona dos dereitos da Galiña Azul. Na Oficina Española de Patentes e Marcas consta que o fillo de Carlos Casares, Hakan Casares, ten rexistrada unha solicitude de marca denominada ‘A Galiña Azul’, mentres que a empresa Creata Mundi S.L. ten presentada unha solicitude de marca gráfica, que ven a ser a imaxe da pita azul. Segundo explicou Hakan Casares “o que ocorre é que, de momento, non aparece visible a cesión na páxina, pero é da Xunta. Nos cedemos o nome da obra do meu pai”.
http://www.xornal.com/artigo/2009/08/19/politica/dereitos-legais/2009081822591065607.html
"En que mentía Casares, home, en que mentía Casares?
Sempre igual.
Non somos nada".
Non será ti, querido/a.
Casares mintíu cando escribeu un artigo en "La Coz de Galicia" afirmando que non era certo que a Editorial Galaxia non lle pagara os dereitos de autor ás irmás Castelao.
Como vexo que non tes nen idea, e que queres moito a Casares, pois na Internet poderás atopar o artigo do avogado das irmás Castelao, don Javier Baltar, que explica polo miudo o caso e a miserable postura dos Galácticos.
Ah, vexo que chegas-te onte a este blog. Eso xa foi tratado por don Perfecto hai meses...
Cedida a galiña...por nada, por un sorriso de Feijoo?
Os galácticos antes, entrementres e agora foron e son os mafiosos da cultura galega.
Mafiosos? E non habería que ser algo máis coidadoso cos adxectivos? Eu penso que si.
A obra de Carlos vainos sobrevivir a todos.
Se sobrevive a política cultural de Casares eternízarase o PP.
A obra literaria imos ver...pero como a deixen de por os profesores aos seus alumnos pode que desapareza como outras.
E si, hai que cuidar mais os adxetivos, chupadores de cartos e extorsionadores da cultura galega é mais preciso.
ALfred, Alfrediño, que che se ve o plumeiriño.
O plumeiro véseche a ti, meu. Desde hai tempo.
Non te preocupes polo meu plumeiro que é moi normaliño, ocupate do teu que é de Pavo Real, e o tes suxo e desordeado.
Como afectará isto, se é que o fai dalgún modo, á proposta de que se lle dedique a Casares o Día das Letras coincidindo co décimo cabodano da súa morte?
Sería un empacho de piñeiro e piñeirismo, agora ben, tal como vai a RAG, nonme estrañaría que optase por Casares, xa que esta desprestixada institución axexa un trato preferente no goberno de Feijoo, e o piñerismo daríalle retórica para zugar do Pp e ao tempo aparecer como galeguistas, ainda que ningúen acredite xa neles.
Casares sempre pensou que este era un país de necios, especie que consideraba particularmente ben representada no mundo periodístico e cultural e, sobre todo, na clase de tropa que máis abunda neste blog: o cultureta inculto e tirando a perrallas, pero con ínfulas de enterado.
O paso do tempo e non poucos contertulios non fan máis que darlle a razón.
Chain hotels had a particular scent, and in retrospect I think it was a blend of those old, long rectangular air conditioner units under the room windows and disgusting as this sounds cigarette smoke. north face jackets Traffic flows along the new extension from the 52 freeway to the 67 as you make your way from the west to travel to one our shops which offer the typical big box items as well as some of the most quaint antique shops you find anywhere. ugg boots When I arrived after the village ny last 12 weeks, I got this great city,moncler, and complains! nobody knew my name,polo ralph lauren, but my doorman! Things must change so that business performance and they did. ghd Sophia sourced, styled, shot, and shipped her sartorial pieces to tastemakers worldwide on her own. ugg boots outlet Outside the deli, I could see a small group of homeless men.
Heavy and dark drawn in eyebrows were key with curly hair and a bib-like flying the addition of some outfits. north face jackets on sale The key factors here are confidence and scarves. http://www.wellnorthface.com Do you know that in fact, I just want to be feeling it the kind of lover and feel. uggs canada Community-wise, there were enough people using Bantr for it to be lively, though it still feels like early days in terms of traction.. http://www.morenorthface.com Polish yourself with pleasant-smelling cologne, and use a nice body wash to give your skin an appealing scent.
Publicar un comentario