lunes, agosto 03, 2009

Non dar problemas


Di Anxo Quintana, nunha entrevista que lle publicou El País o domingo pasado, que a súa obsesión “é ser un ex que non dá problemas”. A min xa me resulta algo patética a indefinida vocación de tempragaitas do líder que conduciu o BNG ao máis estrepitoso fracaso electoral da súa historia.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois facendo estas reportaxes...?

Carrdhú dijo...

Quintana desmontou o discurso nacionalista-autonomista de Beiras para sustituilo por unha melopea galeguista con vocación de indefinición. Todo valía, todo entraba se era para acercarse a posicións non nacionalistas. Así se entende a súa declaración, agora habería que desandar o camiño e recordar que o BNG, leva o nacionalismo entre a B e a G. O seu, demostrou que é o BGG, Bloque Galeguista Galego, a ver se se atreve a montalo, e se non, que se poña definitivamente a un lado.

Touceda dijo...

Aínda ha resultar que Quintana quere ser o novo Ramón Piñeiro. Demasiada area para a súa camioneta, din en Portugal.

Manuel Lara dijo...

Estraordinaria editorial do López

Manuel Lara

Anónimo dijo...

Quintana xa deu de si todo o que podía dar, e as vistas está, quen queira mais, que o leve para a súa casa.

Anónimo dijo...

Resulta increíble que a estas alturas aínda non recoñeza que desde que tomou as rendas do BNG os nacionalistas non fixeraon máis que perder presencia social e electoral.
Semella que o porvir inmediato será algo parecido. Quintana é o director do centro de ideas. ¡Nivel!.
Outra análise sería o seu paso polo Goberno. ¡Todo tan parecido!.

Anónimo dijo...

Non quere dar problemas para seguir chuchando.
Hai que dar problemas para avanzar, señor Quintana.

Anónimo dijo...

Grazas, Manolo.
López

Anónimo dijo...

A fabrica de ideas con algúns dos seus membros, como Reixa o que van producir son chourizos, porque ideas poucas creo que sairan de aí. Outra chuchadeira mais. ALguén sabe de onde lle van vir os cartos?

Anónimo dijo...

Vostedes tranquilos que agora están a preparar o lanzamento estelar dun novo quintanismo con face de muller: Teresa Táboas. Todo é cuestión de ir cos tempos. Unha vicepresidenta para un pijo-pobo.

Anónimo dijo...

Home,Quintana,meu pobre!. O que fixo as listas non foi Paco Rodríguez?

Antón Dobao dijo...

Eu creo que o ideal de Quintana é facer do BNG un partido non nacionalista non de esquerda. E leva moito camiño avanzado. Eles saberán se iso lle vai servir para algo a Galicia e, sobre todo, ás súas clases populares.

Anónimo dijo...

Lembrando algo dito en días anteriores, ao mellor Kim é un nacionalista de licor café, pero penso que non.
Sobre os fracasos nacional populares, aí están, para qué lles dar voltas. Son os frcasos reservados aos experimentos que non teñen ou teñen pouco de realidade e moito de vontade: Galiza é pouco nacionata, qué se lle vai facer, ou sí, pero a cousa vai-lles para moito tempo en diante e algúns palmarán sen ver, outravolta, ao nacionalismo galego governando a Xunta de Galiza, seguro que co PSOE, a iso lle chamaba Bautista Álvarez ter "vocación hexemónica"...
E sobre as camadas populares e o nacionalismo, que agarden deitadas por Méndez Lenine, que xa verán que chachi.

Mós dijo...

O de Ferrión a min sorprendeume, mira que non estar na manifestación do 17, e irse cos fatuos académicos a Lancara co gobernos afiando os dentes contra o idioma. O peor é que non dixo nin Mü. Logo desto cada vez que por casualidade o vexo en fotos rodeado de xente dada a pelotería, ao euriño, a fama do arrimado ao poder...encontroo cada vez mais no seu sítio, e decátome que o seu esquerdismo foi e é unha pose. Derrubado ese aura que animaba as lectoras do escritor patriota, a súa literatura secularizase e descomponse e cao aceleradamente na obsolescencia.

Antón Dobao dijo...

Anónimo, é que a cuestión está en non esperar por ninguén. A parousía, para a relixión, e desa gastades moita en certos ámbitos do nacionalismo esencial. Que o hai, e potente. En si e para si, soanos a algo iso?

É evidente que Mós non é un teórico da literatura.

Mos dijo...

Señor Dobao, os escritores, a súa imaxe, configura un horizonte de lectura que precondiciona a experiencia cos seus textos. Depende das capacidades de interpretación do lector a superación de tal primeiro horizonte, mais asegúrolle que coñezo, persoas, e con formación que esa expectativa de lectura influe excesivamente na súa valoración . De feito todos nalgunha medida estamos expostos a ise tipo de idolatrías.
Gostariame por outra parte señor Dobao que me aclarase un pouco o do "nacionalismo esencial".
Ferrin non o dubide vostede contaba cun impresionante horizonte, no que inscribían as súas loas até lectores que non o leran, moitos dos co leran, o mesmo horizonte terxiversáballe a lectura e facían valoración, non xustificadas textualmente pero si emocionalmente, cunha forte componente proxeccional e transferidor dos valores literarios personais ao seu texto.
En fin Señor Dobao, paréceme que ao señor Ferrín fóiselle a aura. Seguro que agora que anda ceibe, sen cabeza, haberá moitos que a queiran alugar.
E o da parusia, ainda que non son teórico da literatura nin de nada en particular, paréceme que vai demais.
Defenda ou non a Ferrín, pero practicar hoxe a transferencia psicoanalítica pono a vostede a escribir cicoenta anos atrás.

Antón Dobao dijo...

Amigo Mos, non era a miña intención incomodalo, así que pecharei o círculo con tres notiñas breves:
1. Todos os escritores teñen lecturas extratextuais. Positivas e negativas. No caso de Ferrín, é verdade que hai un horizonte positivo previo ás súas lecturas baseado nas súas posicións políticas. Pero tamén o hai extremadamente negativo desde que empeza a escribir ata os nosos días, e moito máis poderoso ca o primeiro, seguramente. Fálese do que se fale, aparece o maldito Ferrín, como ocorreu nestes comentarios e como ocorre tantas veces. Talvez iso tamén condiciona a súa lectura, non cre?. Fronte a todo iso, os seus textos teñen autonomía suficiente para funcionar en calquera contexto. Ou iso opino eu.
2. A estas alturas non paga a pena explicar que é o nacionalismo esencialista. Abonda con ollar ao redor, está en moitos sitios. E para min ese esencialismo aproxima o galeguismo máis á relixión ca á política. Particularmente, rexéitoo. Pero é só a miña opción. Entendo que haxa quen ama Galicia sobre todas as cousas, pero Galicia está composta de homes e mulleres que explotan tamén. E eu estou máis preto dos explotados marroquís que dos explotadores galegos. Moitísimo máis. É só outra opción.
3. Os procesos históricos son protagonizados por suxeitos colectivos. Agardar a chegada do mesías que nos salve é un acto de fe un pouso absurdo desde o meu punto de vista. Como o é leer sempre a realidade con eses esquemas. Pero respecto que haxa quen opine o contrario, aínda que non renuncie a expresar o meu parecer.

Nada máis lonxe de min que a transferencia psicanalítica. Poderei atinar ou non cando creo observar, pero non transfiro nada. E cando escribo, asegúrollo, vivo no meu fragmento espacio-temporal correspondente, que non se sitúa 50 anos atrás, aínda que non me importaría unha viaxe nesa dirección ou noutras. O que ocorre é que talvez hai lectores que configuran horizontes inexactos.

En calquera caso, a miña intención non é defender a Ferrín senón debater ideas coas que non concordo. Iso tamén é posible: discutir sobre ideas e non sobre construcións míticas e personaxes referenciais.

Mos dijo...

Non me incomodou señor Dobao, intentei provocalo benignamente para coñecer mellor a súa opinión. Pola miña parte non pretendo pechar ningún círculo, coido que o circulo para o ser debe ser debe cumplir a condición de pechado, polo que pechalo paréceme un sinsentido.


Respecto de Ferrín creo que as perspecivas de lectura eran moi boas, non so entre os que simpatizaban coas súas ideas políticas, senón tamén entre banqueiros, políticos e mesmo caniflautas. Coido que dende un punto de vista meramente instrumental non administrou ben ese capital, ou si, pero en tal caso el saberá porqué, e a cambio de que.

Respeco do nacionalismo esencial, non me aclara moito, usa os termos, nacionalismo, relixión, galeguismo, esencialismo con moita confusión.

O do Mesias, non sei a que ben, en ningún momento vinculei a Ferrín co Mesias.

E algo transferirá, Dobao, poque é imposible transferir nada. Coido que non lle gustou a crítica a Ferrín, ainda que non o defenda.

E pareceme moi ben a súa predisposición a debater ideas, mais,pero se lle resta as construccións miticas e personaxes referenciais, paréceme que as ideas quedarían un pouco censuradas.

Pechar o círculo, hermeneuticamente equivale a decapitar o sentido potencial, polo que prefiro que nunca chegue a ser un círculo, e que isa forma da intención de comprender quede aberta a toda futura conversación, teña ou non construccións continxentes ou míticas, personaxes referenciais expontáneos, ou descoñecidos.

Grazas pola súa contestación.

Perfecto Conde dijo...

Moitos lles agradezo a Mos e a Antón Dobao que dignifiquen estas páxinas cos seus intelixentes e atinados comentarios. Debates así fan grande calquera blog.

Mos dijo...

Grazas Perfecto, encontrome a gusto polo seu blog.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,